DART
DART (acrónimo de Demonstration for Autonomous Rendezvous Technology) é un satélite artificial da NASA lanzado o 15 de abril de 2005 desde a base Vandenberg da Forza Aérea mediante un foguete Pegasus XL lanzado desde un avión Lockheed L-1011 TriStar.[3]
DART | |
---|---|
Preparación de DART antes do lanzamento. | |
Tipo | Demostrador tecnolóxico. |
Organización | NASA |
Destino actual | Retirado. |
Satélite de | Terra |
Data de lanzamento | 15 de abril de 2005, 18:25 UTC[1][2][3] |
Foguete portador | Pegasus XL[2][4] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2] |
Obxectivo da misión | Demostrador tecnolóxico para técnicas de cita espacial automática.[2] |
NSSDC ID | 2005-014A |
Masa | 360 kg[2][5] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 6907,6 km[1] |
Inclinación | 96,6 graos[1] |
Apoapse | 685,8 km[1] |
Periapse | 387,4 km[1] |
Características
editarDART foi un demostrador tecnolóxico deseñado para ensaiar e probar técnicas automáticas de cita espacial e manobrar arredor doutro satélite co fin de desenvolver métodos que permitan o uso futuro de naves reutilizables mediante o reaprovisionamento automático de propelente, o transporte autónomo de carga e outras posibilidades[4]. Neste caso, o satélite obxectivo foi o MUBLCOM.[2]
A misión deuse por errada debido a un problema con DART cando estaba a 91 metros de MUBLCOM, provocando a colisión entre os dous satélites sen que ningún deles sufrira danos aparentes.[2][4]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "DART" (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (4 de novembro de 2011). "DART" (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 "Note verbale dated 20 September 2005 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (05-90019). 16 de novembro de 2005: 2. Consultado o 7 de setembro de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "DART" (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2012.
- ↑ Mark Wade (2011). "DART" (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2012.