Cunnilingus ou cunilingua (do latín cunnus: "cuña" ou "vulva", e lingus: "lingua"), é a práctica de sexo oral onde unha persoa (poden ser incluso dúas persoas, á vez) chupa(n), frota(n), lambe(n), ou adenta(n) (con graos variables de intensidade, e tamén poden ensalivar ou cuspir), coa boca, coa lingua, cos beizos, cos dentes ou incluso co nariz ou co queixo ou a barba e os bigotes, os labios da vulva, a entrada da vaxina e o clítoris.[1][2] O clítoris é a parte sexual máis sensitiva dos xenitais femininos humanos, e a súa estimulación pode provocar excitación sexual ou orgasmo.[3][4][5]

Cunnilingus heterosexual
Muller practicando o cunnilingus a outra muller.

Cunnilingus pode ser sexualmente excitante para os seus participantes, e pode ser practica polo compañeiro sexual como preliminares para incitar a excitación antes doutras actividades sexuais (como o sexo anal ou vaxinal),[1][6] ou como un acto erótico e de intimidade física.[1][2] Como moitas formas de actividade sexual, o sexo oral pode ser un risco de contraer infeccións de transmisión sexual (ITSs). Porén, o risco de transmisión por sexo oral, especialmente a transmisión do VIH, é significativamente máis baixo que no sexo vaxinal ou anal.[7][8][9]

O sexo oral é a miúdo considerado como tabú,[1] pero en moitos países non existen leis que prohiban a súa práctica. Comunmente, as parellas heterosexuais non consideran que o cunnilingus afecte á virxindade da compañeira, mentres que as parellas lesbianas considérano como unha forma de perder a virxindade.[10][11][12][13] As persoas poden ter sentimentos negativos ou inhibicións sexuais sobre dar ou recibir cunnilingus, ou poden rexeitar practicalo.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Janell L. Carroll (2009). Cengage Learning, ed. Sexuality Now: Embracing Diversity. pp. 265–267. ISBN 978-0-495-60274-3. Consultado o 29 de agosto de 2013. 
  2. 2,0 2,1 Wayne Weiten, Margaret A. Lloyd, Dana S. Dunn, Elizabeth Yost Hammer (2008). Cengage Learning, ed. Psychology Applied to Modern Life: Adjustment in the 21st century. p. 422. ISBN 978-0-495-55339-7. Consultado o 26 de febreiro de 2011. 
  3. Rodgers, Joann Ellison (2003). Macmillan, ed. Sex: A Natural History. pp. 92–93. ISBN 0805072810. Consultado o 4 de setembro de 2014. 
  4. Greenberg, Jerrold S.; Bruess, Clint E.; Conklin, Sarah C (2010). Jones & Bartlett Learning, ed. Exploring the Dimensions of Human Sexuality. pp. 95–96. ISBN 978-0-7637-7660-2. Consultado o 15 de novembro de 2012. 
  5. Carroll, Janell L. (2012). Cengage Learning, ed. Sexuality Now: Embracing Diversity. pp. 110–111. ISBN 978-1-111-83581-1. Consultado o 12 de setembro de 2012. 
  6. NHS, ed. (15 de xaneiro de 2009). "What is oral sex?". Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2010. Consultado o 26 de decembro de 2015. 
  7. World Health Organization, ed. (2007). "Global strategy for the prevention and control of sexually transmitted infections: 2006–2015. Breaking the chain of transmission" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de marzo de 2014. Consultado o 26 de novembro de 2011. 
  8. Dianne Hales (2008). Cengage Learning, ed. An Invitation to Health Brief 2010-2011. pp. 269–271. ISBN 0495391921. Consultado o 29 de agosto de 2013. 
  9. William Alexander, Helaine Bader, Judith H. LaRosa (2011). Jones & Bartlett Publishers, ed. New Dimensions in Women's Health. p. 211. ISBN 1449683754. Consultado o 29 de agosto de 2013. 
  10. Ver aquí e páxinas 47-49 para virxindade masculina. Laura M. Carpenter (2005). NYU Press, ed. Virginity lost: An Intimate Portrait of First Sexual Experiences. p. 295. ISBN 0-8147-1652-0. Consultado o 9 de outubro de 2011. 
  11. Bryan Strong, Christine DeVault, Theodore F. Cohen (2010). Cengage Learning, ed. The Marriage and Family Experience: Intimate Relationship in a Changing Society. p. 186. ISBN 0-534-62425-1. Consultado o 8 de outubro de 2011. 
  12. Sonya S. Brady, PhD and Bonnie L. Halpern-Felsher, PhD (2007). "Adolescents' Reported Consequences of Having Oral Sex Versus Vaginal Sex". Pediatrics 119 (2). pp. 229–236. PMID 17272611. doi:10.1542/peds.2006-1727. 
  13. Blank, Hanne (2008). Bloomsbury Publishing USA, ed. Virgin: The Untouched History. p. 253. ISBN 1-59691-011-9. Consultado o 8 de outubro de 2011. 

Véxase tamén

editar
  NODES
todo 1