Damasco

capital de Siria

Damasco[1][2][3] (en árabeدمشق, tr. "Dimashq") é a capital de Siria e a segunda meirande cidade do país despois de Alepo. En Siria é coñecida comunmente como ash-Shām e é alcumada a Cidade de Xasmín (en árabe: مدينة الياسمين Madīnat al-Yāsmīn). É unha das cidades habitadas con continuidade máis antigas do mundo, alén do maior centro cultural e relixioso de Levante. Segundo estimacións de 2009, tiña unha poboación de 1 711 000 habitantes.

Modelo:Xeografía políticaDamasco
دمشق (ar) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
(2008)

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 33°31′N 36°17′L / 33.51, 36.29
PaísSiria
Subdivisões da Síria (pt) TraducirDamasco (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Siria (1945–) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación2.584.771 (2023) Editar o valor en Wikidata (24.616,87 hab./km²)
Lingua oficiallingua árabe Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Houran (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie105 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRio Barada (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude680 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Evento clave
21 de agosto de 634Cerco de Damasco (pt) Traducir
1078Siege of Damascus (en) Traducir
28 de xullo de 1148 (Gregoriano)Cerco de Damasco (pt) Traducir
decembro de 1400Cerco de Damasco (pt) Traducir
5 de agosto de 19491949 Al-Menashe synagogue attack in Damascus (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoBishr Al Sabban Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico011 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webdamascus.gov.sy Editar o valor en Wikidata
BNE: XX452306

Localizada no suroeste de Siria, Damasco é o centro dunha grande área metropolitana de 2,6 millóns de persoas (2004).[4] Xeograficamente situada ó pé da Cordilleiro do Antilíbano, está a 80 km da costa do mar Mediterráneo, nunha chaira 680 metros por enriba do nivel do mar. Damasco ten un clima semi-árido por mor do efecto de sombra orográfica. O río Barada flúe a través de Damasco.

Segundo o Novo Testamento, San Paulo tivo unha visión de Xesús no camiño a Damasco, polo cal a cidade considérase sacra tanto no cristianismo como no islam. Entre os seus atractivos turísticos sobresae a tumba de Saladino, o soado defensor da Terra Santa durante a época das cruzadas.

Historia

editar

A zona na que se asenta a capital de Siria é unha nas que se teñen datado evidencias de asentamentos humanos estabeis máis antigos, en torno ao 9000 a.C., na conca do río Barada.

Non obstante, a Tamsqu mencionada en textos exipcios a partir do século XV a.C. no territorio en disputa entre aquéles e os hicsos e hititas, non era un asentamento protexido nun alto (tell) senón unha poboación agrícola da fértil chaira á beira do Barada (o oasis Ghouta). E non foi ata despois da desfeita dos pobos do mar (arredor do 1200 aC), cando poboacións arameas comezaron a asentárense na zona iniciando a construción de sistemas de regadío, que Damasco emerxeu coma un verdadeiro asentamento urbano, un novo centro de poder da rexión [5].

Capital de Aram

editar

O reino arameo de Damasco acadou o seu cénit no século IX aC e, aínda que as evidencias arqueolóxicas son case que inexistentes (non se ten escavado ese nivel polas evidentes dificultades coa cidade actual enriba), semella que un primitivo santuario, co templo dedicado ao deus arameo da chuvia e a fertilidade, Hadad, dominaba a capital no lugar que, despois e ata hoxe coa Gran Mesquita, mantívose coma corazón sagrado da cidade [6]. Arrodeada de murallas e ao sur do Barada (metade occidental da cidade histórica medieval), unha rúa percorría de leste a oeste a vila (ou segundo outra hipótese a limitaba polo sur) entre as dúas portas da ruta principal (Alepo e Fenicia respectivamente) na que a cidade atopábase. Tamén un pazo real ubicaríase nas inmediacións de santuario e rúa [7].

 
Gran Mesquita de Damasco.

O plano helenístico da cidade romana

editar

No final do século VIII a.C. Damasco comezou a seres dominada polos asirios e perdeu toda relevancia pasando sucesivamente nos séculos seguintes a poder do imperio neobabilonio e dos persas aqueménidas.

 
Restos do porticado recinto exterior (peribolos) do Templo de Xúpiter.

En 332 a.C. foi conquistada por Alexandre Magno pero as loitas entre os sucesores (tolomeos e seléucidas) non permitiron a recuperación da estabilidade ata o comezo do século I aC, cando Damasco (onde se asentaron colonias de gregos, xudeus e nabateos) foi obxecto dun plan de ampliación ao leste da antiga vila aramea e segundo os principios ortogonais hipodámicos, cun ágora coma espazo principal e a extensión da antiga rúa leste-oeste ata os novos límites da cidade (1.300m, Rúa Dereita da cidade medieval). Outra rúa máis curta, paralela polo norte, comunicaba o antigo santuario e o ágora [8]. Recibiu por breve tempo o nome de Demetrias, epónimo do seu gobernante e impulsor.

A conquista romana no ano 64 a.C. fixo que a posta en funcionamento do plano, e mesmo a súa ampliación, fora tarefa dos novos ocupantes (semella que fundamentalmente xa en época imperial). Un organismo rectangular de máis de 100Ha con murallas e sete portas [9][10], rúas porticadas, teatro (na rúa Dereita ou Via Recta, agora decumanus máximus), ximnasio e o gran santuario reconstruído cun vasto dobre recinto (270x315m) encerrando o novo templo de Xúpiter en estilo clásico [11]. Seica un castrum protexía o ángulo noroeste de murallas. Os romanos tamén ampliaron a rede de canles do oasis para o abastecemento de augas da vila (mesmo construíron un acueduto). Damasco era un próspero centro caravaneiro das rutas entre oriente (Palmira e a Ruta da Seda), o sur (Petra, Arabia) e occidente (o Imperio Romano).

A promoción do cristianismo a relixión oficial do imperio (380) comportou a reconversión dos templos en igrexas e así no canto do Templo de Xúpiter foi erixida a Basílica de San Xoán Bautista (xa bizantina trala división do imperio en 395 [12]). O barrio cristián de Damasco, Bab Touma (esquina NE do recinto amurallado), foi escenario e berce de sinalados persoeiros da nova fe (apóstolos Tomé e Paulo ademais dalgúns papas).

Capital do Imperio Omeia

editar
 
A Gran Mesquita na cidade antiga (dende o NO)

Os árabes conquistaron a cidade en 636. Se nun principio ambas confesións (cristiáns e musulmáns) compartiron o recinto sacro, dende 661 cando Damasco foi convertida en capital dos omeias, o temenos pasa a seres exclusivamente musulmán (cunha primitiva mesquita co mihrab dos "Compañeiros do Profeta" [13]) e no 705 o califa Al-Walid decide a construción dunha gran mesquita, seica reutilizando moitos materiais da basílica bizantina (que á súa vez xa reutilizara os do Templo de Xúpiter [14]). Por iso a gran singularidade dun dos máis espléndidos espazos arquitectónicos do tempo ([15] fundacional coa Cúpula da Rocha de Xerusalén da arquitectura islámica).

O califato omeia non durou apenas un século e no 750 os abásidas saquearon os seus pazos e demoleron as antigas murallas romanas. A capital do imperio musulmán foi trasladada a Bagdad e Damasco caeu nun período de declive.

Renacemento medieval

editar

Durante tres séculos e medio a cidade sufriu unha permanente inestabilidade con cambios de poder entre diferentes faccións e dinastías musulmás. O antigo trazado regular hipodámico foise transformando paulatinamente nunha trama orgánica típica do urbanismo islámico [16]. O ágora-foro e o recinto exterior (peribolos) da Gran Mesquita tamén serán subsumidos no tecido urbano (no noroeste conservarase coma parte do zoco al-Hamadeyya, ver imaxe enriba). Soamente a Rúa Dereita se mantén coma eixo vertebral da cidade medieval [17].

 
Planta esquemática moderna da cidade medieval amurallada.

No século XII, baixo os turcos seliúcidas, Damasco experimentou un renacemento económico da man dunha crecente importancia relixiosa. Construíronse hospitais e madrasas e as murallas, que xa empezaran a seres reconstruídas e reforzadas nos séculos X e XI, o foron novamente cun trazado algo máis amplo e irregular que o romano (135 Ha). Na esquina noroeste (onde situábase o castrum) os seliúcidas comezaron a erección dunha cidadela que foi reorganizada e reforzada nos séculos seguintes coma residencia dos sucesivos gobernantes [18][19][20].

Así no século XIII, despois dos gobernos de Nur al-Din e Saladino xa baixo os aiúbidas, Damasco volveu a seres un centro para o mundo islámico, desta vez coma bastión relixioso en plena época das cruzadas, acollendo estudosos e fieis de todo o imperio. A cidade comezou a estenderse fóra de murallas. A dous quilómetros ao noroeste desenvolveuse a pé dos montes Qasyun o arrabalde de Salihiyya (con refuxiados de familias podentes da Xerusalén ocupada polos cruzados). Case que unha cidade de seu, erixíronse gran número de madrasas. Ao sur, na ruta de Xerusalén e A Meca, outro arrabalde comeza a formarse. Ámbolos dous novos eixos van marcares o desenvolvemento futuro da cidade[21].

Damasco otomá

editar

Durante a época mameluca e sobor de todo a otomán (dende 1516) Damasco estendeuse cara a Salihiyya e principalmente ao suroeste co barrio de al-Midan (Maydan), na ruta das peregrinacións cara A Meca [22]. Coma principal centro das caravanas en pregrinación, son erixidos numerosos caravansares (khan). A antiga cidade (cuxas murallas desaparecen por innecesarias no século XVII) enriquécese con novas mesquitas, mausoleos e pazos.

Xa no século XIX, os otománs crean un novo centro administrativo ao oeste da Cidadela [23], cun pazo de goberno (Serrallo e praza sobor do Barada parcialmente soterrado, 1833) e cuarteis militares e no final do seu goberno, na segunda metade do século comezan un plan de saneamento e modernización da cidade. Novos servizos e infraestruturas (ferrocarril en 1894) e un intento de planificar a expansión da urbe.

Damasco vaise estender definitivamente á beira norte do Barada (pola boa provisión de auga dos canais do oasis Ghouta), pero nos comezos do século XX aínda dunha maneira maiormente desordenada [24][25].

Mandato francés: Plan Xeral de expansión

editar

O primeiro plan urbanístico propiamente dito foi o de 1935. Os redactores (Danger-Ecochard) deseñaron unha ampliación á europea, cunha preocupación especial polo tráfico rodado [26], pero evitando a relación coa antiga cidade histórica que, coma gueto árabe, restaba un tanto illada (unicamente actuacións hixienistas e a reconstrución do bombardeado sector ao sur da Cidadela na revolta de 1925, que foi regularizado cunha cuadrícula arredor da praza Al-Hariqah) [27][28][29].

Capital siria

editar

Dende a independencia en 1946 e coma capital da República Siria, Damasco converteuse nunha metrópole (de 423.000h en 1955 aos máis de tres millóns actuais na área metropolitana do Ghouta [30]) con todas as características e problemáticas das do terceiro mundo (proliferación de asentamentos deficitarios ilegais -moitos de refuxiados- [31], ecoloxía do oasis, conservación do patrimonio da humanidade na cidade histórica) asemade co contexto da difícil situación política actual [32].

Xeografía

editar

A cidade, situada a 692 m de altitude, está está dividida en dúas partes. A cidade nova, cos seus edificios modernos, e a cidade antiga, onde se agrupan os atractivos desta capital con 6.000 anos de existencia, que xa aparece mencionada en textos de fai catro milenios e medio.

A Cidade Antiga

editar

A cidade antiga de Damasco foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1979. Ocupa unha superficie de 135 hectáreas, e estaba rodeada por unha muralla romana, da que perduran os lados norte e leste, e parte ao lado sur. Consérvanse oito portas, das que a máis antiga, Bab Sharqi, remóntase ao período romano. No sentido das agullas do reloxo, empezando polo norte, son:

  • Bab al-Faraj (porta da liberación),
  • Bab al-Faradis (porta do paraíso),
  • Bab al-Salam (porta da paz), como as dous anteriores, no lado norte da muralla;
  • Bab Tuma (porta de santo Tomás), na esquina nordeste,
  • Bab Sharqi (porta do leste),
  • Bab Kisan, no sueste, por onde, segundo a tradición, Paulo de Tarso fuxiu de Damasco, descendido das murallas nun cesto; nesta porta, hoxe pechada, existe unha capela que recorda o suceso;
  • al-Bab al-Saghir (porta pequena), no lado sur,
  • Bab al-Jabiya, no suroeste, á entrada do zoco Midhat Pasha.

Aínda que a cidade aínda conserva vestixios romanos e bizantinos, a maior parte dos 125 edificios e monumentos incluídos na declaración da UNESCO corresponden á arte islámica.

En primeiro lugar, destaca a Gran Mesquita dos Omeias, construída no século VIII (cara a 705), un dos lugares santos do islam. O inmenso patio de 122 metros de longo, tapizado de louzas que pertenceron a un monumento romano, ofrece varias exquisitas decoracións. Entre elas, a do tesouro, unha construción que se ergue sobre columnas e que se utilizaba para almacenar o ouro do Estado.

A sala de oración da mesquita contén unha tumba, a de Xoán Bautista, caso excepcional no islam e vestixio da antiga basílica de san Xoán Bautista.

Segundo a tradición local, o minarete máis alto da mesquita, chamado minarete de Xesús, marca o lugar onde o Mesías volverá á terra o día do xuízo final.

A douscentos metros da Gran Mesquita hai un exemplo de riquísima arquitectura de deseño árabe-otomán, como é o Palacio Azem, do século XVIII. Hoxe é un museo das artes e tradicións e exhibe, nos diversos cuartos, manequíns que ilustran sobre a vida cotiá nesa residencia, que pertenceu ao gobernador de Damasco.

A Vía Recta foi na súa orixe o decumano da Damasco romana; estendíase ao longo de 1500 metros. Hoxe en día, corresponde á rúa Bab Sharqi e ao zoco cuberto Midhat Pasha, un dos máis importantes de Damasco. A rúa Bab Sharqi, chea de pequenas tendas, conduce ao vello barrio cristián de Bab Tuma; ao final da rúa atópase a Casa de Ananías, unha capela subterránea que foi en tempos unha adega.

A cidade vella está sementada de mesquitas -en todo Damasco hai preto de 700- de moi diversas épocas.

Transportes

editar
 
Estación de ferrocarril Al-Hejaz.

Preto da cidade atópase o Aeroporto de Damasco, un dos dous aeroportos internacionais cos que conta Siria xunto ao sito próximo a Alepo. As conexións cos países veciños por transporte público ademais de mediante avión son principalmente por ferrocarril, seguindo a ruta dende Istambul (Turquía) a Amán (Xordania).

O transporte interior vese fortalecido polos aeroportos de Qamisli, Lataquia e Deir Az-Zur e por unha densa rede de estradas e servizo de autocares, medio de transporte máis utilizado polos sirios.

Educación

editar

Universidades

editar
 
Universidade Internacional Árabe, en Damasco.

A máis antiga é a Universidade de Damasco, porén cos cambios na lexislación educativa creáronse novos centros.

  • Universidade virtual de Siria
  • Universidade internacional de ciencia e tecnoloxía
  • Universidade privada de Siria
  • Universidade internacional árabe
  • Instituto superior de administración de empresas
  • Instituto superior de ciencia e tecnología aplicada
  • Instituto nacional de administración

O clima de Damasco clasifícase coma semiárido (Köppen:BSk).

Datos climáticos para Damasco
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 21 30 28 35 38 39 42 45 39 34 30 21 45
Media máxima en °C 12,6 14,8 18,9 24,5 29,7 34,2 36,5 36,2 33,4 28 20,3 14,2 25,27
Media diaria en °C 5,9 7,8 11 15,5 20,2 24,4 26,3 26 23,2 18,1 11,8 7,2 16,45
Media mínima en °C 0,4 1,3 3,7 7 10,5 14,2 16,9 16,5 13 8,9 4 1,3 10,5
Temperatura mínima en °C −6 −5 −2 −1 7 9 13 13 10 6 −2 −5 −6
Precipitación media mm 27,9 22,7 16,9 7,9 3,3 0,4 0 0 0,2 7,1 21,4 25,8 133,6
Media de días con precipitacións (≥ 0.1 mm) 7 7 5 3 1 0 0 0 0 2 4 6 35
Media de días con neve 1 1 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 2
Media de horas de sol mensuais 164,3 182 226,3 249 322,4 357 365,8 353,4 306 266,6 207 164,3 3 164,1
Fonte: BBC Weather[33]

Cidades irmandadas

editar

Galería de imaxes

editar
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para damasceno.
  2. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524. 
  3. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1442. ISBN 9788482893419. 
  4. Central Bureau of Statistics Syria Syria census 2004 Arquivado 10 de marzo de 2013 en Wayback Machine.
  5. "Damas antique", Ernest Will
  6. Planta de restitución do Templo de Hadad no recinto da actual Gran Mesquita de Damasco [1]
  7. Ibídem nota 1, páx.20: Planta hipotética da primitiva Damasco aramea (metade oeste) na posterior cidade clásica [2]
  8. Ib. nota 1, páx.30: Planta hipotética da ampliación helenística
  9. "Planta esquemática da Damasco romana". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2015. Consultado o 20 de agosto de 2014. 
  10. Ib. nota 1, páx.31: reconstrución da planta de Damasco na época romana
  11. Reconstrución da planta do Templo de Xúpiter Damasceno; J.Sauvaget, páx 316: Templo (A) no "temenos" ou recinto interior, e recinto exterior ou "peribolos" [3]
  12. Ib. nota 1, páx15: Planta de Damasco na época bizantina coa situación das igrexas cristiás.
  13. Recreación do temenos sacro no principio do califato omeia: (1) Basílica de S. Xoán, (2) primitiva mesquita, (3) primitivo Pazo Califal acaroado ao temenos [4]
  14. Planta da Gran Mesquita dos omeias embaixo da hipotética da Basílica bizantina de S. Xoán [5]
  15. Interior da Mesquita Omeia
  16. Ibídem nota 7, páx.342: Planta esquemática da metade oriental da cidade mostrando a transformación da trama viaria de regular a islámica ; nótese o espazo da ágora-foro (N) xa ocupado.
  17. "Planta esquemática da Damasco no século XII". Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2012. Consultado o 10 de xullo de 2012. 
  18. Planta da Cidadela seliúcida (s.XII) sobor do perfil da ayubita e mameluca (s.XIII)[6]
  19. Páxina sobor da Cidadela de Damasco con planta detallada e xeral da cidade medieval [7] Arquivado 13 de febreiro de 2015 en Wayback Machine.
  20. "Outra páxina on vistas de paxaro e información sobor da Cidadela". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2015. Consultado o 13 de febreiro de 2015. 
  21. Esquema do desenvolvemento de Damasco ao comezo do s.XIII co arrabalde de Salihiyya ao NO [8] Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
  22. Planta esquemática do desenvolvemento de Damasco durante os períodos aiúbida, mameluco e otomán; "The urban development of Damascus..." Z. Lababedi, pdf (2,6Mb) páx. 24 [9] Arquivado 21/02/2014, en Wayback Machine.
  23. Mapa do centro otomán de Damasco nunha planta de 1912
  24. "Mapa de Damasco, 1929". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2013. Consultado o 31 de xaneiro de 2014. 
  25. Vista aérea de Damasco no final do período otomán (dende o sueste)
  26. Plan Danger-Ecochard para Damasco, 1935: arterias principais; ib. nota 18, páx. 35
  27. Plan Danger-Ecochard: centro da cidade; ib. nota 18, páx. 36
  28. Mapa contemporáneo de Damasco coa posta en funcionamento das liñas directrices do plan do ano 35 [10]
  29. Mapa do centro actual de Damasco
  30. Esquema do desenvolvemento de Damasco 1938-1960-1994
  31. Ib. nota 18, páxinas 49 e seguintes
  32. Foto satelital da área metropolitana de Damasco coa previsión das liñas de metro [11][Ligazón morta]
  33. "Average Conditions Damascus, Syria". BBC Weather. xullo 2011. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2006. Consultado o 3 de novembro de 2010. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
admin 3
INTERN 4
todo 4