Día da marmota
método de predición meteorolóxica en Pensilvania (USA), celebración anual
O Día da marmota (en inglés: Groundhog Day, en francés: Jour de la Marmotte, en alemán de Pensilvania: PenGrundsaudaag ou Murmeltiertag) é unha celebración que ten lugar cada 2 de febreiro. Segundo a tradición, se está nubrado cando a marmota sae do seu tobo ese día, significa que a primavera chegará axiña, un pouco antes do equinoccio, se é un día solleiro, a marmota supostamente ve a súa sombra e retírase de novo na súa gorida, o cal quere dicir que o tempo de inverno durará por seis semanas máis.[1]
Os costumes modernos inclúen celebracións matinais para observar a marmota emerxer do seu tobo.
Notas
editar- ↑ Cohen, p. 57.