Determinismo

doutrina filosófica

O determinismo é unha doutrina filosófica que sostén que todo acontecemento físico, incluíndo o pensamento e accións humanas, está causalmente determinado pola irrompible cadea causa-consecuencia, e polo tanto, o estado actual "determina" nalgún sentido o futuro. Existen diferentes formulacións de determinismo, que se diferencian nos detalles das súas afirmacións. Para distinguir as diferentes formas de determinismo convén clasificalas de acordo co grao de determinismo que postulan:

  • O determinismo forte sostén que non existen sucesos xenuinamente aleatorios, e en xeral, o futuro é potencialmente predicible a partir do presente. O pasado tamén podería ser "predicible" se coñecemos perfectamente unha situación puntual da cadea de causalidade. Pierre-Simon Laplace defendía este tipo de determinismo.
  • O determinismo feble sostén que é a probabilidade o que está determinado polos feitos presentes, ou que existe unha forte correlación entre o estado presente e os estados futuros, aínda admitindo a influencia de sucesos esencialmente aleatorios e impredicibles.

Cómpre salientar que existe unha diferenza importante entre a determinación e a predictibilidade dos feitos. A determinación implica exclusivamente a ausencia de azar na cadea causa-efecto que dá lugar a un suceso concreto. A predictibilidade é un feito potencial derivado da determinación certeira dos sucesos, pero esixe que se coñezan as condicións iniciais (ou de calquera punto) da cadea de causalidade.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  NODES
todo 2