Departamento de Montevideo
Montevideo é un departamento uruguaio cuxa capital é tamén a capital do país, Montevideo. Áchase na zona sur do territorio, sobre o litoral do Río da Prata. Limita polo noroeste con San José e está rodeado polo departamento de Canelones.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Uruguai | ||||
Capital | Montevideo | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.680.108 (2011) (3.170,02 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 530 km² | ||||
Altitude | 43 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 27 de xaneiro de 1816 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Intendencia de Montevideo (en) | ||||
• Xefe do goberno | Carolina Cosse (en) (2020–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 11000–13000 | ||||
ISO 3166-2 | UY-MO | ||||
Posúe unha superficie de 530 km² (onde aproximadamente o 60% é área rural e o restante 40% área urbanizada ou potencialmente urbanizable). A súa máxima elevación é o Cerro de Montevideo, con 132 m de altura. Con aproximadamente o 40% da poboación total do país, é o departamento máis pequeno en canto a superficie e o que ten maior densidade de poboación. A súa zona de influencia abrangue aos municipios veciños, formando o que se coñece como Zona metropolitana de Montevideo.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Intendencia Municipal de Montevideo.
- O proceso de descentralización e participación cidadá en Montevideo.
- vecinet Comunicación alternativa independente para a participación e a organización popular (axencia de noticias, documentación e comunicación veciñal)
- Sistema de información xeográfica Municipal
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |