de Havilland Puss Moth

O de Havilland DH.80A Puss Moth é un monoplano británico de tres prazas de á alta deseñado e construído por de Havilland Aircraft Company entre 1929 e 1933. Voaba a unha velocidade duns 200 km/h, converténdoo nun dos avións privados de maior rendemento da súa época.

de Havilland Puss Moth
Tipoutilitario lixeiro
Fabricantede Havilland
Primeiro voo9 de setembro de 1929
Introducidomarzo de 1930
Produción1929 - 1933
Unidades construídas284

Deseño e desenvolvemento

editar

O prototipo DH.80 Puss Moth E-1, con rexistro G-AAHZ, voou por primeira vez o 9 de setembro de 1929[1] e foi deseñado para o florecente movemento do voo privado no Reino Unido. Era un avión aerodinámico construído totalmente en madeira equipado co novo motor en liña invertido de Havilland Gipsy III, que daba unha visión sen obstáculos polo morro sen as culatas saíntes do motor Gipsy II anterior.

Despois de probarse o prototipo, o avión foi redeseñado cunha fuselaxe de tubo de aceiro cuberta de tecido e redesignado DH.80A Puss Moth. O primeiro exemplar de produción voou en marzo de 1930 e foi enviado rapidamente a unha xira de vendas por Australia e Nova Zelandia. Aos pouco tempo chegaron os pedidos, e nos tres anos de produción, que rematou en marzo de 1933, fabricáronse 259 unidades en Inglaterra, ademais do prototipo. Outros 25 avións foron construídos por de Havilland Canada.[1] A meirande parte deles equipáronse co motor de 130 hp (97 kW) Gipsy Major, cun rendemento lixeiramente mellor.

O Puss Moth foi substituído na liña de produción polo de Havilland DH.85 Leopard Moth que, cunha fuselaxe de madeira contrachapada, era máis barato de construír e máis lixeiro. Ao pesar menos, o Leopard Moth tiña un mellor rendemento co mesmo motor Gipsy Major.

Fallos técnicos

editar

A principios da súa carreira, o DH.80A sufriu unha serie de accidentes mortais, sendo o máis famoso o do aviador australiano Bert Hinkler mentres cruzaba os Alpes no CF-APK o 7 de xaneiro de 1933. Determinouse que a causa era un "aleteo" autoexcitado causado polas turbulencias que provocaba un fallo nas ás.[1] Este problema corrixiuse reforzando o puntal dianteiro cun "puntal de xurado" ao encaixe da raíz do alerón traseiro, e cun temón máis grande. Un avión participou no concurso europeo de avións turísticos Challenge 1934, pero abandonou por mor dunha avaría no motor nunha das últimas etapas.

Historial operacional

editar

A meirande parte dos DH.80As foron usados como avións provados, aínda que moitos tamén voaron comercialmente con pequenas firmas chárter para pasaxeiros ou transporte de correo. Normalmente só había espazo para dúas persoas, aínda que en voos comerciais podían levarse dous pasaxeiros en asentos lixeiramente escalonados coas pernas do pasaxeiro traseiro ao lado do asento do pasaxeiro dianteiro. As ás plagábanse cara a atrás para a almacenaxe, cun sistema usado noutros avións lixeiros de Havilland da época.

Os avións civís británicos que sobreviviron foron postos en servizo durante a segunda guerra mundial para actuar como avións de comunicación. No ano 2013 había cinco exemplares listados na base de datos da Autoridade de Aviaciación Civil, tres dos cales estaban en condicións de voar.[1]

Voos de récord

editar

A principios dos anos 1930 os DH.80 usáronse para establecer varios récords. A principios de 1931, Nevill Vintcent realizou o primeiro voo dende Inglaterra ata Ceilán no G-AAXJ. O 25 de maio de 1931 o capitán James Douglas Mail voou o seu Puss Moth G–ABIU, bautizado Baby Tank, de Croydon a Bulawayo, en Cimbabue, pasando primeiro por Pisa e Rome, despois saltando ao norte de África, e baixando posteriormente pola costa leste para chegar ao seu destino 8 día despois.[2] O tempo total de voo doi de 73 horas e 50 minutos.

 
C. J. Melrose co VPuss Moth VH-UQO

En xullo e agosto de 1931 Amy Johnson realizou unha travesía de oito días co seu copiloto, Jack Humphreys, de Londres a Toquio. Voando o G-AAZV, bautizado Jason II, completou a primeira parte da viaxe, ata Moscova, nunhas 21 horas. Dende alí continuou a través de Siberia ata chegar a Toquio, establecendo un rácord de voo entre o Reino Unido e o Xapón.[3]

A finais de 1931, o australiano Bert Hinkler pilotou o CF-APK de fabricación canadense nunha serie de importantes voos, incluídos un Nova York-Xamaica, un Xamaica-Venezuela, e un cruzamento de 22 horas do Atlántico sur de oeste a leste, sendo o segundo cruzamento transatlántico en solitario.[4]

En novembro de1931 Peggy Salaman, de 19 anos de idade, partiu no G-ABEH, bautizado Good Hope, para bater o récord para o voo entre Londres e Cidade do Cabo. onseguiu chegar a Cidade do Cabo ás 5.40 horas xunto a Gordon Store, o seu copiloto e navegante, superando en máis dun día o récord anterior establecido por Glen Kidston.[5]

O máis famoso dos Puss Moths que estableceron novos récords foi o G-ABXY de Jim Mollison, The Heart's Content, que completou o primeiro cruzamento do Atlántico de leste a oeste en agosto de 1932, dende Portmarnock Strand, preto de Dublín, ata New Brunswick, no Canadá, e o primeiro cruzamento de leste a oeste do Atlántico sur dende o aeródromo de Lympne ata Natal, no Brasil, en febreiro de 1933.[6] Amy Johnson, a muller de Mollison, realizou voos de récord entre Inglaterra e Cidade do cabo usando o G-ACAB, Desert Cloud, en 1932.[3] C. J. Melrose voou o VH-UQO, chamado My Hildegarde, na carreira aérea MacRobertson Air Race de 1934. Acabou sétimo e segundo na xeral en hándicap cun tempo de 10 días e 16 horas.[7]

Variantes

editar
  • de Havilland DH.80: prototipo equipado cum motor de 120 cabalos (89 kW) Gipsy III.
  • de Havilland DH.80A Puss Moth: avión lixeiro de dúas os tres prazas equipados principalmente cun motor de 130 cabalos (97 kW) Gipsy Major.

Accidentes e incidentes

editar

Especificacións

editar

Datos de British Civil Aircraft since 1919 (Volume 2).[14]

Características xerais

editar
  • Tripulación: 1
  • Capacidade: 1 ou 2 pasaxeiros
  • Lonxitude: 7,62 m
  • Envergadura: 11,20 m
  • Altura: 2,13 m
  • Superficie alar: 20,6 m2
  • Peso baleiro: 574 kg
  • Peso bruto: 930 kg
  • Planta de potencia: 1 motor de pistóns invertidos en liña de 4 cilindros refrixerado por aire de Havilland Gipsy III de 120 hp (89 kW)
  • Hélices: hélice de madeira de paso fixo de 2 pas

Rendemento

editar
  • Velocidade máxima: 206 km/h
  • Alcance: 480 km
  • Teito de servizo: 5 300 m
  • Velocidade de ascenso: 3,2 m/s
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "De Havilland DH80 Puss Moth". www.baesystems.com. Consultado o 2023-07-18. 
  2. "James Douglas". South African War Graves Project. Consultado o 2023-07-19. 
  3. 3,0 3,1 "Amy Johnson - Online stuff - Science Museum". web.archive.org. 2012-09-17. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2012. Consultado o 2023-07-22. 
  4. Serle, Percival. "Hinkler, Herbert John Louis." Dictionary of Australian Biography. Sydney, Australia: Angus and Robertson, 1949.
  5. "Peggy Salaman Beats Flying Record from London to Cape Town: Niece of Dr. Redcliffe Salaman President". Jewish Telegraphic Agency (en inglés). 2015-03-20. Consultado o 2023-07-22. 
  6. Eden, Paul E. (2012). Civil aircraft: 1907 - present. The essential aircraft identification guide. London: Amber Books. ISBN 978-1-908696-64-9. 
  7. "Amy Johnson - Online stuff - Science Museum". web.archive.org. 2012-09-17. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2012. Consultado o 2023-07-22. 
  8. "British Tragedies - TIME". web.archive.org. 2007-10-01. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2007. Consultado o 2023-07-22. 
  9. "Crash of a De Havilland DH.80 Puss Moth in Devil's Jump: 3 killed". Bureau of Aircraft Accidents Archives. Consultado o 2023-07-22. 
  10. Bridge, Carl. Holden, Leslie Hubert (1895–1932) (en inglés). Canberra: National Centre of Biography, Australian National University. 
  11. Ansaldo “¿Por Que?”,pp. 138-44 (Bos Aires, 1951)
  12. "Pilot's heroism after crash into sea". The Courier-Mail. 20 de xaneiro de 1937. 
  13. "3 Killed In Plane Crash". The Daily Telegraph. 28 de agosto de 1941. 
  14. Jackson 1974, p. 111
  NODES
Project 1
todo 1