Demografía de Europa

Europa tiña no ano 2010 unha poboación duns 735 000 000 habitantes (o 11 % da poboación mundial), dos que 501 259 840 viven en países pertencentes á Unión Europea. Existen diferenciais de poboación importante, por exemplo os 82 millóns de habitantes de Alemaña e os escasos 400.000 de Malta, ou 300.000 de Islandia.

Densidade na UE.

Densidade

editar

A densidade total de poboación é de 70 hab./km², se ben non é homoxénea; existen grandes baleiros demográficos no interior das penínsulas Ibérica e Helénica, ao mesmo tempo hai zonas como a dorsal europea (SE de Gran Bretaña ou NO de Italia) cuxas densidades superan a media de Europa.

Crecemento de poboación

editar

Con respecto ao crecemento natural de Europa hai que salientar o escaso incremento, debido á baixa natalidade e mortalidade; sendo este ás veces negativo. As maiores taxas de crecemento danse en países como Irlanda e as máis baixas en países do sur como España. Aínda así estados como o español conseguen medrar grazas ao saldo migratorio.

Esperanza de vida

editar

A esperanza de vida da Europa aproxímase aos 80 nos homes e elévase por enriba desta cifra nas mulleres, sendo unha das máis altas do planeta. A estrutura demográfica dá unha perspectiva de Europa como unha poboación envellecida.

O continente caracterízase por unha grande importancia do sector terciario o que nos leva a un proceso de urbanización importante no que máis do 77 % da poboación vive en cidades. Estes núcleos na súa maioría son de tamaño pequeno e medio. Pero tamén se dan casos de grandes aglomeracións urbanas coma a de Londres ou Madrid.

Estrutura da poboación segundo o sector económico

editar

As actividades económicas deixan o seguinte panorama:

  • Un sector primario moi desenvolvido e con baixa participación da poboación (5,2 % da poboación activa e un 3 % do PIB). Esta media deixa lugar a diferenzas entre países (Reino Unido 0,95 % - Polonia 18,4 %). Existen medidas de regulamento para este sector dentro de institucións da Unión Europea; como a PAC (Política Agraria Común) e un importante número de retos de futuro mirando cara a un mundo globalizado e a ampliación da UE.
  • A industria ocupa en torno ao 25 % da poboación e contribúe ao PIB nun 30,6 %. As principais zonas industrias da Europa ocupan o sur de Inglaterra, un eixe que se forma en torno á Canle da Mancha, o val do Rin, a chaira do Po e diversas puntos illados como Lisboa, Madrid ou Atenas. Así e todo este sector tende a concentrarse en determinadas zonas deixando baleiros e rexións pouco desenvolvidas industrialmente (sur de España, Grecia, Portugal...) Cabe destacar que nestas zonas a UE trata de intervir. Esta intervención ven da man de reestruturar os sectores en crise, innovar en tecnoloxías promovendo o investimento, a I + D, garantir a libre competencia e evitar a deterioración medioambiental.
  • O sector terciario ou dos servizos ocupa case ao 63% da poboación e contribúe ao PIB cun 66,3 % do total. Cabe destacar a grande importancia do sistema de transporte e de telecomunicacións e do turismo así como o comercio interno e o internacional.
  NODES
INTERN 2
todo 2