Depresión (psicoloxía)

A depresión é unha síndrome ou agrupación de síntomas nos que predominan os síntomas afectivos (tristura patolóxica, decaemento, irritabilidade, sensación subxectiva de malestar e impotencia fronte ás esixencias da vida) aínda que, en maior ou menor grao, tamén están presentes síntomas de tipo cognitivo, volitivo ou incluso somático, polo que podería falarse dunha afectación global da vida psíquica, facendo especial énfase na esfera afectiva[1]. Non se debe confundir coa tristura ou cos cambios no estado de ánimo que responden de xeito proporcionado ás circuntasncias nas que se desenvolve a vida (por exemplo, a pena pola morte dun familiar). A base para distinguir a depresión destes cambios ordinarios, vén dada pola persistencia dos síntomas, a súa gravidade, a presenza doutros síntomas e o grao de deteroriación funcional e social que o acompaña[1].

Depresión
Clasificación e recursos externos
OMIM608516
DiseasesDB3589
MedlinePlus003213
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Tratamento

editar

A enfermidade abórdase con diferentes tipos de tratamentos, ben advertido que o máis normal é utilizar varios destes tratamentos de forma combinada:

  • Tratamento farmacolóxico.
  • Psicoterapia.
  • Exercicio físico.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
todo 1