Desoxiguanosina trifosfato
A desoxiguanosina trifosfato ou trifosfato de desoxiguanosina, abreviado como dGTP, é un nucleósido trifosfato formado polo nucleósido desoxiguanosina esterificado cun grupo de tres fosfatos. A molécula está formada polo azucre desoxirribosa enlazada coa base nitroxenada guanina por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' do azucre e o nitróxeno en posición 9 da base, e un grupo de tres fosfatos esterificado no carbono 5' cos fosfatos unidos entre si por enlace anhidro.
Desoxiguanosina trifosfato | |
---|---|
Identificadores | |
PubChem | 65103 |
ChemSpider | 58613 |
ChEBI | CHEBI:16497 |
ChEMBL | CHEMBL477486 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C10H16N5O13P3 |
Masa molecular | 507,181023 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A dGTP intervén na síntese do ADN. O dGTP chega á zona onde se está producindo a replicación do ADN, perde dous fosfatos en forma de pirofosfato, e únese á cadea de ADN en formación como dGMP.
A dGTP orixínase por fosforilación do dGDP cun fosfato cedido polo ATP en reacción catalizada por unha nucleósido difosfoquinase [1].
O dGTP é un competidor do comezo da inhibición por aciclovir no tratamento do virus Herpes simplex[2].
Notas
editar- ↑ Lehninger A. Principios de Bioquímica. (1988). Omega. Barcelona. Páxina 390. ISBN 84-282-0738-0
- ↑ Furman PA, Lambe CU, Nelson DJ (1982). "Effect of acyclovir on the deoxyribonucleoside triphosphate pool levels in Vero cells infected with herpes simplex virus type 1". Am. J. Med. 73 (1A): 14–7. PMID 6285704. doi:10.1016/0002-9343(82)90056-0.