Distrito de Santarém

distrito de Portugal que conforma o núcleo principal da provincia tradicional do Ribatexo

O distrito de Santarém é un distrito de Portugal, que conforma o núcleo principal da provincia tradicional do Ribatexo, incluíndo tamén concellos pertencentes á Beira Baixa e á Beira Litoral. Limita ao norte co Distrito de Leiria e o Distrito de Castelo Branco, ao leste co Distrito de Portalegre, ao sur co Distrito de Évora e o Distrito de Setúbal e ao oeste co Distrito de Lisboa e o Distrito de Leiria. Abrangue unha área de 6747 km², sendo así o 3º maior distrito portugués. Conta cunha poboación de 445.599 habitantes (2006) e a súa capital é a cidade de Santarém.

Modelo:Xeografía políticaDistrito de Santarém

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°14′N 8°41′O / 39.23, -8.68
EstadoPortugal Editar o valor en Wikidata
CapitalSantarém Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación57.398 (2018) Editar o valor en Wikidata (8,51 hab./km²)
Lingua usadaMinderico Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie6.747 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2PT-14 Editar o valor en Wikidata

O distrito de Santarém subdivídese nos seguintes 21 concellos:

Até 2002, o distrito integrábase case totalmente na rexión de Lisboa e Val do Texo, coa excepción de Mação, o único concello que pertencía á rexión Centro e á subrexión do Pinhal Interior Sul. Os restantes concellos constituían dúas subrexións de Lisboa e Val do Texo: Texo Medio e Lezíria do Texo.

Na actual división de Portugal en NUTS II, despois da redefinición das fronteiras e renomeamento da rexión de Lisboa e Val do Texo, o distrito pasou a repartirse entre as rexións Centro e Alentexo. Da Rexión Centro forman parte agora as subrexións do Texo Medio e Pinhal Interior Sul, e ao Alentexo pertence a subrexión da Lezíria do Tejo.

O castelo de Almourol no río Texo, preto de Vila Nova da Barquinha.

En resumo:

Patrimonio

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 1