David Letterman
David Letterman, nado o 12 de abril de 1947 en Indianapolis, é un humorista, presentador e produtor de televisión [1] estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de abril de 1947 (77 anos) Indianapolis, Estados Unidos de América |
Relixión | Luteranismo |
Educación | Universidade Estatal Ball Broad Ripple High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | presentador de televisión, actor, xornalista, escritor, humorista, weather presenter (en) , produtor de televisión |
Período de actividade | 1974 - |
Influencias | |
Pseudónimo literario | Earl Hofert |
Patrimonio estimado | 400 M$ (2015) |
Familia | |
Parella | Merrill Markoe (1978–1988) |
Premios | |
| |
|
Traxectoria
editarEstudou na Ball State University onde se diplomou no departamento de radio e televisión en 1969 e foi na radio desa universidade onde comezou a súa carreira como comunicador. Presentador do talk show nocturno, Late Show with David Letterman na CBS onde recibe a personalidades famosas do mundo do cinema, a música e os deportes. Letterman é unha figura da televisión nocturna norteamericana desde 1982 cando comezou a presentar Late Night with David Letterman na NBC cun humor irónico e un tanto absurdo, tan só o seu mentor e amigo Johnny Carson ten unha carreira máis longa como presentador desa clase de programas. Letterman é tamén produtor de televisión, a súa empresa Worldwide Pants produce o seu programa así como o programa que lle segue The Late Late Show with Craig Ferguson. Worldwide Pants ademais tamén produce varias comedias que se emiten no horario de máxima audiencia, a de máis éxito foi Everybody Loves Raymond, que desde que rematou en 2005 segue a se emitir nos Estados Unidos en sindicación.
Letterman é propietario do equipo do equipo de automobilismo Rahal Letterman Racing.
Notas
editar- ↑ "David Letterman Biography". The New York Times. Consultado o 2009-02-03.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: David Letterman |