Demografía de Albania
A poboación albanesa non ten un marcado carácter urbano, como sucede noutros países europeos xa que a metade da súa poboación activa dedícase á agricultura. Xeralmente residen en zonas de altitude media e só o 37% vive en áreas urbanas. A súa poboación activa representa o 63% do total. Non só a baixa taxa de urbanismo aínda caracteriza a Albania senón tamén a súa elevada taxa de crecemento demográfico vexetativo en relación aos demais estados europeos.
Principais cidades
editarA capital de Albania, Tirana, é a única cidade que supera os 100.000 habitantes, con 700.000. Outras cidades importantes con máis de 70.000 habitantes son Elbasan (70.000), Durrës (82.000) e Shkodër (71.000). Outras poboacións importantes son Kavaja (23.000), Vlora (63.000) e Korça (62.000).
Poboación
editarA maioría da poboación é albanesa, existindo minorías grega (estimada nun 3% en 1989), arromanesas e macedonia eslava, que residen respectivamente no sur e leste do país. O idioma oficial é o albanés, lingua indoeuropea de orixe ilírica que ten dous dialectos principais, o gueg, falado ao norte do río Shkumbi, e o oficial tosk falado no sur.
Dende a ocupación otomá a maioría dos albaneses profesaron o islam (en torno ao 70% dos que declaran profesar algunha relixión) aínda que durante o período comunista prohibíronse as relixións. As outras relixións principais en Albania son a ortodoxa (20%) e a católica (10%). Os cristiáns ortodoxos viven principalmente na rexión sur e os católicos principalmente nos portos costeiros.
Na actualidade gran parte da poboación shqipëtar (albanesa) reside fóra do territorio que controla o estado de Albania: a maior parte de Kosovo está habitada por poboación albanesa (josovar), do mesmo xeito polo menos un 25% da poboación de Macedonia do Norte é albanesa, distribuíndose no oeste e noroeste desta república. Existen tamén minorías de orixe albanesa no sur de Italia (especialmente en Calabria) e no norte de Grecia, aínda que tanto en Italia como en Grecia os descendentes de albaneses ou xa foron asimilados ou están en proceso de asimilación (isto obsérvase por exemplo en que usan habitualmente a lingua italiana ou a lingua grega segundo o caso).
Por contraparte, até os anos 1990 o sur do estado albanés estaba poboado en gran medida por gregos nativos. Os límites étnicos greco-albaneses durante o século XX nunca coincidiron cos límites políticos. Despois de 1991 os límites étnicos desestabilizáronse xa que unha importante porcentaxe dos gregos emigraron ao territorio controlado polo estado de Grecia.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Demografía de Albania |