Década de -580
Primeiro milenio a. C. | |||||
Século -VI | |||||
| |||||
|
589 a.C.
- Artigo principal: -589.
588 a.C.
- Artigo principal: -588.
- Apries sobe ao trono de Exipto (até -568), como sucesor de Psamético II.
- Nabucodonosor II, rei de Babilonia, pon asedio a Xerusalén, que recibe axuda de Exipto, mais a cidade caerá no ano seguinte.
587 a.C.
- Artigo principal: -587.
- Nabucodonosor II, monarca de Babilonia, toma e arrasa Xerusalén. O monarca de Xudá, Sedecías, é cegado e levado en captividade.
586 a.C.
- Artigo principal: -586.
- Volven celebrarse en Delfos os Xogos Píticos que se han disputar cada catro anos deste ano en adiante, contra unha vez cada oito ou nove anos ata o de agora. Co fin de lanzar eficazmente esta gran cita deportiva grega, os campións desta primeira edición dos novos píticos reciben recompensas considerábeis.
- Xerusalén, co seu Primeiro templo, é destruída por Nabucodonosor II. Unha parte da poboación —unha cuarta parte segundo o que permiten estimar as escavacións— é enviada ao exilio a Babilonia.
585 a.C.
- Artigo principal: -585.
- Fin do reinado do derradeiro monarca de Urartu, Menua II (rei desde ca. -600).
- Fin do goberno de Periandro como tirano de Corinto (desde -627).
Ciencia e tecnoloxía
- 28 de maio - Eclipse de sol prognosticada previamente por Tales de Mileto.
584 a.C.
- Artigo principal: -584.
- Nebuzaradã, capitán da garda de Nebuchadnezzar II, leva os 745 xudeus e israelitas restantes ó cativerio de Babilonia.[1]
583 a.C.
- Artigo principal: -583.
- Bato II sobe ao poder en Cirene (até -560), sucedendo a seu pai Arcesilao I.
582 a.C.
- Artigo principal: -582.
Arte e cultura
- Fundación dos Xogos Ístmicos en Corinto, Grecia, que se celebraban cada 2 anos (data tradicional).
581 a.C.
- Artigo principal: -581.
580 a.C.
- Artigo principal: -580.
- Fundación da colonia grega de Odessos (actual Varna, Bulgaria), na costa do Mar Negro.
- Gregos, procedentes da illa de Rodas, funda a colonia de Akragás, en Sicilia.
Arte e cultura
- Porta de Ishtar, en Babilonia.
- ↑ James Ussher, The Annals of the World [en liña]