Cultura

conxunto de fenómenos humanos que non son o total resultado da xenética

Cultura (do latín cultura, cultivar o solo, coidar) é un termo con varias acepcións, é dicir, é un termo polisémico, en diferentes niveis de profundidade e diferente especificidade. No uso cotián, a palabra cultura emprégase para dous conceptos diferentes:

  • Excelencia no gusto polas belas artes e as humanidades, tamén coñecida como alta cultura.
  • Os conxuntos de saberes, crenzas e pautas de conduta dun grupo social, incluídos os medios materiais que usan os seus membros para comunicarse entre si e resolver necesidades de todo tipo
Petróglifos en Gobustán, Acerbaixán, datan duns 10.000 anos a.C. indicando unha cultura próspera.

Segundo a filosofía é o conxunto de manifestacións humanas que contrastan coa natureza ou comportamento natural. Pola súa quenda, en bioloxía unha cultura é normalmente unha creación especial de organismos (en xeral microscópicos) para fins determinados (por exemplo: estudo de modos de vida bacterianos, estudos microecolóxicos etc). No día-a-día das sociedades civilizadas (especialmente a sociedade occidental) e no vulgo acostuma ser asociada á adquisición de coñecementos e prácticas de vida recoñecidas como mellores, superiores, ou sexa, erudición; este sentido normalmente se asocia ao que é tamén descrito como “alta cultura”, e é empregado apenas no singular (non existen culturas, apenas unha cultura ideal, á cal os homes indistintamente deben se encadrar).

A antropoloxía encara a cultura como o total de padróns aprendidos e desenvolvidos polo ser humano. Segundo a definición pioneira de Edward Burnett Tylor, baixo a etnoloxía (ciencia relativa especificamente do estudo da cultura) a cultura sería “o complexo que inclúe coñecemento, crenzas, arte, morais, leis, costumes e outras aptitudes e hábitos adquiridos polo ser humano como membro da sociedade.”

Polo tanto corresponde, neste último sentido, ás formas de organización dun pobo, os seus costumes e tradicións transmitidas de xeración para xeración que, a partir dunha vivencia e tradición común, se presentan como a identidade dese pobo.

O uso de abstracción é unha característica do que é cultura: os elementos culturais só existen na mente das persoas, nos seus símbolos tales como patróns artísticos e mitos. Mentres fálase tamén en cultura material (por analoxía a cultura simbólica) cando do estudo de produtos culturais concretos (obras de arte, escritos, ferramentas etc). Esa forma de cultura (material) é preservada no tempo con máis facilidade, unha vez que a cultura simbólica é extremadamente fráxil.

Natureza e cultura

editar

Unha primeira distinción no coñecemento científico é a que se establece entre natureza e cultura. Esa distinción significa que o mundo da natureza é o que non foi creado polo home, polo menos nas súas orixes; mentres que a cultura é o mundo creado polos seres humanos, tal como explícase cumpridamente no libro The Man-Made World[1].

Cando o termo cultura xurdiu en Europa, entre os séculos XVIII e XIX, referíase a un proceso de tecnoloxía ou mellora, como na agricultura ou horticultura. No século XIX, pasou primeiro a referirse ao melloramento ou refinamento do individuo, especialmente a través da educación, e logo ao logro das aspiracións ou ideais nacionais. A mediados do século XIX, algúns científicos utilizaron o termo «cultura» para referirse á capacidade humana universal. Para o antipositivista e sociólogo alemán Georg Simmel, a cultura referíase a «a cultivación dos individuos a través da inxerencia de formas externas que foron obxetificadas no transcurso da historia».[2]

No século XX, a «cultura» xurdiu como un concepto central da antropoloxía, abarcando todos os fenómenos humanos que non son o total resultado da xenética. Especificamente, o termo «cultura» na antropoloxía americana ten dous significados: (1) a evolucionada capacidade humana de clasificar e representar as experiencias con símbolos e actuar de forma imaxinativa e creativa; e (2) as distintas maneiras en que a xente vive en diferentes partes do mundo, clasificando e representando as súas experiencias e actuando creativamente. Despois da segunda guerra mundial, o termo volveuse importante, aínda que con diferentes significados, noutras disciplinas como estudos culturais, psicoloxía organizacional, socioloxía da cultura e estudos xerenciais.

Algúns etólogos falaron de «cultura» para referirse a costumes, actividades ou comportamentos transmitidos dunha xeración a outra en grupos de animais por imitación consciente dos devanditos comportamentos.[Cómpre referencia] As crenzas e prácticas dunha cultura determinada poden ser exercidas como mecanismos de control que limitan a conduta social. A cultura asóciase coa liberdade, xa que é o vehículo entre o coñecemento e novas formas de conciencia que permiten unha desestabilización na hexemonía. Ademais pode recoñecerse como conxuntos ou modos de vida e costumes dunha época ou grupo social. O termo cultura pode alcanzar extensión e usos diversos, como diversidade cultural, obxecto do coñecemento empírico, e a diferenza cultural.[3]

Outros conceptos de cultura:

  • A palabra cultura asóciase coa acción de cultivar ou practicar algo, tamén segundo a RAG pode ser o resultado ou efecto de prevalecer coñecementos humanos e conxuntos de modos de vida.[4]
  • A cultura foi vista dentro dos proxectos de modernidade.
  • Unha dimensión e expresión da vida humana, realízase mediante a utilización de símbolos e artefactos, nos que hai un campo de produción, circulación e consumo de signos e como unha praxe que se articula nunha teoría.
  • No dicionario noméanse diferentes tipos de culturas e entre elas as dúas máis emblemáticas son a cultura popular e a cultura de masas.[3]

Formación do concepto de cultura

editar

Etimoloxía

editar

A etimoloxía do concepto moderno “cultura” ten unha orixe antiga. En varias linguas europeas, a palabra “cultura” está baseada no termo latino utilizado por Cicerón, no seu Tusculanae Disputationes, quen escribiu acerca dun cultivo da alma ou “cultura animi”, utilizando así unha metáfora agrícola para describir o desenvolvemento dunha alma filosófica, que foi comprendida teleoloxicamente como un dos ideais máis altos posibles para o desenvolvemento humano. Samuel Pufendorf levou esta metáfora a un concepto moderno, cun significado similar, pero xa sen asumir que a filosofía é a perfección natural do home. Para este autor, os significados de cultura, que moitos escritores posteriores retoman, “refírense a todas as formas na que os humanos comezan a superar o seu barbarismo orixinal e, a través de artificios, vólvense completamente humanos”.[5]

Como o describe Velkley:[5]

O termo “cultura”, que orixinalmente significaba a cultivación da alma ou a mente, adquire a maioría dos seus posteriores significados nos escritos dos pensadores alemáns do século XVIII, quen en varios niveis desenvolveron a crítica de Rousseau ao liberalismo moderno e a Ilustración. Ademais, un contraste entre “cultura” e “civilización” está usualmente implícito por estes autores, aínda cando non o expresen así. Dous significados primarios de cultura xorden deste período: cultura como un espírito folclórico cunha identidade única, e cultura como a cultivación da espiritualidade ou a individualidade libre. O primeiro significado é predominante dentro do noso uso actual do termo “cultura”, pero o segundo xoga aínda un importante rol no que cremos debería lograr a cultura, como a “expresión” plena do ser único e “auténtico”.

Concepción clásica da cultura

editar
 
Nas súas primeiras acepcións, cultura designaba o cultivo dos campos.

O termo cultura provén do latín cultus que á súa vez deriva da voz colere que significa coidado do campo ou do gando. Pola metade do século XVI, o termo adquire unha connotación metafórica, como o cultivo de calquera facultade. Cara ao século XIII, o termo empregábase para designar unha parcela cultivada, e tres séculos máis tarde cambiara o seu sentido de estado dunha cousa á propia acción que leva ao devandito estado: o cultivo da terra ou o coidado do gando (Cuche, 1999: 10), aproximadamente no sentido en que se emprega no galego dos nosos días en vocábulos como agricultura, apicultura, piscicultura e outros. De calquera xeito, a acepción figurativa de cultura non se estenderá ata o século XVII, cando tamén aparece en certos textos académicos.

 
Voltaire, un dos poucos pensadores franceses do século XVIII que se mostraban partidarios dunha concepción relativista da historia humana.

O século das luces (século XVIII) é a época en que o sentido figurado do termo como “cultivo do espírito” imponse en amplos campos académicos. Por exemplo, o Dictionnaire de l'Académie Française de 1718. E aínda que a Enciclopedia inclúeo só no seu sentido restrinxido de cultivo de terras, non descoñece o sentido figurado, que aparece nos artigos dedicados á literatura, a pintura, a filosofía e as ciencias. Co paso do tempo, como cultura entenderase a formación da mente. É dicir, convértese novamente nunha palabra que designa un estado, aínda que nesta ocasión é o estado da mente humana, e non o estado das parcelas.

A clásica oposición entre cultura e natureza tamén ten as súas raíces nesta época. En 1798, o Dictionnaire inclúe unha acepción de cultura en que se estigmatiza o “espírito natural”. Para moitos dos pensadores da época, como Jean-Jacques Rousseau, a cultura é un fenómeno distintivo dos seres humanos, que os coloca nunha posición diferente á do resto de animais. A cultura é o conxunto dos coñecementos e saberes acumulados pola humanidade ao longo dos seus milenios de historia. En tanto unha característica universal (o vocábulo), emprégase en número singular, debido a que se atopa en todas as sociedades sen distinción de etnias, localización xeográfica ou momento histórico.

Cultura e civilización

editar

Tamén é no contexto da Ilustración cando xorde outra das clásicas oposicións en que se involucra á cultura, esta vez, como sinónimo da civilización. Esta palabra aparece por primeira vez na lingua francesa do século XVIII, e con ela significábase a refinación dos costumes. Civilización é un termo relacionado coa idea de progreso. Segundo isto, a civilización é un estado da Humanidade no cal a ignorancia foi abatida e os costumes e relacións sociais áchanse no seu máis elevada expresión. A civilización non é un proceso terminado, é constante, e implica o perfeccionamento progresivo das leis, as formas de goberno, o coñecemento. Como a cultura, tamén é un proceso universal que inclúe a todos os pobos, mesmo aos máis atrasados na liña da evolución social. Desde logo, os parámetros cos que se medía se unha sociedade era máis civilizada ou máis salvaxe eran os da súa propia sociedade. Nos albores do século XIX, ambos os termos, cultura e civilización eran empregados case do mesmo xeito, sobre todo en francés e inglés (Thompson, 2002: 186).

 
Johann Gottfried Herder. Segundo el, a cultura podía entenderse como a realización do xenio nacional (Volksgeist).

É necesario sinalar que non todos os intelectuais franceses empregaron o termo. Rousseau e Voltaire mostráronse reticentes a esta concepción progresista da historia. Tentaron propoñer unha versión máis relativista da historia, aínda que sen éxito, pois a corrente dominante era a dos progresistas. Non foi en Francia, senón en Alemaña onde as posturas relativistas gañaron maior prestixio. O termo Kultur en sentido figurado aparece en Alemaña cara ao século XVII -aproximadamente coa mesma connotación que en francés. Para o século XVIII goza de gran prestixio entre os pensadores burgueses alemáns. Isto debeuse a que foi empregado para deostar aos aristócratas, aos que acusaban de tratar de imitar as maneiras “civilizadas” da corte francesa. Por exemplo, Immanuel Kant apuntaba que “cultivamonos por medio da arte e da ciencia, civilizámonos [ao adquirir] bos modos e refinamentos sociais” (Thompson, 2002: 187). Polo tanto, en Alemaña o termo civilización foi equiparado cos valores cortesáns, cualificados de superficiais e pretenciosos. En sentido contrario, a cultura identificouse cos valores profundos e orixinais da burguesía (Cuche, 1999:13).

No proceso de crítica social, o acento na dicotomía cultura/civilización trasládase as diferenzas entre estratos sociais ás diferenzas nacionais. Mentres Francia era o escenario dunha das revolucións burguesas máis importantes da historia, Alemaña estaba fragmentada en múltiples Estados. Por iso, unha das tarefas que se propuxeron os pensadores alemáns era a unificación política. A unidade nacional pasaba tamén pola reivindicación das especificidades nacionais, que o universalismo dos pensadores franceses pretendía borrar en nome da civilización. Xa en 1774, Johann Gottfried Herder proclamaba que o xenio de cada pobo (Volksgeist) inclinábase sempre pola diversidade cultural, a riqueza humana e en contra do universalismo. Por iso, o orgullo nacional radicaba na cultura, a través da que cada pobo debía cumprir un destino específico. A cultura, como a entendía Herder, era a expresión da humanidade diversa, e non excluía a posibilidade de comunicación entre os pobos.

Durante o século XIX, en Alemaña o termo cultura evoluciona baixo a influencia do nacionalismo.[n. 1] Mentres tanto, en Francia, o concepto ampliouse para incluír non só o desenvolvemento intelectual do individuo, senón o da humanidade no seu conxunto. De aquí, o sentido francés da palabra presenta unha continuidade co de civilización: non obstante a influencia alemá, persiste a idea de que máis aló das diferenzas entre “cultura alemá” e “cultura francesa” (por poñer un exemplo), hai algo que as unifica a todas: a cultura humana.[n. 2]

Definicións de cultura nas disciplinas sociais

editar

Para efecto das ciencias sociais, as primeiras acepcións de cultura foron construídas a finais do século XIX. Por esta época, a socioloxía e a antropoloxía eran disciplinas relativamente novas, e a pauta no debate sobre o tema que aquí nos ocupa levábaa a filosofía. Os primeiros sociólogos, como Émile Durkheim, rexeitaban o uso do termo. Hai que lembrar que na súa perspectiva, a ciencia da sociedade debía abordar problemas relacionados coa estrutura social.A estrutura social está constituída polas relacións entre os axentes sociais. Ditas relacións son de subordinación ou de reciprocidade, e na perspectiva estructuralista das ciencias sociais, son a base da sociedade Aínda que é opinión xeneralizada que Karl Marx deixou de lado á cultura, iso vese refutado polas mesmas obras do autor, sostendo que as relacións sociais de produción (a organización que adoptan os seres humanos para o traballo e a distribución social dos seus froitos) constitúen a base da superestrutura xurídico-política e ideolóxica, pero en ningún caso un aspecto secundario da sociedade. Non é concebible unha relación social de produción sen regras de conduta, sen discursos de lexitimación, sen prácticas de poder, sen costumes e hábitos permanentes de comportamento, sen obxectos valorados tanto pola clase dominante como pola clase dominada. O desvelo das obras xuvenís de Marx, tanto de A ideoloxía alemá (1845-1846) en 1932 pola soada edición do Instituto Marx-Engels da URSS baixo dirección de David Riazanov, como dos Manuscritos económicos e filosóficos (1844) posibilitou que varios partidarios das súas propostas teóricas desenvolvesen unha teoría da cultura marxista.

Xeralmente, o significado de cultura relaciónase coa antropoloxía, unha das ramas máis importantes da disciplina social que se encarga precisamente do estudo comparativo da cultura. Quizais pola centralidade que a palabra ten na teoría da antropoloxía, o termo foi desenvolto de diversas maneiras, que supoñen o uso dunha metodoloxía analítica baseada en premisas que en ocasións distan moito únalas das outras. Foi Franz Boas,[6] fronte a esta empresa etnocentrista, quen opera o gran cambio epistemológico na antropoloxía. A partir de Boas, pai do relativismo cultural, o antropólogo faise tradutor, podendo entrar na cosmovisión do estudado e entender o mundo das súas significacións. Ese mundo da significación,[7] irá conducindo, lentamente, cara a un concepto que non é antropolóxico, e é o da construción social do sentido. #Ante este aumento da sensibilidade vinculada coas cuestións da linguaxe, desenvolveranse disciplinas novas, vinculadas co mundo da significación humana e da linguaxe, que completarán a idea da cultura entendida desde o mundo da significación.[n. 3]

De acordo coa Declaración Universal sobre a Diversidade Cultural da UNESCO "a cultura debe ser considerada como o conxunto dos trazos distintivos espirituais e materiais, intelectuais e afectivos que caracterizan a unha sociedade ou a un grupo social e que abarca, ademais das artes e as letras, os modos de vida, as maneiras de vivir xuntos, os sistemas de valores, as tradicións e as crenzas"[8]

Os etnólogos e antropólogos británicos e estadounidenses das postrimerías do século XIX retomaron o debate sobre o contido de cultura. Estes autores tiñan case sempre unha formación profesional en dereito, pero estaban particularmente interesados no funcionamento das sociedades exóticas coas que Occidente se atopaba nese momento.[n. 4] Na opinión destes pioneiros da etnoloxía e a antropoloxía social (como Bachoffen, McLennan, Maine e Morgan), a cultura é o resultado do devir histórico da sociedade. Pero a historia da humanidade nestes escritores era fortemente debedora das teorías ilustradas da civilización, e sobre todo, do darwinismo social de Spencer.

Definicións descritivas de cultura

editar

Definición de Tylor

editar
 
E. B. Tylor, etnólogo británico, dixo: “A principal tendencia da cultura desde as orixes aos tempos modernos foi do salvajismo cara á civilización” (1995:43).

Como sinala Thompson (2002:190), a definición descritiva de cultura atopábase presente neses primeiros autores da antropoloxía decimonónica. O interese principal na obra destes autores (que abordaba problemáticas tan disímbolas como a orixe da familia e o matriarcado, e as supervivencias de culturas antiquísimas na civilización occidental do seu tempo) era a procura dos motivos que levaban aos pobos para comportarse de tal ou cal modo. Nesas exploracións, meditarente, ou entre a tecnoloxía e o resto do sistema social.

Un dos máis importantes etnógrafos da época foi Gustav Klemm. Nos dez tomos da súa obra Allgemeine Kulturgeschichte der Menschheit (1843-1852)[9] tentou mostrar o desenvolvemento gradual da humanidade por medio da análise da tecnoloxía, costumes, arte, ferramentas, prácticas relixiosas. Unha obra monumental, pois incluía exemplos etnográficos de pobos de todo o mundo. O traballo de Klemm tería eco nos seus contemporáneos, empeñados en definir o campo dunha disciplina científica que estaba a nacer. Uns vinte anos máis tarde, en 1871, Edward B. Tylor publicou en Primitive Culture unha das definicións máis amplamente aceptadas de cultura. Segundo Tylor, a cultura é:

...aquel todo complexo que inclúe o coñecemento, as crenzas, a arte, a moral, o dereito, os costumes, e calquera outros hábitos e capacidades adquiridos polo home. A situación da cultura nas diversas sociedades da especie humana, na medida en que pode ser investigada segundo principios xerais, é un obxecto apto para o estudo das leis do pensamento e a acción do home.
(Tylor, 1995: 29)

Desta sorte, un das principais achegas de Tylor foi a elevación da cultura como materia de estudo sistemático. A pesar deste notable avance conceptual, a proposta de Tylor adoecía de dúas grandes debilidades. Por unha banda, sacou do concepto a súa énfase humanista ao converter á cultura en obxecto de ciencia. Polo outro, o seu procedemento analítico era demasiado descritivo. No texto citado arriba, Tylor expón que “un primeiro paso para o estudo da civilización[n. 5] consiste en diseccionala en detalles, e clasificar estes nos grupos adecuados” (Tylor, 1995:33). Segundo esta premisa, a mera recompilación dos “detalles” permitiría o coñecemento dunha cultura. Unha vez coñecida, sería posible clasificala nunha gradación de máis a menos civilizada, premisa que herdou dos darwinistas sociais.

Definición dos culturalistas

editar
 
Unha muller hopi arranxa o peiteado dunha moza solteira da súa tribo. Os antropólogos estadounidenses da primeira metade do século XX estaban moi interesados na documentación etnográfica dos pobos indios, algúns dos cales estaban en proceso de extinción.

A proposta teórica de Tylor foi retomada e reelaborada posteriormente, tanto en Gran Bretaña como nos Estados Unidos. Neste último país, a antropoloxía evolucionaba cara a unha posición relativista, representada en primeira instancia por Franz Boas. Esta posición representaba un rompemento coas ideas anteriores sobre a evolución cultural, en especial as propostas polos autores británicos e o estadounidense Lewis Henry Morgan. Para este último, contra quen Boas dirixiu as súas críticas nun dos seus poucos textos teóricos, o proceso da evolución social humana (tecnoloxía, relacións sociais e cultura) podía ser equiparado co proceso de crecemento dun individuo da especie. Por tanto, Morgan comparaba o salvaxismo coa “infancia da especie humana”, e a civilización, coa madurez.[10] Boas foi sumamente duro coas propostas de Morgan e o resto dos antropólogos evolucionistas contemporáneos. Ao que os seus autores chamaban “teorías” sobre a evolución da sociedade, Boas cualificounas de “puras conxecturas” sobre o ordenamento histórico de “fenómenos observados conforme a principios admitidos [de antemán]” (1964:184).

A crítica de Boas en contra dos evolucionistas é un eco da perspectiva dos filósofos alemáns como Herder e Wilhelm Dilthey. O núcleo da proposta radica na súa inclinación a considerar a cultura como un fenómeno plural. Noutras palabras, máis que falar de cultura, Boas falaba de culturas. Para a maior parte dos antropólogos e etnólogos adscritos á escola culturalista estadounidense, o estado da arte etnográfico ao principio do século XX non permitía a conformación dunha teoría xeral sobre a evolución das culturas. Por tanto, o labor máis importante dos estudosos do fenómeno debía ser a documentación etnográfica.[n. 6] De feito, Boas escribiu moi poucos textos teóricos, en comparación coas súas monografías sobre os pobos indíxenas da costa pacífica de América do Norte.

Os antropólogos formados por Robin Reid deberon herdar moitas das premisas do seu mestre. Entre outros casos notables, están o de Ruth Benedict. Na súa obra Patterns of culture (1939), Benedict sinala que cada cultura é un todo comprensible só nos seus propios termos[n. 7] e constitúe unha sorte de matriz que dá sentido á actuación dos individuos nunha sociedade. Alfred Kroeber, retomando a oposición entre cultura e natureza, tamén sinalaba que as culturas son fenómenos sui generis pero, en sentido estrito, eran dunha categoría exterior á natureza. Por tanto, segundo Kroeber, o estudo das culturas debía saírse do dominio das ciencias naturais e encarar ás primeiras como o que eran: fenómenos superorgánicos.[n. 8] Melville Herskovits e Clyde Kluckhohn retomaron de Tylor a súa definición cientificista do estudo da cultura. Para o primeiro, tamén a recolección de trazos definitorios das culturas permitiría a súa clasificación. Aínda que, neste caso, a clasificación non se realizaba en sentido diacrónico, senón espacial-xeográfico que debería permitir o coñecemento das relacións entre os diferentes pobos asentados nun área cultural. Kluckhonn, pola súa banda, resume no seu texto Antropoloxía a maior parte dos postulados vistos nesta sección, e reclama o dominio do cultural como o campo específico da actividade antropolóxica.

Cultura e sociedade

editar

Sociedade e cultura son dous termos que deben distinguirse. Aínda que toda cultura precise dunha sociedade para se desenvolver, unha sociedade non contén necesariamente unha única cultura (aínda que non sexa posíbel unha sociedade prescindir de cultura). A sociedade é entón a base para a existencia da cultura, e a cultura só de desenvolve pola interacción social.

Hai diversas clasificacións canto ao nivel de agregación cultural das sociedades. Pódese, por exemplo, partir de construcións culturais de carácter universal, patróns que existen en calquera culturas existentes; algúns destes padróns son:

Un segundo nivel sería representado por culturas nacionais, pouco homoxéneas mais que conservan trazos fundamentais de semellanza (lingua, padrón de trocas monetarias, por exemplo). A seguir existirían culturas locais, subculturas etc.

A participación cultural dáse inicialmente a través da educación (entendida no sentido da Paidea grega) pola cal os xoves membros dunha sociedade aprenden o que é esperado deles. Aparecen desde entón as restricións canto a sexo, idade, e clase social, no que concirne tanto ao aprendizaxe de certos elementos culturais canto á práctica de certas actividades. É moito común a distinción entre os xéneros na aprendizaxe dos patróns culturais. Outra distinción que fica plenamente caracterizada é a división en profesións: determinados membros se especializan nalgún aspecto da cultura, séndolles innecesario coñecer outros aspectos que fican por conta doutras profesións.

Aquilo que foi chamado padrón cultural non debe ser entendido como unha norma ríxida, a respecto do cal calquera desvío é rexeitado. Os padróns culturais son flexíbeis, uns máis do que outros, mais no xeral existe unha gama de comportamentos aceptados.

Aprendese a cultura de modo non-instintivo. Os nenos teñen a propensión de aprender máis rápido do que os adultos, por iso é case imposíbel integrar completamente un estranxeiro nunha cultura nova. Esta é a razón pola cal etnólogos precisan pasar ata décadas convivindo con grupos sobre os cales realizan estudos, se desexan realmente facer eses estudos baixo unha observación participativa.

Vantaxes da cultura

editar

A principal vantaxe da cultural é o chamado mecanismo adaptativo: a capacidade de responder ao medio por medio da mudanza de hábitos, máis rápida do que unha posíbel evolución biolóxica. O home non precisou, por exemplo, desenvolver longa pelaxe e grosas capas de gordura baixo a pel para vivir en ambientes máis fríos – el simplemente adaptouse co uso de roupas, do lume e de vivendas. A evolución cultural é máis rápida que a biolóxica. Así e todo, ao rexeitar a evolución biolóxica, o home tórnase dependente da cultura, pois esta actúa substituíndo elementos que constituirían o ser humano; a falta dun destes elementos (i.e., a supresión dun aspecto da cultura) causaría o mesmo efecto dunha amputación ou defecto físico, talvez aínda peor.

Alén diso a cultura é tamén un mecanismo cumulativo. As modificacións realizadas por unha xeración pasan á xeración seguinte, de modo que a cultura transformase perdendo e incorporando aspectos máis adecuados á sobrevivencia, reducindo o esforzo das novas xeracións.

Un exemplo de vantaxe obtida a través da cultura é o desenvolvemento do cultivo do solo, a agricultura. Con ela o home pode ter maior control sobre o fornecemento de alimentos, minimizando os efectos de escaseza de caza ou colecta. Tamén pode abandonar o nomadismo; de aí a fixación en aldeas, cidades e estados.

A agricultura tamén permitiu o crecemento demográfico dun xeito acentuado, que xerou un novo problema: producir alimento para unha poboación maior. Desenvolvementos técnicos – facilitados polo maior número de mentes pensantes – permiten que esa dificultade sexa superada, mais á súa vez inducen a un novo aumento da poboación; o aumento de poboación é así causa e consecuencia do avance cultural.

Mudanza cultural

editar

Como mecanismo adaptativo e acumulativo, a cultura sofre mudanzas. Pérdense trazos, engádense outros, en velocidades variadas nas diferentes sociedades.

Dous mecanismos básicos permiten a mudanza cultural: a invención ou introdución de novos conceptos e a difusión de conceptos a partir outras culturas (fálase en aculturación cando é algo imposto, e transculturación cando é algo feito de común acordo). Hai tamén a descuberta, que é un tipo de mudanza cultural orixinado pola revelación de algo descoñecido pola propia sociedade e que ela decide adoptar.

A mudanza carrexa normalmente resistencia. Visto que os aspectos da vida cultural están ligados entre si, a alteración mínima de tan só un deles pode ocasionar efectos en todos os outros. Modificacións na maneira de producir poden, por exemplo, interferir na escolla de membros para o goberno ou na aplicación de leis. A resistencia á mudanza representa unha vantaxe, no sentido de que tan só se adoptarán modificacións realmente proveitosas e que sexan por iso inevitábeis, evitándose así o esforzo da sociedade en dotar e despois rexeitar determinado concepto novo.

O ambiente exerce un papel fundamental sobre as mudanzas culturais, aínda que non único: os homes mudan a súa maneira de encarar o mundo tanto por continxencias ambientais canto por transformacións da consciencia social.

Percepción e etnocentrismo

editar

A percepción da cultura é difícil para o ser humano común. Inmerso na súa propia cultura, el tende a encarar as súas escollas como naturais, os seus patróns culturais como os máis racionais e máis axustados a unha boa vida. Cando moito, percebe algo que é inadecuado e que “podería ser doutra forma.” O que permite unha percepción cultural máis intensa é o contacto con outras culturas.

Mais, unha vez que se dá este contacto, a tendencia natural é rexeitar a outra cultura como inferior, como inatural. É o chamado etnocentrismo, unha barreira que, a despeito de prexudicar o entendemento e relación con outras culturas, serve xustamente para preservar a identidade dunha cultura fronte á posíbel difusión de preceptos doutras culturas.

Os estudosos da cultura utilizan o chamado relativismo cultural contra o etnocentrismo: consideran cada aspecto cultural en relación á cultura estudada, e non en relación á a súa propia cultura, senón suxeitos formados dentro doutro sistema de valores.

Cultura en animais

editar

É posíbel identificar cultura nalgúns animais superiores, especialmente mamíferos (e dentro destes, especialmente primates). Mentres os animais inferiores utilízanse de adaptacións físicas e biolóxicas para resistir aos perigos do meo (por exemplo, reprodución exaxerada para manter a especie - contorna as facilidades na extinción de individuos), grupos como os primates utilízanse do comportamento adaptábel para sobrevivir. Os primates posúen como características culturais, entre outras: o uso de instrumentos rudimentarios (para quebrar cascas de alimentos, para se defender), a transmisión para os fillotes de coñecemento canto a alimentos perigosos, o comportamento social, o coidado coa prole (familia), e o comportamento sexual segundo determinadas regras.

  1. Feito que levou mesmo a propoñer a superioridade da cultura alemá, que en certas malas interpretacións, deu orixe ao nazismo.
  2. Ernest Renan, nunha conferencia ditada na Sorbona, dixo: “Antes que a cultura francesa, a cultura alemá, a cultura italiana, existe a «cultura humana»”. (Cuche, 1999: 17).
  3. O mundo dos signos e a función social dos signos, ou a función que os signos teñen na vida das sociedades, son elementos privilexiados para entender as estruturas de significación dunha cultura. Son os integrantes dunha sociedade, en tanto produtores colectivos, quen incorpora os sistemas de signos durante os procesos de socialización. Cada cultura ten múltiples sistemas de signos, que fai posible entón, a comunicación, a interacción e a identificación.
  4. O momento histórico é o do expansionismo imperialista das potencias occidentais, particularmente Gran Bretaña e Francia. Estados Unidos, pola súa banda, atopábase nunha situación de choque entre as tribos indíxenas e a sociedade criolla dominante.
  5. Á que consideraba igual á cultura, segundo a súa definición, en oposición á definición clásica.
  6. Nese sentido é importante sinalar o interese desta corrente na recolección de datos sobre as culturas indíxenas nos Estados Unidos, que se atopaban en proceso de extinción. Quizais un dos casos máis coñecidos é o de Alfred Kroeber, etnógrafo dos californianos, cuxa relación con Ishi (último membro da tribo yahi) serviu como base para un guión cinematográfico.
  7. É moi coñecida en antropoloxía a metáfora de Ruth Benedict sobre a cultura, empregando unha imaxe recollida dunha lenda indíxena. A pasaxe en cuestión, que aparece en Patterns of culture, di: “‘No principio’, dixo [Ramón, un xefe da tribo dos indios cavadores], ‘Deus deu a cada pobo unha vasija, unha vasija de barro, e desta vasija bebían a súa vida... Todos abeberaban na auga, pero as súas vasijas eran diferentes. Agora, nosa vasija está rota [a dos indios cavadores]. Marchouse lonxe’ [...] Houbo outras vasijas de vida que se foron, e seica elas contiñan o mesmo auga, pero a perda era irreparable. Non se trataba soamente dun problema de reparación da vasija cun engadido por aquí, cortando algo por alá. O modelado era fundamental, en certo xeito era toda a peza e constitúe unha sorte de matriz que dá sentido á actuación dos individuos nunha sociedade.” A proposta de Benedict foi duramente criticada, sobre todo polas correntes posmodernistas.
  8. Superorgánico significa algo que está fóra e por encima da natureza. Nese sentido, a definición de cultura de Kroeber aproxímao coa dos ilustrados.
Referencias
  1. Polytechnic Institute of Brooklyn The Man-Made World. The Engineering Concepts Curriculum Project (ECCP), McGRAW HILL-BOOK COMPANY, 1971
  2. Levine, Donald (ed) 'Simmel: On individuality and social forms' Chicago University Press, 1971. p. 6.
  3. 3,0 3,1 Zabalgoitia Herrera, Mauricio (1 de xaneiro de 2011). "Szurmuk, Mónica y Mckee, Robert (coords.), Diccionario de estudios culturales latinoamericanos, México, D.F.: Siglo XXI, 2009.". Mitologías hoy 1: 126. ISSN 2014-1130. doi:10.5565/rev/mitologias.62. Consultado o 22 de marzo do 2023. 
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cultura.
  5. 5,0 5,1 Velkley, Richard (2002). "The Tension in the Beautiful: On Culture and Civilization in Rousseau and German Philosophy". Being after Rousseau: Philosophy and Culture in Question. The University of Chicago Press. pp. 11–30. 
  6. Franz Boas. (Minden, Alemaña, 1858 - Nova York, 1942) É importante considerar a súa orixe alemá, polo peso da tradición romántica, en oposición á Ilustración, na que cada cultura ten o seu propio orzamento.
  7. Margulis, Mario (2009). Sociología de la cultura : conceptos y problemas. Buenos Aires: Biblos. ISBN 9789507867002. 
  8. Stenou, Katérina (2002). UNESCO, ed. Declaración Universal sobre Diversidad Cultural. Una visión, una plataforma conceptual, un semillero de ideas, un paradigma nuevo. p. 4 4. ISBN 9972-841-07-3. Consultado o 16 de xaneiro do 2024. 
  9. Google Books (en inglés)
  10. Véxase o artigo sobre os “Períodos étnicos”, en Morgan, 1990.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Groh, Arnold (2019). Theories of Culture. Londres: Routledge. ISBN 978-1-138-66865-2
  • DR.Jorge Osvaldo Arias 1999 Instrucciones de la vida Marzo Pg 32 Libre Vida de Vivirla.
  • Boas, Franz (1964): Cuestiones fundamentales en antropología cultural. Solar/Hachette. Buenos Aires.
  • Cuche, Denys (1999): La noción de cultura en las ciencias sociales. Nueva Visión. Buenos Aires.
  • Durkheim, Émile (2002) [1895]: Las reglas del método sociológico. Colofón. México.
  • Eliot, Thomas Stearns (2003). La unidad de la cultura europea. Notas para la definición de la cultura. Encuentro. Madrid.
  • Geertz, Clifford (1990): La interpretación de las culturas. Gedisa. Buenos Aires.
  • Girard, René (2006): Los orígenes de la cultura. Trotta. Madrid.
  • Gombrich, Ernst H. (2004): Breve historia de la cultura. Península. Barcelona.
  • González Quirós, José Luis (2003): Repensar la cultura. Eiunsa. Madrid.
  • Heritier, Françoise (1996): Masculin/fémenin: la pensée de la diference. Odile Jacob. París.
  • Herskovits, Melville (1952): El hombre y sus obras. Fondo de Cultura Económica. México.
  • Kluckhonn, Clyde: Antropología. Fondo de Cultura Económica. México.
  • Kroeber, Alfred (1995): “Lo superorgánico”. En: Kahn, J.S. (comp.): El concepto de cultura. Anagrama. Barcelona.
  • Adam (1996) [1994]: El primate elegido. Crítica. Barcelona.
  • Lévi-Strauss, Claude (1977) [1953]: Antropología estructural. Eudeba. Buenos Aires.
  • Lévi-Strauss, Claude (2001) [1962]: El pensamiento salvaje. Fondo de Cultura Económica. México.
  • Malinowski, Bronislaw: Los argonautas del Pacífico Occidental. Península. Barcelona.
  • Morán, Emilio (1993) [1990]: La ecología cultural de los pueblos de la Amazonía. j JOSÉ LUIS ALBERTO BAROJAS SOTO Y MARICELA QUECHOL CUATECO.
  • Mosterín, Jesús (1993): Filosofía de la cultura. Alianza Editorial, Madrid.
  • Mosterín, Jesús (2009): La cultura humana. Espasa Calpe, Madrid.
  • Radcliffe-Brown, Alfred R. (1975): Estructura y función en la sociedad primitiva. Península. Barcelona.
  • Ramírez Centeno, Mario. (1993): Kultura o estudios con qué parir el nuevo milenio. Editorial Cibertaria, México.
  • Rappaport, Roy (1998) [1955]: “IX. Naturaleza, cultura y antropología ecológica”, en: Shapiro, H.: Hombre, cultura y sociedad. p. 261-292. Fondo de Cultura Económica. México.
  • Sahlins, Marshall (1992): “Evolución específica y evolución general”. En: Bohannan, P y Glazer, M. (comp): Antropología. Lecturas. McGraw-Hill. Madrid.
  • Schwanitz, Dietrich (2002): La Cultura. Todo lo que hay que saber. Taurus. Madrid.
  • Sperber, Dan (1996): Explaining Culture. A Naturalistic Approach. Blackwell. Oxford.
  • Steward, Julian (1992): “El concepto y el método de la ecología cultural”. En: Bohannan, P y Glazer, M. (comp): Antropología. Lecturas. McGraw-Hill. Madrid.
  • UPC. Profesor César Romero, Comprensión y producción de Lenguaje 1.
  • Thompson, John B. (2002) [1990]: Ideología y cultura moderna. Teoría crítica social en la era de la comunicación de masas. División de Ciencias Sociales y Humanidades de la Universidad Autónoma Metropolitana - Unidad Xochimilco. México.
  • Tylor, Edward B. (1995) [1871]: “La ciencia de la cultura”. En: Kahn, J. S. (comp.): El concepto de cultura. Anagrama. Barcelona.
  • Ward, Thomas (2004): La resistencia cultural: la nación en el ensayo de las Américas. Universidad Ricardo Palma. Lima.
  • White, Leslie A. (1992): “La energía y la evolución de la cultura”. En: Bohannan, P y Glazer, M. (comp): Antropología. Lecturas. McGraw-Hill. Madrid.
  • Luca Corchia, La lógica dei processi culturali. Jürgen Habermas tra filosofía e sociología, Génova, Edizioni ECIG, 2010, ISBN 978-88-7544-195-1.

Outros artigos

editar
  NODES
HOME 9
Idea 9
idea 9
iOS 20
mac 7
multimedia 1
os 510
text 6
Theorie 1
todo 18