David Graeber
antropólogo estadounidense
David Rolfe Graeber, nado en Nova York o 12 de febreiro de 1961 e finado en Venecia o 2 de setembro de 2020,[1] foi un antropólogo e anarquista estadounidense.
Traxectoria
editarGraeber tivo unha vida de activismo político e social, incluíndo o seu papel nas protestas contra o Foro Económico Mundial na cidade de Nova York (2002). Foi membro da organización sindical Industrial Workers of the World (en galego, Traballadores Industriais do Mundo) e un dos precursores do movemento Occupy Wall Street.
Notas
editar- ↑ Cain, Sian (3 de setembro de 2020). "David Graeber, anthropologist and author of Bullshit Jobs, dies aged 59". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 3 de setembro de 2020.