Dick Powell
Richard Ewing Powell, nado en Mountain View (Arkansas) o 14 de novembro de 1904 e finado nos Ánxeles (California) o 2 de xaneiro de 1963,[1] foi un actor, cantante, produtor e director de cinema estadounidense.
Traxectoria
editarPowell estudou no Little Rock College (hoxe Universidade de Arkansas en Little Rock), antes de iniciar a súa carreira como cantante coa Charlie Davis Orchestra, con base en Indianapolis.[2] Gravou varios discos con Davis e tamén pola súa propia conta coa discográfica Vocalion Records a finais da década de 1920.
Powell marchou a Pittsburg, onde tivo un grande éxito local como mestre de cerimonias nos teatros Enright e Stanley.[2] En abril de 1930, Warner Bros. adquiriu Brunswick Records, nese momento propiedade de Vocalion. En Warner Bros. quedaron impresionados pola voz de Powell e pola súa gravidade na escena, polo que lle ofreceron un contrato cinematográfico en 1932. Debutou no cinema como cantante dunha banda en Blessed Event.[3] Continuou a interpretar o papel de mozo crooner en musicais como 42nd Street, Footlight Parade, Gold Diggers of 1933, Dames, Flirtation Walk e On the Avenue, traballando adoito con Ruby Keeler e Joan Blondell.
Powell desexaba sobre todo ampliar o seu repertorio, mais Warner Bros. impedíallo. Finalmente, xa na década de 1940, e aceptando que os seus días de mozo romántico xa quedaran atrás, fixo presión para interpretar o protagonista de Double Indemnity, aínda que perdeu fronte a Fred MacMurray.[4] O éxito de MacMurray, non obstante, aumentou a resolución de Powell de conseguir proxectos de maior envergadura, e en 1944 foi escollido para traballar na primeira parte dunha serie de filmes de cinema negro protagonizadas polo detective privado Philip Marlowe.[4] Este filme foi Murder, My Sweet, dirixido por Edward Dmytryk. Foi un grande éxito, e Powell conseguiu asentarse como actor dramático.
O ano seguinte, Dmytryk e Powell volveron reunirse para rodar Cornered, un apaixonante thriller que axudou a definir o estilo do xénero. Fíxose popular representando "tipos duros" en filmes como Johnny O'Clock e Cry Danger. Mesmo cando traballou con papeis máis lixeiros en filmes como The Reformer and the Redhead e Susan Slept Here, xa nunca volveu cantar no cinema.
Desde 1949 a 1953, Powell tivo un papel principal no programa radiofónico da NBC Richard Diamond, Private Detective. Tratábase dun programa semanal de trinta minutos de duración en que interpretaba un simpático detective privado dotado cun grande enxeño.
Na década de 1950, produciu e dirixiu varios filmes de serie B e foi un dos fundadores de Four Star Television,[1] actuando e supervisando diversos programas para esa compañía. O seu filme The Enemy Below (1957), baseado na novela de Denys Rayner, gañou o Óscar aos mellores efectos especiais.
Powell faleceu en West Los Angeles, California, en 1963 a causa dun linfoma, con 58 anos.[5] Foi un dos moitos membros da rodaxe do filme O conquistador (1956) que faleceron de cancro.[6] O conquistador filmouse en Utah, preto dun lugar no que se realizaron probas atómicas. Dick Powell foi incinerado e as súas cinzas depositadas no Columbarium of Honor no Forest Lawn Memorial Park de Glendale, California.
Vida persoal
editarDick Powell estivo casado en tres ocasións:
- Con Mildred Maund, de 1925 a 1927.
- Coa actriz Joan Blondell. Casaron o 19 de setembro de 1936 e divorciáronse en 1944. Tiveron dous fillos, Ellen e Norman, este último adoptado do primeiro matrimonio de Joan.
- Coa actriz e cantante June Allyson. Casaron o 19 de agosto de 1945. O matrimonio durou ata o pasamento de Powell. Tiveron dous fillos, Pamela (adoptada) e Richard Powell, Jr.
Filmografía
editarComo actor
editarComo director
editar- Split Second (1953)
- O conquistador (1956)
- You Can't Run Away from It (1956)
- The Enemy Below (1957)
- The Hunters (1958)
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Death Takes Dick Powell". The Desert Sun. 3 de xaneiro de 1963. p. 1. Consultado o 18 de febreiro de 2024 – vía University of California/Riverside Center for Bibliographical Studies and Research (CBSR).
- ↑ 2,0 2,1 "Richard Ewing Powell." Dictionary of American Biography (1981) Charles Scribner's Sons, Nova York
- ↑ "Dick Powell." International Dictionary of Films and Filmmakers Vol. 3. (2000) Gale, Detroit
- ↑ 4,0 4,1 Shutt, Mike (13 de abril de 2022). "Finding Double Indemnity's Leading Man Was A Painful Process". Slashfilm. Consultado o 18 de febreiro de 2024.
- ↑ Pathé, British. "U.S.A.: Dick Powell's Funeral.". www.britishpathe.com (en inglés). Consultado o 2023-01-09.
- ↑ Olson, James (2002) Bathsheba's Breast: Women, Cancer and History, Johns Hopkins University Press, Baltimore, Maryland ISBN 0-8018-6936-6
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dick Powell |
Ligazóns externas
editar- 834 Dick Powell en Find a Grave (en inglés)
- Dick Powell Photo Gallery
- Photographs and literature
- Cinderella's Boyfriend – 1934 article about Powell from Radio Mirror
- Aparicións en What's My Line?:
- hS4HzKpc6tE 24 de agosto de 1958 no YouTube
- QEJas8LXF-Q 17 de setembro de 1961 no YouTube
- VVhISV-jDl4 9 de setembro de 1962 no YouTube