Dominio de primeiro nivel

categoría máis alta na xerarquía de dominios de Internet

O dominio de primeiro nivel (en inglés Top Level Domain TLD) é un dos compoñentes dun enderezo de Internet, estes van separados por puntos, así por exemplo: gl.wikipedia.org, e precisamente o último é o que se denomina dominio de primeiro nivel, ou TLD. Por exemplo, no nome de dominio "gl.wikipedia.org", "org" é o TLD, ou dominio de primeiro nivel.

O sistema de nomes de dominio en Internet transforma os nomes de dominio en enderezos IP numéricos, permitindo así referirse a sitios web e outros recursos mediante nomes doados de lembrar en vez dos enderezos IP numéricos, como 207.142.131.245, que identifican cada ordenador. Este Sistema de Servidores de Nomes de Dominio (DNS, de Domain Name Server) constitúe unha xerarquía en forma de árbore: Cada TLD (p.ex. "org") inclúe moitos dominios de segundo nível (como "wikipedia" en "wikipedia.org"); cada dominio de segundo nível pode incluír moitos dominios de terceiro nível (p.ex. "gl.wikipedia.org" ou "it.wikipedia.org"), e así sucesivamente.

Os TLD pódense dividir en dúas clases: TLD de código de país (ccTLDs, de country code TLDs), como por exemplo pt, es e uk, e TLD xenéricos (gTLDs, de generic TLDs), como por exemplo com, org e net. Os ccTLDs teñen sempre dúas letras e os gTLDs teñen sempre máis de dúas letras. A capitalización é ignorada, de maneira que dá igual referirse a org que a ORG.

A xestión dos TLD é responsabilidade da IANA (Internet Assigned Numbers Authority, Autoridade de Números Asignados de Internet). Cada TLD é mantido por unha entidade distinta, que leva a concesión e revogación de dominios de segundo nível e mantén o seu rexistro.

Véxase tamén

editar
  NODES
Done 1
see 1