Disquete
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2016.) |
Un disquete[1] é un disco removible de almacenamento fixo de datos. O termo equivalente en inglés é floppy disk, que significa "disco flexíbel".
Pode ter o tamaño de 3,5 polgadas con capacidade de almacenamento de 720 KB (DD, Double Density) até 2,88 MB (ED, Extra Density), aínda que o máis común actualmente sexa 1,44 MB (HD, High Density), ou 5,25 polgadas con almacenamento de 160 KB (Single Side = Face Simples) até 1,2 MB (HD).
Historia
editarOs disquetes (cuxo nome foi escollido para ser similar á palabra "casete"), gozaron dunha gran popularidade nas décadas dos oitenta e os noventa, usándose en ordenadores domésticos e persoais ("PC") tales como Apple II, Macintosh, Commodore 64, Amiga e IBM PC para distribuír software, transferir datos entre ordenadores e crear pequenas copias de seguridade. Antes da popularización dos discos duros nos PC, os disquetes usábanse para almacenar sistemas operativos, aplicacións informáticas e outros datos. Moitas PC almacenaban de forma permanente o núcleo dos seus sistemas operativos en memorias ROM, pero gardaban os seus sistemas operativos nun disquete, como ocorría con CP/M ou, posteriormente, con DOS.
Tamén foi usado na industria dos videoxogos, cando Nintendo fixo un formato propio de disquete, parecido ao actual de 3 1/2, para usar cun periférico deseñado para a consola Famicom chamado Famicom Disk Drive. No entanto, só foi lanzado no Xapón. Tamén se vendían disquetes en branco, para gravar xogos na rúa, mediante máquinas automáticas instaladas nalgúns lugares do Xapón.
Coa chegada da década dos noventa, o aumento do tamaño do software fixo que moitos programas fosen distribuídos en conxuntos de disquetes. Cara ao final dos noventa, a distribución do software foi migrando gradualmente cara ao CD-ROM, e introducíronse formatos de copias de seguridade de maior densidade, como os discos Zip de Iomega. Coa chegada do acceso total á Internet, das redes Ethernet baratas e das memorias USB, os disquetes deixaron de ser necesarios para a transferencia de datos. A partir de entón, as copias de seguridade empezaron a ser realizadas en cintas magnéticas de alta capacidade como cintas de son dixitais (DAT) ou streamers, ou a escribirse en discos compactos (CD) ou DVD. Un intento a finais dos noventa (sen éxito no mercado), de continuar cos disquetes foi o SuperDisk (LS-120), cunha capacidade de 120 MB (en realidade 120.375 MiB 6848 cilindros x 36 bloques/cilindro x 512 bytes, sendo o lector compatible cos disquetes estándar de 3½ polgadas).
Con todo, os fabricantes negábanse a suprimir a disqueteira dos seus equipos persoais pola compatibilidade e porque os departamentos da tecnoloxía da información de moitas empresas apreciaban un mecanismo de transferencia de arquivos integrado que sempre funcionase correctamente sen requirir ningún controlador. Apple Computer foi o primeiro fabricante que eliminou a disqueteira nun dos seus ordenadores coa chegada do modelo iMac en 1998, e Dell fixo que a disqueteira fose opcional nalgúns dos seus modelos en 2003. Con todo, ata a data, estes movementos aínda non marcaron o fin dos disquetes como medios populares de almacenamento e intercambio de datos.
Formatos
editarFormato do disquete | Ano de introdución | Capacidade de almacenamento (en kb se non está indicado) |
Capacidade comercializada |
---|---|---|---|
8-polgadas (só lectura) | 1969 | 80 | ← |
8-polgadas | 1972 | 183.1 | 1.5 Megabits |
8-polgadas | 1973 | 256 | 256 kB |
8-polgadas DD | 1976 | 500 | 0.5 MB |
5¼-polgadas (35 pistas) | 1976 | 89.6 | 110 kB |
8-polgadas de dúas caras | 1977 | 1200 | 1.2 MB |
5¼-polgadas DD | 1978 | 360 | 360 kB |
3½-polgadas HP dunha cara |
1982 | 280 | 264 kB |
3-polgadas | 1982 | 360 | ← |
3½-polgadas (posta á venda DD) | 1984 | 720 | 720 kB |
5¼-polgadas QD | 1984 | 1200 | 1.2 MB |
3-polgadas DD | 1984 | 720 | ← |
3-polgadas Mitsumi Quick Disk |
1985 | 128 to 256 | ← |
2-polgadas | 1985 | 720 | ← |
5¼-polgadas Perpendicular | 1986 | 100 MiB | ← |
3½-polgadas HD | 1987 | 1440 | 1.44 MB |
3½-polgadas ED | 1990 | 2880 | 2.88 MB |
3½-polgadas LS-120 | 1996 | 120.375 MiB | 120 MB |
3½-polgadas LS-240 | 1997 | 240.75 MiB | 240 MB |
3½-polgadas HiFD | 1998/99 | 150/200 MiB | 150/200 MB |
Acrónimos: DD =Dobre Densidade; QD= Cuádrupla Densidade; HD =Alta densidade ED=Densidade Estendida; LS= Servo Láser; HiFD = Disquete de alta capacidade
Formatos máis usados na súa época
editarTipo | Usado en | Sectores por pista |
pistas por cara | Capacidade | Taxa de transferencia de bits |
---|---|---|---|---|---|
Dobre densidade | P.C./XT | 8 | 40 | 160/320 KB | 250 KBit/s |
Dobre densidade | P.C./XT | 9 | 40 | 180/360 KB | 250 KBit/s |
Alta densidade | AT | 15 | 80 | 1,2 MB | 500 KBit/s |
Tipo | Usado en | Sectores por pista |
Pistas por cara | Capacidade | Taxa de transferencia de bits |
---|---|---|---|---|---|
Dobre densidade | P.C./XT | 9 | 80 | 720 KB | 250 KBit/s |
Alta densidade | AT | 18 | 80 | 1,44 MB | 500 KBit/s |
Alta densidade extra | AT | 36 | 80 | 2,88 MB | 1 MBit/s |
Desuso
editarO disquete considerouse na súa época como un dispositivo con gran capacidade de almacenamento, porén hoxe en día quedou obsoleto por almacenar pouca información para os padróns esixidos polo mercado. Outros soportes substituíron a súa función, tales como: correo electrónico, tarxeta de memoria (memory stick ou flash), pen drive (moitas veces en formato de chaveiro), CD-ROM e DVD regrabable etc.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para disquete.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Disquete |
Ligazóns externas
editarInformacións diversas en inglés Arquivado 13 de abril de 2020 en Wayback Machine.