DR, anteriormente Danmarks Radio, é a corporación de radiodifusión pública de Dinamarca. Fundouse en 1925 e é a empresa de medios de comunicación máis grande do país.[1] Su programación es de servizo público. Actualmente xestiona dez emisoras de radio (catro en frecuencia modulada), seis cadeas de televisión, servizos informativos e un sitio web.

DR
Inicio das emisións 1 de abril de 1925
Propiedade de Estatal Reino de Dinamarca
País Dinamarca Dinamarca
Lingua Dinamarqués
Área de emisión Dinamarca Dinamarca
Sede central Copenhaguen, Dinamarca
Nome(s) anterior(es) Radioordningen (1925-1926)
Statsradiofonien (1926-1959)
Danmarks Radio (1959-1996)

Na rede
www.dr.dk
Twitter: drkoncern Youtube: UCtjVVEXwcB9wLxxaXmN6skA Editar o valor en Wikidata

DR é un dos membros fundadores da Unión Europea de Radiodifusión, creada o 12 de febreiro de 1950. Tamén forma parte da asociación escandinava Nordvision.

Historia

editar

O 1 de abril de 1925 comezaron as emisións de Statsradiofonien, a primeira emisora pública de radio en Dinamarca. O seu desenvolvemento foi moi rápido e un ano despois xa contaba cos seus propios boletíns informativos (Radioavisen). En 1927 expandíu a súa cobertura en todo o territorio nacional grazas á instalación dunha emisora de onda media en Kalundborg.[2]

Durante a segunda guerra mundial as emisións da radio danesa estiveron controladas polas forzas de ocupación nazis, polo que os habitantes debían recorrer á BBC ou a radio sueca para informarse sen censura. Cando o conflito terminou, Statsradiofonien volveu á normalidade e reforzouse o seu papel de servizo público para evitar calquera manipulación. A empresa trasladouse en 1941 a unhas novas instalacións en Frederiksberg.

En 1951 consolidou a súa actividade coa creación da segunda cadea de radio (DR P2) e da primeira canle de televisión (DR1), que empezou a emitir en probas o 2 de outubro. Este servizo desenvolveuse coa posta en marcha da súa propia sede TV-Byen en Gladsaxe, a creación do telexornal en 1965 e as primeiras probas en cor, a partir de 1967. En canto á radio, estableceuse un servizo de cadeas rexionais en 1960 e consolidouse a emisión en estéreo en 1968 grazas á frecuencia modulada.

O nacemento de TV2 terminou co monopolio público do ente, que reforzou o seu papel de servizo sen deixar de competir fronte aos medios privados. DR1 foi a única televisión pública do país ata que en agosto de 1996 creouse a alternativa DR2. Ese mesmo ano modifícase o nome da empresa á abreviación DR. Como as sedes de radio e televisión estaban separadas, o Goberno dinamarqués decretou en 1999 a unificación de todas as instalacións nun único complexo, o DR Byen de Copenhaguen, que se inaugurou o 31 de marzo de 2006.

Organización

editar
 
DR Byen, sede central de DR en Copenhaguen.

DR pertence ao Estado dinamarqués. A súa dirección corre a cargo dun consello executivo de once membros elixidos para un período de catro anos. Tres deles, incluído o presidente, son seleccionados polo Ministerio de Cultura; seis polo Folketing (Parlamento de Dinamarca), e dous polos empregados da corporación. As súas funcións son as de controlar as finanzas e asegurarse do respecto da Lei de Radiodifusión dinamarquesa.[3]

Por baixo atópase o consello de administración, que se encarga da programación e a actividade habitual, sendo o órgano máis visible ao público. Os seus membros son elixidos polo consello executivo. A directora desde 2011 é Maria Rørbye Rønn.

O grupo finánciase cun imposto específico bianual que recada a DR Licens, un organismo integrado en DR. Cóbrase a entidades comerciais e a cidadáns a partir da maioría de idade, establecida nos 18 anos, e independentemente do uso que se de aos medios públicos.[4] No caso dos particulares hai dúas taxas: unha de radio (só cobre reprodutores de radio) e outra de medios, que contempla practicamente calquera obxecto que poida reproducir imaxes, incluídas as conexións a Internet. A cambio, cobre todas as posesións do pagador, a súa parella e os seus fillos. Os pensionistas poden acollerse a un desconto do 50% no pago e os estudantes non están obrigados a afrontalo. Como contrapartida, DR non emite publicidade.[4]

A programación de DR réxese por catro pautas:[5]

  • Xerar valor para a sociedade, cultura e cidadanía dinamarquesa.
  • Establecer nos seus espazos uns estándares de credibilidade, independencia, equilibrio, variedade e calidade.
  • Ofrecer unha programación de calidade en todos os xéneros.
  • Adaptarse aos cambios e desenvolvemento dos medios de comunicación para manter os vínculos coa sociedade.

Servizos

editar

Emisoras en FM

editar
 
Mapa coa división rexional de DR P4.

Emiten en frecuencia modulada e DAB.

  • DR P1: Cadea informativa con programas de entretemento e de servizo público. Fundouse en 1926 e foi a primeira radio danesa.
  • DR P2: Emite música clásica, jazz, dramas e acontecementos culturais e artísticos. Creouse en 1951.
  • DR P3: Especializada en música, entretemento e deportes. Dispón de boletíns informativos. Diríxese a un público novo. Comezou as súas emisións 1963.
  • DR P4: Emisora con desconexións locais que mestura radiofórmula e servizos informativos. Está formada por 11 emisoras rexionais e é líder de audiencia.

Emisoras en DAB

editar

Ademais das catro primeiras cadeas, DR conta con cadeas exclusivas para DAB.

  • DR P5: Clásicos do pop
  • DR P6 Beat: Pop-rock e indie
  • DR P7 Mix: Pop e soul
  • DR P8 Jazz: Jazz
  • DR Mama: Radiofórmula xuvenil.
  • DR Ramasjang / DR Ultra: Dirixida ao público infantil
  • DR Nyheder:

Televisión

editar
 
Logotipo histórico de Danmarks Radio, en uso ata 2013.
  • DR1: Fundada o 2 de outubro de 1951. O seu programación é xeral e é a cadea de televisión con máis audiencia da corporación.
  • DR2: Fundada o 30 de agosto de 1996. Emite series, espazos culturais, documentais e unha programación alternativa á popular DR1.
  • DR3: Fundada o 28 de xaneiro de 2013, en substitución da canle de alta definición. Está dirixida a un público entre os 15 e 39 anos. Emite series internacionais, deporte, cine, documentais e entretemento.
  • DR K: Cadea con programación cultural, educativa e artística.
  • DR Ramasjang: Canle con programación infantil.
  • DR Ultra: Emite unha programación xuvenil.
  1. Dispatch, ed. (24 de febreiro de 2013). "DR: Entertaining a Nation" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2014. Consultado o 27 de maio de 2013. 
  2. radiohistoriskforeningvest.dk, ed. (2013). "”Danmarks Radio København - Kalundborg”" (en danés). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 27 de maio. 
  3. DR (ed.). "DR Executive Board" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2013. Consultado o 27 de maio de 2013. 
  4. 4,0 4,1 DR (ed.). "Licens & Programservice" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2013. Consultado o 27 de maio de 2013. 
  5. DR (ed.). "DR – for you and everybody in Denmark" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2013. Consultado o 27 de maio de 2013. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
admin 1
INTERN 2
todo 3