Dachshund

Raza de can

O dachshund ou teckel (en alemán: dackel) é unha raza de can orixinaria de Alemaña. Esta raza está inserida nun grupo propio da Federación Cinolóxica Internacional por mor da súa gran variedade de tamaño e pelaxe: standard, miniatura e kaninchen; pelo longo, liso e duro. É descrito como un cazador, de olfacto bastante desenvolvido, que lle permite seguir pistas doadamente, o que o converte en eficaz para perseguir presas pequenas. Tamén é quen de perseguir animais maiores xa que, a pesar das súas patas curtas, é lixeiro.[1]

Dachshund de pelo curto.

Historicamente é unha raza antiga, que, segundo algúns historiadores,[2] data de hai cinco mil anos, en vista de que imaxes semellantes foron atopadas na tumba dun faraón.[3] De calquera xeito, sábese que os cans modernos foron desenvolvidos por cazadores alemáns, que buscaban un can áxil, resistente e o bastante pequeno como para entrar nos tobos de teixugos, lebres e coellos.

Levados a Inglaterra, formaron parte da corte inglesa, o que os popularizou aínda máis. O seu físico non é medido polo seu peso, mais si polo perímetro do seu tórax, o cal varía de 30 cm até 35 cm. A súa personalidade é valente e destemida, e como can de compaña, é coñecido pola súa esperteza, intelixencia e enerxía para brincadeiras. A súa expectativa de vida é unha das máis altas no mundo canino, superior ós doce anos, aínda que non sexa raro ver exemplares pasando dos vinte.[4]

  1. "Teckel". Guia de raças. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2011. Consultado o 24 de maio de 2011. 
  2. Loeffler, William (1891). Shields, George O., ed. The American Book of the Dog. University of California: Cassell and Co. pp. 217–239. 
  3. M. Zedda, P. Manca, V. Chisu, S. Gadau, G. Lepore, A. Genovese, V. Farina (2006) "Ancient Pompeian Dogs – Morphological and Morphometric Evidence for Different Canine Populations, Anatomia, Histologia, Embryologia", Journal of Veterinary Medicine Series C 35 (5), 319-324.
  4. Fogle (2009), páx 101

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  NODES
INTERN 1
todo 1