Dead Boys é unha banda estadounidense de punk rock de Cleveland, Ohio.[1] O grupo estivo na primeira onda do punk, e é considerado por moitos unha das bandas máis cruas e violentas da época. Foi fundada en 1975 formada polo vocalista Stiv Bators, o guitarrista rítmico Jimmy Zero, o baixista Jeff Magnum, o guitarrista principal Cheetah Chrome, e o batería Johnny Blitz, estes dous últimos procedentes da banda Rocket from the Tombs. Os Dead Boys orixinais publicaron dous álbums de estudio, Young Loud and Snotty, e We Have Come for Your Children.[1]

Dead Boys
OrixeCleveland, Ohio,
Período1975 - 1980
1987
2004 - 2005
2017 - presente
Xénero(s)punk rock
Selo(s) discográfico(s)Sire, Bomp!, Revenge, Hell Yeah, Bacchus, Bad Boy, Cold Front, Relativity, Plowboy Records
MembrosCheetah Chrome
Jake Hout
Antigos membrosStiv Bators
Johnny Blitz
Jason Kottwitz
Ricky Rat
Jimmy Zero
Jeff Magnum
Na rede
Facebook: deadboys MySpace: deadboysmusic Last fm: Dead+Boys Musicbrainz: 7e2cf7cc-211e-4588-9069-b3126a29d1b1 Songkick: 299779 Discogs: 266431 Allmusic: mn0000140689 Deezer: 192446 Editar o valor en Wikidata

Dead Boys estiveron activos inicialmente dende 1975 ata 1980, reuníndose brevemente varias veces a mediados dos 80, e despois en 2004 e 2005 por vez primeira sen Bators, que morrera en 1990. En setembro de 2017 Chrome e Blitz reuniron a banda cunha nova formación para unha xira de 40 aniversario xunto cun novo álbum, Still Snotty: Young, Loud and Snotty at 40, unha regravación do seu álbum de estrea. A nova formación inclue ao vocalista Jake Hout, o guitarrista Jason "Ginchy" Kottwitz e o baixista Ricky Rat, xunto con Chrome e Blitz.

Discografía

editar

Álbums

editar
Álbum Ano Selo
Young, Loud and Snotty 1977 Sire Records
We Have Come for Your Children 1978 Sire Records
Still Snotty: Young, Loud and Snotty at 40 2017 Plowboy Records
  1. 1,0 1,1 "The Guinness encyclopedia of popular music". Choice Reviews Online 34 (01): 34–0024-34-0024. 1996-09-01. ISSN 0009-4978. doi:10.5860/choice.34-0024. 
  NODES
dada 1
dada 1
punk 3