Donald Trump

presidente dos Estados Unidos de América de 2017 a 2021

Donald John Trump (pronunciado en inglés: [ˈdɒnəld d͡ʒɒn trʌmp]), nado en Nova York o 14 de xuño de 1946, é un executivo, empresario, político e escritor, presidente dos Estados Unidos de América entre 2017 e 2021 e presidente electo en 2024. É o fundador da empresa Trump Entertainment Resorts.[1]

Modelo:BiografíaDonald Trump

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Donald John Trump Editar o valor en Wikidata
14 de xuño de 1946 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Jamaica Hospital, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
47º Presidente dos Estados Unidos de América
20 de xaneiro de 2025 –
← Joe Biden
38º Presidente electo dos Estados Unidos
6 de novembro de 2024 –
← Joe Biden
45º Presidente dos Estados Unidos de América
20 de xaneiro de 2017 – 20 de xaneiro de 2021
← Barack ObamaJoe Biden →
36º Presidente electo dos Estados Unidos
9 de novembro de 2016 – 20 de xaneiro de 2017
← Barack ObamaJoe Biden →
Presidente The Trump Organization
1971 – 2017
Director executivo The Trump Organization
1971 –
Director
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaCasa Branca (2017–2021)
Mar-a-Lago
Queens
Nova York
Manhattan
Trump Tower
Palm Beach
Jamaica Estates Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoBranco estadounidense Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo non confesional Editar o valor en Wikidata
EducaciónWharton School - economía (1966–1968)
Universidade de Fordham (1964–1966)
The Kew-Forest School (–1964)
Academia Militar de Nova York (1959–1964)
Universidade de Pensilvania Editar o valor en Wikidata
Altura1.880 mm Editar o valor en Wikidata
Peso215 lb Editar o valor en Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor en Wikidata
Cor do peloLouro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBen inmoble, goberno, produción de televisión, política e comercio Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Washington, D.C. (2017–2021)
Nova York (1971–2017) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmagnate, escritor, produtor de cinema, actor, comerciante, director executivo, empresario, produtor de televisión, presentador de concursos, investidor, investidor inmobiliario, gastrónomo, político, emprendedor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorThe Trump Organization (1968–) Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano (2012–)
político independente (2011–2012)
Partido Republicano (2009–2011)
Partido Demócrata (2001–2009)
Partido da Reforma dos Estados Unidos de América (1999–2001)
Partido Republicano (1987–1999) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoHome Editar o valor en Wikidata
MovementoAntiglobalismo de dereita, Isolacionismo, patriotismo estadounidense, movemento antixénero, oposición á inmigración e populismo de dereita Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioJohn Barron
The Donald
John Miller
David Dennison Editar o valor en Wikidata
Salario base400.000 $ Editar o valor en Wikidata
Patrimonio estimado2.500 M$ (26 de marzo de 2022) Editar o valor en Wikidata
Deportegolf Editar o valor en Wikidata
Participou en
5 de novembro de 2024Eleccións presidenciais dos Estados Unidos de América de 2024
4 de abril de 2023acusación contra Donald Trump en Nova York
3 de novembro de 2020Eleccións presidenciais dos Estados Unidos de América de 2020
20 de xaneiro de 2020Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2020
2019escándalo Trump-Ucraína
12 de xuño de 2018Cumio dos Estados Unidos e Corea do Norte de 2018
23 de xaneiro de 2018Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2018
8 de novembro de 2016Eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2016 Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
FamiliaFamilia de Donald Trump Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMelania Trump (2005–)
Marla Maples (1993–1999), divorcio
Ivana Trump (1977–1990), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosDonald Trump, Jr.
 () Ivana Trump
Ivanka Trump
 () Ivana Trump
Eric Trump
 () Ivana Trump
Tiffany Trump
 () Marla Maples
Barron Trump
 () Melania Trump Editar o valor en Wikidata
PaisFred Trump Editar o valor en Wikidata  e Mary Anne MacLeod Editar o valor en Wikidata
IrmánsMaryanne Trump Barry
Robert Trump
Fred Trump Jr.
Elizabeth Trump Grau Editar o valor en Wikidata
ParentesJohn George Trump, tío paterno
Elizabeth Christ, avoa paterna
Jared Kushner, xenro
Lara Trump, nora
Vanessa Trump, nora
Mary L. Trump, sobriña
Donald Trump III, neto
John Whitney Walter, curmán entregue Editar o valor en Wikidata
Condenado por34 falsificación de documentos comerciais (2024) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
20 de xaneiro de 2025segunda investidura de Donald Trump
15 de setembro de 2024tiroteo no Trump International Golf Club
13 de xullo de 2024intento de asasinato de Donald Trump
13 de xaneiro de 2021-2021segundo impeachment de Donald Trump (pt) Traducir
24 de setembro de 2019-18 de decembro de 2019Processo de impeachment de Donald Trump (pt) Traducir
18 de xuño de 2019Campanha presidencial de Donald Trump em 2020 (pt) Traducir
30 de novembro de 2018Acordo Estados Unidos-México-Canadá (pt) Traducir
18 de maio de 2018United States withdrawal from Iran Deal (en) Traducir
1 de xuño de 2017Trump anuncia saída dos Estados Unidos do Acordo de Paris (pt) Traducir
20 de xaneiro de 2017Primeira investidura de Donald Trump
20172017 dismissal of U.S. attorneys (en) Traducir
16 de xuño de 2015campanha presidencial de Donald Trump em 2016 (pt) Traducir
2005Donald Trump and Billy Bush recording controversy (en) Traducir
7 de outubro de 1999-14 de febreiro de 2000Donald Trump 2000 presidential campaign (en) Traducir
Obama spying contra-Trump allegations (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia de Cirilo e Metodio
Never Enough: Donald Trump and the Pursuit of Success
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webdonaldjtrump.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0874339 Allocine: 35464 Rottentomatoes: celebrity/donald_j_trump Allmovie: p71941 Metacritic: person/donald-trump TV.com: people/donald-trump IBDB: 21682
Facebook: DonaldTrump Twitter: realDonaldTrump Instagram: realdonaldtrump Snapchat: realdonaldtrump Youtube: UCAql2DyGU2un1Ei2nMYsqOA TikTok: realdonaldtrump Twitch: donaldtrump BNE: XX1127639 Spotify: 23U808v5GbnGrEIqalCIXi iTunes: 501999712 Last fm: Donald+Trump Musicbrainz: 13dc1600-baca-4aaf-beee-fb000b66ae24 Discogs: 385236 Allmusic: mn0000740452 WikiTree: Trump-66 Deezer: 14744245 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Formación e carreira empresarial

editar

Estudou na escola militar de West Point. É o conselleiro delegado (en inglés, CEO) de The Trump Organization, unha compañía inmobiliaria, e o fundador de The Trump Entertainment, compañía dedicada a xestionar casinos. Fíxose especialmente famoso en televisión con The Apprentice (O Aprendiz), un reality show do que foi presentador, narrador e xuíz, ademais de produtor executivo, durante as tres primeiras temporadas. Donald Trump é coautor dun libro chamado Why we want you to be rich ("Por que queremos que ti sexas rico"), que coescribiuxunto co seu amigo Robert Kiyosaki.

Ademais, participou na Batalla dos millonarios contra Vince McMahon (presidente e accionista maior da WWE) en Wrestlemania 23. A batalla consistiu en que cada milmillonario era representado por un loitador, Bobby Lashley (chamado o Superman moreno) representando a Trump e Umaga representando a McMahon; a vitoria foi para Bobby Lashley e como consecuencia Vince McMahon foi rapado por completo, o invitado foi a lenda da loita libre Stone Cold Steve Austin, quen ten fortes rivalidades con Vince McMahon. Esta particular loita foi o grande evento do 1 de abril de 2007.

Carreira política

editar
 
Chapa da campaña de Reagan co lema 'Fagamos os EUA grandes outra vez', que inspirou o lema de Trump. Outros precedentes dun lema similar remóntanse á década de 1920.

Trump iniciou a súa carreira política cando anunciou a súa candidatura á presidencia dos Estados Unidos en xuño de 2015 como representante do Partido Republicano. Co seu lema "Make America Great Again" (MAGA), enfocou a súa campaña en temas como a inmigración, a economía e a desregulación. Venceu nas eleccións presidenciais de novembro de 2016, derrotando á candidata demócrata Hillary Clinton, e tomou posesión como o 45º presidente dos EUA o 20 de xaneiro de 2017. A súa presidencia estivo marcada por políticas internas controvertidas e un enfoque de America First ("América Primeiro") na política exterior.[2]

 
Escenario do atentado contra Donald Trump. Ademais do candidato republicano, foron acadados tres homes, resultando morto un deles.[3]

Despois de perder as eleccións en 2020 contra Joe Biden, volveuse presentar nas eleccións presidenciais de novembro de 2024 contra a candidata demócrata Kamala Harris, que volveu gañar Trump, após unha campaña axitada na que tivo un papel destacado o magnate de orixe surafricana Elon Musk[4] e que incluíu un atentado no que foi ferido na orella dereita.

Política internacional

editar
 
Donald Trump recibido por Kim Jong Un o mércores 27 de febreiro de 2019 en Hanoi, Vietmam, para a súa segunda reunión cumio. (Foto oficial da Casa Branca)

Durante a súa presidencia, Trump adoptou un enfoque de política exterior que moitas veces se caracterizou por ser unilateral e de confrontación. Realizou unha serie de achegamentos a líderes usualmente considerados autoritarios, incluíndo tentativas de diálogo con Kim Jong-un de Corea do Norte[5] e unha postura conciliadora cara a Vladimir Putin, aínda que estas relacións foron complexas e obxecto de crítica dentro e fóra dos Estados Unidos. Con China, Trump iniciou a súa presidencia impondo tarifas e demandando negociacións comerciais que aumentaron as tensións, aínda que non escalou a conflitos abertos.[6]

Ademais, a administración Trump caracterizouse por unha postura de retirada de importantes acordos e tratados internacionais. En política ambiental internacional Trump retirou oficialmente aos Estados Unidos do Acordo de París sobre o cambio climático, argumentando que era desfavorable para a economía estadounidense e negou repetidamente a existencia dun cambio climático antropoxénico.[7]

Tamén abandonou o Plan de Acción Integral Conxunto (Acordo Nuclear con Irán) acordado por Barack Obama, reforzando unha política de "máxima presión" contra Irán.[8]

Na OTAN, Trump acusou aos outros membros de manter un gasto insuficiente en defensa, tanto no seu primeiro mandato como durante a campaña e logo de ser electo en 2024.[9] Tamén tentou impór aranceis a produtos europeos, aumentando as tensións transatlánticas.[10] En relación cos veciños de Norteamérica, Trump mantivo tensións comerciais e políticas tanto con Canadá como con México, chegando a renegociar o Tratado de libre comercio de América do Norte,[11] resultando no USMCA (Acordo Estados Unidos-México-Canadá).

Ademais, as súas declaracións despectivas sobre Estados-nación como os países africanos, Haití e Porto Rico (Estado asociado aos EUA) suscitaron indignación internacional e doméstica.[12][13] Na súa visión de política exterior, Trump pareceu favorecer un retorno ás "esferas de influencia", un punto que podería aliñarse con as visións de Putin, aínda que isto resultou controvertido en canto ás relacións internacionais tradicionais dos EUA.[14]

En Oriente Medio, Trump mostrou un claro apoio a Arabia Saudita e Israel, recoñecendo Xerusalén como a capital única do Estado israelí e non de Palestina, e causando controversia internacional.[15][16]

Afirmou tamén que podería rematar coa guerra en Ucraína "ás 24 horas" da súa nova posesión.[17]

Controversias e problemas xudiciais

editar

Donald Trump estivo envolto en numerosas controversias e problemas xudiciais. Un dos máis destacados foi a investigación sobre a interferencia rusa nas eleccións de 2016, que desembocou nunha investigación extensa dirixida polo fiscal especial Robert Mueller. A pesar de que o informe final non estableceu que houbese conspiración co goberno ruso, citou varios casos de posible obstrución á xustiza por parte de Trump.[18]

En 2015, o cociñeiro de orixe asturiana José Andrés planeaba abrir un restaurante no Trump International Hotel en Washington, D.C. Despois de que Trump fixera comentarios despectivos sobre os inmigrantes mexicanos, Andrés retirouse do contrato, polo que foi denunciado, e el mesmo presentou unha contra-demanda. As partes chegaron a un acordo en abril de 2017. O hotel de Trump pechou, foi vendido a CGI Merchant Group, e reaberto en 2022.[19] [20] Andrés anunciou que volvería alí para abrir o restaurante.[21]

Tamén en 2022, a empresa de Trump foi condenada por esquema de fraude fiscal.[22]

Ademais, Trump enfrontou varios litixios civís e criminais que incluían cuestións sobre a súa fundación, prácticas empresariais e acusacións sobre o manexo de documentos clasificados tras deixar o cargo. Outra grave controversia xurdiu co seu apoio tácito e, a veces, explícito, ao asalto ao Capitolio o 6 de xaneiro de 2021. Ademais, Trump foi acusado reiteradamente de promover noticias falsas (fake news) e desinformación, especialmente en relación coa integridade do proceso electoral nos EUA e a pandemia de COVID-19.

O 9 de maio de 2023, un xurado concedeulle 5 millóns de dólares á xornalista E. Jean, considerando a Donald Trump culpable de difamación e abuso sexual contra ela.[23]

Acusacións de racismo á familia Trump

editar

Trump e os seus antepasados directos (pai e avó) foron acusados de racismo en varias ocasións ao longo das súas carreiras empresariais e política.

Protestas contra Trump cantando a canción de Woody Guthrie "This Land Is Your Land" no aeroporto JFK.

As acusacións remóntanse aos anos 70 cando a empresa de Trump foi demandada polo Departamento de Xustiza dos EUA por supostamente discriminar a inquilinos afroamericanos e hispanos nos seus complexos de apartamentos. O caso rematou cun acordo no que a empresa Trump acordou non discriminar sen admitir culpabilidade.[24]

Ademais, o pai de Donald Trump, Fred Trump, foi arrestado durante unha manifestación do Ku Klux Klan en Queens en 1927, aínda que non hai evidencias claras de que fose membro do KKK. Este evento histórico foi citado frecuentemente como contexto sobre as actitudes raciais na familia Trump.[25]

O músico folk americano Woody Guthrie escribiu letras criticando a Fred Trump, a quen acusou de segregacionismo nas súas urbanizacións.[26]

  1. Hoover's coverage by Diane Ramirez (2 de xaneiro de 2008). Hoovers.com, ed. "The Trump Organization information and related industry information from Hoover's United Kingdom (UK)". Consultado o 25 de xullo de 2015. 
  2. Rauchway, Eric (2016-05-06). "How 'America First' Got Its Nationalistic Edge". The Atlantic (en inglés). Consultado o 2025-01-02. 
  3. PODER360 (2024-07-14). "“Inaceitável”, diz Lula sobre ataque a Trump". Poder360 (en portugués). Consultado o 2025-01-02. 
  4. "X puede ser una víctima de la guerra que Elon Musk tanto desea". www.elsaltodiario.com (en local). Consultado o 2025-01-02. 
  5. "El sorprendente giro de Corea del Norte: Kim Jong-un se abre al diálogo con Estados Unidos y a renunciar a su programa nuclear si se garantiza la continuidad de su gobierno". BBC News Mundo (en castelán). Consultado o 2025-01-02. 
  6. Diamond, Jeremy (2018-03-22). "Trump hits China with tariffs, heightening concerns of global trade war | CNN Politics". CNN (en inglés). Consultado o 2025-01-02. 
  7. "Trump vuelve a negar el cambio climático. Y los científicos le responden". National Geographic España (en castelán). 2018-11-22. Consultado o 2025-01-02. 
  8. Ahrens, Jan Martínez (2018-05-09). "Trump rompe el pacto nuclear con Irán y restablece las sanciones". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2025-01-02. 
  9. MUNDIARIO (2024-12-22). "Trump presiona a los países de la OTAN para que aumenten su gasto en defensa". MUNDIARIO (en castelán). Consultado o 2025-01-02. 
  10. "Preocupación en Europa polo impacto da política económica de Trump". G24. Consultado o 2025-01-02. 
  11. "Estados Unidos inicia oficialmente el proceso para renegociar el crucial TLCAN y México dice que está "listo"". BBC News Mundo (en castelán). Consultado o 2025-01-02. 
  12. "Trump referred to Haiti and African nations as 'shithole' countries". NBC News (en inglés). 2018-01-12. Consultado o 2025-01-02. 
  13. Infobae, Por Newsroom (2024-10-28). "Trump y Puerto Rico, una relación convulsa plagada de desprecios". infobae (en castelán). Consultado o 2025-01-02. 
  14. Edwards, Darya Tarasova,Lauren Kent,Christian (2024-11-28). "Putin dice que Trump es una persona "inteligente y experimentada" que "encontrará una solución"". CNN (en castelán). Consultado o 2025-01-02. 
  15. DC, Román Lejtman Corresponsal en Washington (2024-12-15). "Trump se apoyará en Israel y Arabia Saudita para ejecutar una agenda en Medio Oriente que contenga a Irán y sus aliados terroristas". infobae (en castelán). Consultado o 2025-01-02. 
  16. Liebermann, Oren (2017-12-06). "¿Por qué declarar a Jerusalén capital de Israel es tan controversial?". CNN (en castelán). Consultado o 2025-01-02. 
  17. Antonov, Dmitry. "“Sejamos realistas“ diz Rússia sobre plano de Trump para acabar com a guerra na Ucrânia". CNN Brasil (en portugués). Consultado o 2025-01-02. 
  18. "Mueller concluye que no hubo Rusiagate​ aunque no exonera a Trump de obstrucción a la Justicia". es.linkedin.com (en castelán e inglés). Consultado o 2025-01-02.  Carácter espazo nulo en |título= na posición 39 (Axuda)
  19. "Trump International Hotel Washington D.C. to Be Renamed and Branded As a Waldorf Astoria Hotel". www.hotelnewsresource.com. Consultado o 2024-12-25. 
  20. "Trump Completes Sale of Washington Hotel to Investor Group (Published 2022)" (en inglés). 2022-05-11. Consultado o 2024-12-25. 
  21. Plumb, Tierney (2023-02-08). "The Bazaar by José Andrés Debuts Downtown With a Parade of Avant-Garde Delights". Eater DC (en inglés). Consultado o 2024-12-25. 
  22. "Empresa de Trump é condenada por esquema de fraude fiscal". Agência Brasil (en portugués). 2022-12-07. Consultado o 2025-01-02. 
  23. Hymes, Clare; Kates, Graham; Stevens, Nia (2023-05-09). "Trump liable in E. Jean Carroll case for sexual abuse, defamation - CBS News". www.cbsnews.com (en inglés). Consultado o 2025-01-02. 
  24. "Major Landlord Accused of Antiblack Bias in City". www.nytimes.com ; archives. Consultado o 2 de xaneiro de 2025. 
  25. "Pai de Trump foi preso em ato da Ku Klux Klan na década de 20, mostram arquivos da época". noticias.uol.com.br (en portugués). Consultado o 2025-01-02. 
  26. Kaufman, Will (2016-01-21). "Woody Guthrie, ‘Old Man Trump’ and a real estate empire’s racist foundations". The Conversation (en inglés). Consultado o 2025-01-02. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Barack Hussein Obama
 
Presidente dos Estados Unidos de América

2017 - 2021
Sucesor:
Joe Biden

 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  NODES
dada 1
dada 1
Done 1
eth 2
News 8
orte 7
see 1
twitter 1