Dicksonia
Dicksonia | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
especies | |||||||||||
Véxase no texto. | |||||||||||
Sinonimia | |||||||||||
|
Dicksonia é un xénero de fento arbóreo pertencente á orde Cyatheales. É considerado un parente próximo do xénero Cyathea, pero máis primitivo, datando as súas orixes aos períodos Xurásico e Cretáceo. O rexistro fósil inclúe caules, pínnulas e esporas.
O xénero contén 20-25 especies (dependendo do autor), e distribúese dende México ao Uruguai, Chile, Santa Helena, Nova Zelandia, Australia, Indonesia, Nova Guinea e Filipinas. É en Nova Guinea que atinxe maior diversidade con 5 especies coñecidas.
A especie máis cultivada de Dicksonia é a Dicksonia antarctica.
O xénero foi descrito por vez primeira en 1789 por Charles Louis L'Héritier de Brutelle. O nome homenaxea a Jame Dickson, un prominente enfermeiro e botánico.
Segundo o IBAMA, a Dicksonia sellowiana, chamada xaxín (xaxim ou samambaiaçu en portugués) está na lista das especies ameazadas de extinción en varios lugares do Brasil.
Especies
editar- Dicksonia antarctica - Australia.
- Dicksonia arborescens - St. Helena
- Dicksonia archboldii - Nova Guinea
- Dicksonia baudouini - Nova Caledonia
- Dicksonia berteriana - Arquipélago Juan Fernández
- Dicksonia blumei - Indonesia, Filipinas
- Dicksonia brackenridgei - Fidxi, Samoa
- Dicksonia externa - Arquipélago Juan Fernández
- Dicksonia fibrosa - Nova Zelandia
- Dicksonia grandis - Nova Guinea
- Dicksonia herbertii - Nordés de Queensland, Australia
- Dicksonia hieronymi - Nova Guinea
- Dicksonia lanata - Nova Zelandia
- Dicksonia lanigera - Nova Guinea
- Dicksonia mollis - Indonesia
- Dicksonia sciurus - Nova Guina
- Dicksonia sellowiana - Xaxín ou samambaiaçu. Do Sur de México, por América Central até Bolivia no norte de América do Sur; Uruguai e Mata Atlántica no Brasil.
- Dicksonia squarrosa - Nova Zelandia
- Dicksonia steubelii - Norte do Peru
- Dicksonia thyrsopteroides - Nova Caledonia
- Dicksonia youngiae - Australia.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Braggins, John E. e Large, Mark F. Tree Ferns. Timber Press, Inc. (2004).
- Lobin, Wolfram. List of the American Dicksonia Species. Scientific Authority of Germany, Bonn 2001.
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dicksonia |
- Comunidade: Coidados e propagación de fentos arbóreos (en alemán/inglés)
- Flora Encyclopedia