Cuir

termo inglés que engloba a minorías sexuais e de xénero que non sexan heterosexuais ou cisxéneros

O movemento cuir[1] (do inglés queer, que significa extraño, peculiar) é unha corrente sexoafectiva que se define por oposición á heterosexualidade normativa, e que pode abranxer distintas prácticas, identidades, comunidades e discursos. Defínese precisamente por esta indefinición e diversidade.

Principalmente nos Estados Unidos, Canadá e Inglaterra -durante os 70 e 80- as asociacións de dereitos civís do movemento LGTB produciran, a propósito, unha imaxe do gai positivo, aquel gai home, branco, profesional e de clase media. O Queer propúxose acabar con este estereotipo sexista, clasista e racista das relacións ligadas á sexualidade. Estando á marxe social como unha subcultura, non moi popular mesmo no medio gai. O Queer sustenta unha postura ben análoga á do anarco-feminismo, principalmente no relativo á loita pola igualdade entre sexos, á non violencia e á anti-homofobia. Obviamente, tamén se sitúa na integridade anarquista, por ese motivo, a súa tendencia á aproximación e á constante aglutinación con algúns movementos contraculturais.

  1. "Galicia 21, M". www.galicia21journal.org. Consultado o 2024-12-19. 
  NODES
todo 1