Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia
O Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia (en inglés, International Day Against Homophobia and Transphobia, IDAHOT) celébrase o 17 de maio para conmemorar a eliminación da homosexualidade da lista de doenzas mentais por parte da Asemble Xerral da Organización Mundial da Saúde (OMS), que tivo lugar o 17 de maio de 1990[1]. O seu obxectivo principal é o de cordinar todo tipo de accións que sirvan para denunciar a discriminación da que son obxecto as persoas homosexuais, lesbianas, bisexuais e transexuais, e así facer avanzar os seus dereitos en todo o mundo.
Celebrouse por vez primeira no ano 2004.
Temas do Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia
editarAno | Tema |
---|---|
2004/2005 | For the Recognition of an International Day Against Homophobia (IDAHO) ("Polo recoñecemento dun Día Internacional contra a Homofobia") |
2005/2006 | For a Universal Decriminalisation of Homosexuality ("Por unha descriminalización universal da homosexualidade") |
2006/2007 | No to Homophobia, Yes to Education ("Non á homofobia, si ao ensino") |
2007/2008 | No more Lesbophobia ("Non máis lesbofobia") |
2008/2009 | Against Transphobia and for the Respect of Gender Identity ("Contra a transfobia e polo respecto da identidade de xénero") |
2009/2011 | Religions, Homophobia, Transphobia (Global Kiss-In; Cures That Kill) ("Relixións, homofobia, transfobia (Beso Global; Curas que matan)") |
2011/2012 | Fighting Homophobia in and through Education ("Loitemos contra a homofobia no e a través do ensino") |
2012/2013 | The Global Rainbow Flashmob |
2014 | Liberdade de expresión |
2015 | Xuventude LGBT |
2016 | “Saúde Mental e Benestar” |
Notas
editar- ↑ "International Day Against Homophobia". Páxina web do Consello de Islington (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2016. Consultado o 17 de maio de 2016.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Diversidade sexual |