Cromita
A cromita é un mineral do grupo IV (óxidos) segundo a clasificación de Strunz. Debe o seu nome ao elemento cromo. A súa fórmula é FeCr2O4. Ás veces contén magnesio, aluminio ou titanio (entre outros). Algúns exemplares son feblemente magnéticos.
Cromita | |
---|---|
Fórmula química | FeCr2O4 |
Clase | Óxido |
Sistema cristalino | Cúbico |
Cor | Varía entre a negra e negra parda |
Brillo | De metálico a submetálico |
Dureza | 5,5 - 6 (escala de Mohs) |
Fractura | Irregular |
Exfoliación | Non presenta |
Raia | Parda escura |
Densidade | 4,5 - 4,8 g/cm³ |
Aplicacións
editarEmprégase en moldes para a fabricación de ladrillos e en xeral para fabricar materiais refractarios (como os ladrillos para fornos de fundición). A cromita emprégase maiormente para obter cromo ou en aliaxes, e tamén se utiliza na fabricación de vidro verde.