Cubo

poliedro regular de seis caras

En xeometría, un cubo ou hexaedro regular é un obxecto sólido e tridimensional formado por seis caras cadradas, con tres que se xuntan en cada un dos vértices. O cubo forma parte dos cinco sólidos platónicos, é dual co octaedro e posúe simetría cúbica (ou simetría octaédrica). O hexaedro regular está formado por seis caras, oito vértices e doce arestas.

Representación dun cubo.

Coordenadas cartesianas

editar
Proxeccións ortogonais
   

Para un cubo con centro na orixe de coordenadas, con arestas paralelas aos eixes e cunha lonxitude de 2, as coordenadas cartesianas dos vértices son

(±1, ±1, ±1)

mentres que o interior está formado por todos os puntos (x0, x1, x2) con −1 < xi < 1.

Fórmulas

editar

Para un cubo de lonxitude a de aresta:

área da superficie  
volume  
diagonal da cara  
diagonal espacial  
raio da esfera circunscrita  
raio da esfera tanxente coas arestas  
raio da esfera inscrita  
ángulos entre as caras (en radiáns)  

Dado que o volume dun cubo é a terceira potencia dos seus lados, a × a × a, a esta terceira potencia chámaselle tamén cubo, por analoxía co cadrado, que é a segunda potencia.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Done 1
Todos 1