Cuanza Norte
Cuanza Norte é unha das 18 provincias de Angola, localizada na rexión central do país.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Angola | ||||
Capital | N'dalatando | ||||
Contén a división administrativa | Ambaca (pt) Banga (pt) Bolongongo (pt) Cambambe (pt) Cazengo Golungo Alto (pt) Gonguembo (pt) Lucala (pt) Quiculungo (pt) Samba Caju (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 443.386 (2014) (18,39 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 24.110 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | AO-CNO | ||||
A súa capital é a cidade e comuna de N'dalatando, tamén coñecida como Nadalatando,[1] sede do municipio de Cazengo que, segundo as proxeccións de poboación de 2018, elaboradas polo Instituto Nacional de Estatística de Angola, contaba cunha poboación aproximada de 130 000 habitantes,[2][3] polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 20,56 hab./km².
Xeografía
editarA provincia ten unha superficie de 24 110 km². Segundo as proxeccións de poboación de 2018, elaboradas polo Instituto Nacional de Estatística de Angola, conta cunha poboación de 495 810 habitantes, sendo a segunda provincia menos poboada de Angola, superando só á de Bengo.[2]
A provincia está dividida administrativamente en 10 municipios con 37 comunas.
Os municipios son:
Cuanza Norte encóntrase na beira norte do río Cuanza, cicunstancia á que debe o seu nome.
A provincia limita ao norte coa provincia de Uíge, ao oeste coa provincia de Bengo, ao leste coa provincia de Malanje e ao sur coa provincia de Cuanza Sul.
Con altitudes que van desde os 500 aos 1 500 msnm, na Serra da Banga están as maiores alturas da provincia.
Clima
editarSegundo a clasificación climática de Köppen-Geiger predomina o clima tropical de sabana (Aw/As), cunha temperatura media que oscila entre os 24 e os 28 °C.
Demografía
editarO grupo étnico maioritario da provincia é o dos ambundos,[4] [5] e a lingua máis falada é o portugués, seguida pola lingua kimbundo.[6]
Patrimonio natural
editarUnha das principais reservas naturais da provincia é Reserva Forestal do Golungo Alto, que ten unha superficie de 558 km², sendo o abrigo de varias especies, como o búfalo anano, o hipopótamo, varios antílopes, lebres, a galiña de Guinea e perdices. Tamén se encontran elefantes, leóns, guepardos, lobos, hienas, chacais e licaóns.
Economía
editarA cana de azucre e o café son os cultivos agrícolas máis importantes. A súa produción está favorecida polo clima tropical húmido da provincia.
O importante encoro de Capanda, cuxa presa de 1 400 m de longo, está situada nesta provincia. A súa central hidroeléctrica, xunto coas de Cambambe e Laúca, producen gran parte da enerxía eléctrica consumida en Luanda.
A central de Capanda xera enerxía utilizando catro turbinas de 130 megavatios cada unha, totalizando a capacidade instalada en 520 megavatios.[7]
Ademais, os seus encoros fornecen auga para a irrigación de plantacións de cana de azucre e outros cultivos no val do Cuanza.
Historia
editarA historia administrativa da provincia de Cuanza Norte iníciase no século XVII, co repartimento do antigo reino de Ndongo, para crear o distrito de São Paulo (actual provincia de Luanda) e o distrito do Golungo Alto, este último con sede en Golungo Alto.[8]
En 1810 o distrito do Golungo Alto foi desmembrado para crear o distrito dos Dembos (actual provincia de Bengo) e, en 1857, foi extinguido, sendo integrado ao distrito de Luanda. En 1861 volveu a crearse novamente, porén co nome de distrito de Golungo, existindo soamente até 1866.[8]
O 15 de agosto de 1914, o gobernador colonial Norton de Matos creou o distrito de Cuanza, con sede en Golungo Alto, como forma de compensar a esta cidade por non unirse co ferrocarril a Luanda; o efecto non foi o desexado, e o Golungo caeu nun profundo ostracismo, producíndose o cambio da sede distrital para N'dalatando.[8]
O 15 de setembro de 1917 o goberno colonial decidiu dividir o distrito de Cuanza nos distritos de Cuanza Norte e Cuanza Sul (actual provincia de Cuanza Sul).[8][9]
A provincia foi gravemente afectada durante a guerra civil angolana (1975–2002).[9] A día de hoxe aínda quedan moitas minas antipersoa da guerra, e otuorgáronse contratos para limpalas a varias organizacións.[10] Durante a guerra civil, os insurxentes fixeron da provincia parte da zona central de operacións.[11] O 5 de abril de 2001, membros da UNITA atacaron a vila de Samba Caju e mataron a 120 membros das Forças Armadas de Angola. O comandante militar da provincia, o xeneral Recordação tamén morreu no ataque.[12]
Notas
editar- ↑ Nadalatando: Evolução da Mancha Urbana Arquivado 27 de maio de 2019 en Wayback Machine.. ONU Angola. Agosto de 2018. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 Schmitt, Aurélio. Municípios de Angola: Censo 2014 e Estimativa de 2018. Revista Conexão Emancipacionista, 3 de febreiro de 2018. Consultado e 15 de setembro de 2019.
- ↑ James 2011, p. 297.
- ↑ George 2004, p. 5.
- ↑ James 2011, p. 92.
- ↑ James 2011, p. 147.
- ↑ "Capanda Dam". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2011. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 Histórias e tradições dos Municípios do Bengo Arquivado 18 de setembro de 2019 en Wayback Machine.. Governo Provincial do Bengo, 2019.
- ↑ 9,0 9,1 "Cuanza Norte Province". Angola Press. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Vines 1997, p. 54.
- ↑ Weigert 2011, p. 153.
- ↑ Weigert 2011, p. 161.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cuanza Norte |
Bibliografía
editar- George, Edward (2004). Cuban Intervention in Angola, 1965-1991: From Che Guevara to Cuito Cuanavale. Routledge. ISBN 978-1-134-26933-4.
- James, W. Martin (2011). Historical Dictionary of Angola. Scarecrow Press. ISBN 978-0-8108-7458-9.
- Vines, Alex (1997). Still Killing: Landmines in Southern Africa. Human Rights Watch. p. 54. ISBN 978-1-56432-206-7.
- Weigert, Stephen L. (2011). Angola: A Modern Military History, 1961-2002. Palgrave Macmillan. ISBN 978-0-230-33783-1.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Infomacións sobre a provincia (en portugués).
- Infomacións sobre a provincia (en inglés).
- Datos xeográficos en geoview.info (en inglés).