Daunorrubicina
A daunorrubicina ou daunomicina (daunomicina cerubidina) é un quimioterápico da familia da antraciclina que se administra como tratamento para algúns tipos de cancro. É usado principalmente para tratar tipos específicos de leucemia (leucemia mieloide aguda e leucemia linfocítica aguda). É un produto natural illado inicialmente da bacteria Streptomyces peucetius.
Daunorrubicina | |
---|---|
(8S,10S)-8-acetil-10-[(2S,4S,5S,6S)- | |
Outros nomes Cerubidine | |
Identificadores | |
Número CAS | 20830-81-3 |
PubChem | 30323 |
ChemSpider | 28163 |
UNII | ZS7284E0ZP |
DrugBank | DB00694 |
KEGG | C01907 |
ChEBI | CHEBI:41977 |
ChEMBL | CHEMBL178 |
Código ATC | L01 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | H29NO10 |
Masa molar | 203,23 g mol−1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
Existe unha formulación con liposomas da daunorrubicina, chamada daunorrubicina liposomal (DaunoXome).
Historia
editarNa década de 1950, unha compañía de investigación italiana, Farmitalia Research Laboratories, empezou un programa de investigación para illar compostos anticancerosos procedentes de microbios que vivían no solo. Illouse unha mostra de solo da área que rodea Castel del Monte, un castelo do século XIII na rexión italiana de Apulia. Illouse unha nova cepa de Streptomyces peucetius, que producía un pigmento vermello, e a partir dela obtívose un antibiótico, que se atopou que tiña unha boa actividade contra os tumores en ratos. Dado que un grupo de investigadores franceses descubriu o mesmo composto aproximadamente ao mesmo tempo, os dous equipos decidiron chamar ao novo composto daunorrubicina, combinando o nome Dauni, unha tribo anterior ao Imperio Romano que ocupaba a área de Italia onde se illou o composto, coa palabra francesa rubis (rubí), que describía a súa cor.[1] Os ensaios clínicos empezaron na década de 1960, e o fármaco tivo éxito no tratamento de leucemias agudas e linfomas. Porén, en 1967, recoñeceuse que a daunorrubicina podía producir unha toxicidade cardíaca mortal.[2]
Usos
editarA daunorubicina fai máis lento ou detén o crecemento de células cancerosas no corpo. O tratamento realízase xeralmente xunto con outros quimioterápicos (como a citarabina), e a súa administración depende do tipo de tumor e do grao de resposta.
Ademais do seu principal uso no tratamento da leucemia mieloide aguda, a daunorrubicina tamén se usa paa tratar o neuroblastoma. A daunorrubicina foi utilizada con outros axentes quimioterápicos para tratar a fase blástica da leucemia mielóxena crónica.
A daunorrubicina tamén se usa como material de partida para a fabricación semisintética de doxorrubicina, epirrubicina e idarrubicina.
Mecanismo de acción
editarIgual que fai a doxorrubicina, a daunorrubicina interacciona co ADN por intercalación e inhibición da biosíntese macromolecular.[3][4] Isto inhibe a progresión do encima topoisomerase II, que relaxa os superenrolamentos no ADN para facer a transcrición. A daunorrubicina estabiliza o complexo desta topoisomerase despois de que esta rompe a cadea do ADN para facer a replicación, o que implide que a dobre hélice do ADN se volva a selar e, deste modo, detén o proceso de replicación do ADN. Ao unirse ao ADN, a doxorrubicina ou daunomicina intercálase dirixindo o seu residuo daunosamina cara ao suco menor do ADN. Ten unha maior preferencia por sitios con dúas pares de bases G/C adxacentes flanqueadas no lado 5' por un par de bases A/T. A daunomicina únese efectivamente a cada 3 pares de bases deste tipo e induce un ángulo de desenrolamento local de 8°, pero unha distorsión non significativa da conformación da hélice.[5] Pode tamén inducir a expulsión de histonas da cromatina por medio de intercalación.[6]
Ruta de administración
editarA daunorrubicina só debería administrarse por infusión intravenosa rápida. Non debería administrarse intramuscularmente ou por vía subcutánea, xa que pode causar unha extensa necrose nos tecidos. Tampouco debería administrarse nunca intratecalmente (no canal medular vertebral), xa que isto causaría un extenso dano no sistema nervioso e pode levar á morte. A daunorrubicina foi usada por vía intravenosa (dentro do ollo) co propósito de impedir a vitreorretinopatía proliferativa, unha complicación común da cirurxía de desprendemento de retina, pero non se viu que fose efectiva, polo que actualmente non se usa para ningún outro fin oftálmico.[7]
Ten unha vida media de 26,7 horas (metabolito), un metabolismo hepático e unha excreción biliar e urinaria.
Notas
editar- ↑ Weiss RB (December 1992). "The anthracyclines: will we ever find a better doxorubicin?". Seminars in Oncology 19 (6): 670–86. PMID 1462166.
- ↑ Tan C, Tasaka H, Yu KP, Murphy ML, Karnofsky DA (March 1967). "Daunomycin, an antitumor antibiotic, in the treatment of neoplastic disease. Clinical evaluation with special reference to childhood leukemia". Cancer 20 (3): 333–53. PMID 4290058. doi:10.1002/1097-0142(1967)20:3<333::AID-CNCR2820200302>3.0.CO;2-K.
- ↑ Fornari FA, Randolph JK, Yalowich JC, Ritke MK, Gewirtz DA (April 1994). "Interference by doxorubicin with DNA unwinding in MCF-7 breast tumor cells". Mol Pharmacol 45 (4): 649–56. PMID 8183243.
- ↑ Momparler RL, Karon M, Siegel SE, Avila F (August 1976). "Effect of adriamycin on DNA, RNA, and protein synthesis in cell-free systems and intact cells". Cancer Res 36 (8): 2891–5. PMID 1277199.
- ↑ G J Quigley, A H Wang, G Ughetto, G van der Marel, J H van Boom, and A Rich (December 1980). "Molecular structure of an anticancer drug-DNA complex: daunomycin plus d(CpGpTpApCpG)". PNAS 77 (12): 7204–7208. doi:10.1073/pnas.77.12.7204.
- ↑ Pang B, Qiao X, Janssen L, Velds A, Groothuis T, Kerkhoven R, Nieuwland M, Ovaa H, Rottenberg S, van Tellingen O, Janssen J, Huijgens P, Zwart W, Neefjes J (2013). "Drug-induced histone eviction from open chromatin contributes to the chemotherapeutic effects of doxorubicin". Nature Communications 4: 1908. PMID 23715267. doi:10.1038/ncomms2921.
- ↑ Mortensen, ME; et al. (1992). "Inadvertent intrathecal injection of daunorubicin with fatal outcome". Med Pediatr Oncol 20 (3): 249–253. PMID 1574039.