De vita beata
De vita beata é un diálogo escrito por Lucio Anneo Séneca cara ó ano 58. Está destinado ao seu irmán máis vello Galión, antes chamado Novato, ó que tamén adicou o seu primeiro diálogo, titulado Da ira.
De vita beata | |
---|---|
Título orixinal | De vita beata |
Autor/a | Séneca |
Orixe | Roma Antiga |
Lingua | lingua latina |
Tema(s) | Riqueza e felicidade |
Xénero(s) | ensaio e epistolario |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Resumo
editarNesta obra Séneca fala, con respecto á felicidade, de que a pesar de que toda a humanidade desexa ser feliz, as persoas son cegas para saber que é o que as fai felices e que canto máis a buscan, máis a afastan. Por iso faise imprescindíbel saber que é o que queremos, parar poder tomar o camiño correcto e chegar a alcanzala, sen deixarnos levar polas influencias externas que nos levan cara distintas direccións.
Para Séneca, a senda máis transitada é a menos confiábel. Nada é menos aconsellable que seguir ó rabaño, é dicir, a opinión da maioría crendo que é o mellor para nós. Iso sería acomodarse e non actuar racionalmente, porque resulta enganoso seguir ós que van adiante, xa que nos poden dirixir ó precipicio. O mesmo pasa nas eleccións de gobernantes, conta Séneca, extránalles ós mesmos que votaron ó partido maior, que por iso é o peor, que gañaran os seus candidatos e aproban o mesmo que critican.
Hai que buscar o mellor, non o máis común e frecuente, para chegar a ser un pobo feliz e non o que aproba a maioría ou o vulgo, que non é fiel intérprete da verdade. Por que o home non busca o bo porque é bo e non para que o vexan? Unha vida feliz é só aquela que segue a súa propia natureza que se pode alcanzar coa alma sa e o corpo saudábel. Ten que ser unha vida sen angustias, que se adapte á época, atenta ás cousas pero sen deixarse levar por ningunha e disposta a gozar da fortuna sen ser o seu escravo, afastando as cousas que perturban. Sentiremos pracer continuado, paz e harmonía espiritual no canto de pequenos deleites.
Aquel que é honesto e virtuoso, que non se derruba polos cambios desfavorables, que ten unha alma libre, recta, audaz e estable, que non sente nin ambición nin medo, chegará a ser feliz. Todo o demais, que vén e se vai, non aumenta nin diminúe a felicidade, porque non ten ningún valor e son praceres que producen dor.
Ninguén pode ser feliz se non transita o camiño da verdade e está contento co que ten, porque vivir en plenitude lógrase co xuízo recto e seguro da razón. Moitos son infelices debido á mala vida, por causa dos praceres mesmos que son os que se encontran xeralmente en lugares tenebrosos.
A natureza é a que nos guía e a razón é a que observa. O home debe confiar na forza do seu espírito e ser o artífice da súa propia vida. Deberá manter as súas conviccións e non cambialas á hora de tomar decisións, obrando de forma xenerosa e afábel.
Estrutura
editarO diálogo está dividido en 28 capítulos que representan o pensamento moral de Séneca en plena madurez.
- A opinión común e o acerto.
- Razón e opinión.
- A felicidade verdadeira.
- Definicións do sumo ben.
- A liberdade do sabio.
- Pracer e felicidade.
- Oposición da virtude e o pracer.
- Vivir segundo a natureza.
- O pracer sobrevido.
- A actitude ante o pracer.
- Impotencia da sabedoría epicúrea.
- O perigo do epicureísmo.
- O verdadeiro sentido da doutrina de Epicuro.
- O risco do pracer.
- Obedecer a Deus é liberdade.
- A felicidade do sabio.
- Os principios e a conduta.
- A malevolencia non respecta a ninguén.
- A envexa, orixe da maledicencia.
- O valor do esforzo filosófico.
- As preferencias do sabio.
- O papel das cousas preferíbeis.
- O uso das riquezas.
- A arte de dar.
- O apego ás riquezas.
- O necio e o sabio.
- O exemplo dos filósofos.
- A ameaza prevista.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Texto latino en Wikisource.
- La Felicidad para Séneca (en castelán)