Dragon Ball GT
anime continuación oficial da franquía Dragon Ball
Dragon Ball GT (ドラゴンボールGT Doragon Bōru Jī Tī?) é un anime creado polo estudio de animación xaponés, Toei Animation como continuación oficial da franquía Dragon Ball, iniciada orixinalmente por Akira Toriyama. É unha serie derivada de Dragon Ball Z.
Dragon Ball GT | |
---|---|
ドラゴンボールGT (Doragon Bōru Jī Tī) | |
Anime Dragon Ball GT | |
Dirixido por | Daisuke Nishio Osamu Kasai |
Estudio | Bird Studio Toei Animation |
Canle televisiva | Fuji Tv |
Primeira emisión | 7 de febreiro de 1996 |
Última emisión | 19 de novembro de 1997 |
Núm. de capítulos | 64 |
Sinopse
editarA historia parte do final acontecido en Dragon Ball Z, unha década despois da vitoria dos guerreiros Z sobre Majin Boo. Así, Dragon Ball GT iníciase cando Pilaf logra atopar as Bólas do Dragón de estrela negra e o Shenron vermello converte accidentalmente a Son Goku en neno. Pouco despois, as bólas máxicas esparéxense polo universo enteiro e deben ser recollidas nun prazo menor a un ano ou a Terra será destruída.
Personaxes principais
editar- Artigo principal: Lista de personaxes de Dragon Ball.
- Son Goku : É o protagonista da serie. En GT, con máis de 50 anos de vida, foi convertido en neno por un desexo de Pilaf, polo que ten que embarcarse nunha viaxe polo universo para atopar as Bólas máxicas antes dun ano
- Pan: A filla de Son Gohanda e neta de Goku logra agocharse na nave, acompañándoos na viaxe.
- Toranks: Fillo de Vexeta e Bulma, foi un dos elixidos para acompañar a Goku na viaxe.
- Vexeta: O rival de Goku, queda na Terra mentres el viaxa. É atacado e posuído por Bebé coa intención de destruír a Goku e a todos os Guerreiros do espazo.
- Gil Gil: É un robot que Goku e compaña atopan case sen enerxía durante a busca das Bólas do Dragón. Asimila o Radar do dragón para alimentarse. Acompaña ós heroes xa que é o único xeito de atopar as Bólas do Dragón.
- Bebé: O principal antagonista da saga. É un tsufur do antigo Planeta Plant (tamén coñecido como planeta Vexeta), cuxa única ambición é vingarse dos Guerreiros do espazo.
- Oob: é un dos guerreiros que axuda a Goku nas aventuras. Cando (coa axuda de Majin Boo) case morre polo poder de Bebé, Majin Boo sacrifícase para salvar a Oob fusionándose con el para formar un guerreiro máis forte, Majoob, e axuda a Pan e ó Señor Satán a sobrevivir no planeta infestado por Bebé.
- Son Gohanda: Fillo máis vello de Son Goku e pai de Pan, non ten unha maior participación na serie pero é considerado como un dos guerreiros máis poderosos, é controlado por Bebé para destruír a Son Goku, aparece como un sabio recoñecido.
- Son Goten: É o segundo fillo de Son Goku e o irmán máis novo de Son Gohanda, tampouco ten unha gran participación na serie debido á falta de adestramento, é posuído por bebé para destruír a Son Goku, ía a ser incluído na viaxe para acompañar a Goku e a Toranks e reunir as Bólas, pero antes de entrar na nave Pan acende o motor e é deixado na Terra por accidente.
- C-18: É a esposa de Krilín e a nai de Marron. Durante a saga Súper C-17 mata a Krilín ante os seus ollos. Decide vingar ó seu marido, pero é derrotada. Máis adiante axuda a Goku a destruír a Súper C-17, e finalmente derrótano xuntos.
Lista de episodios
editar- Artigo principal: Lista de episodios de Dragon Ball GT.
Dobraxe
editar- Estudio: CTV S.A. (Santiago de Compostela)
- Data: 1997
- Dirección: Antón Rubal.
- Elenco da dobraxe:
Personaxe | Actor de dobraxe |
Actor orixinal (Seiyū) |
---|---|---|
Narrador | Antón Rubal | Jōji Yanami |
Son Goku | Antón Rubal | Masako Nozawa |
Son Goku (neno) | Ana Ouro | Masako Nozawa |
Pan | Ana Santos | Kōzō Shioya |
Toranks | Nacho Castaño | Takeshi Kusao |
Vexeta | Suso Álvarez | Ryō Horikawa |
Bulma | Ana Lemos | Hiromi Tsuru |
Son Gohanda | Antón Xa López | Masako Nozawa |
Son Goten | Norberto Vilanova | Masako Nozawa |
Chichi | Teresa Santamaría | Naoko Watanabe |
Videl | Isabel Vallejo | Yūko Minaguchi |
Bra | Carolina Vázquez | Hiromi Tsuru |
Mestre Mutenroi | ? (cap. 1) | Hiroshi Masuoka |
Mestre Mutenroi | Fermín Encinar (cap. 64) | Hiroshi Masuoka |
Oob | Raúl Dans | Atsushi Kisaichi |
Piccoro | Coté Sansegundo | Toshio Furukawa |
Krilín | Óscar Fernández | Mayumi Tanaka |
C-18 | Ana Lemos | Miki Itō |
Maroon | Isabel Vallejo | Tomiko Suzuki |
C-17 | Antón Olmos | Shigeru Nakahara |
Pilaf | Miguel López Varela | Shigeru Chiba |
Shu | Matías Brea | Tesshō Genda |
Mai | Patricia de Lorenzo | Eiko Yamada |
Bu | Xoán Carballido | Kōzō Shioya |
Dende | Chema Gagino | Hiro Yūki |
Señor Popo | Xosé María López Baño (Tanas) | Toku Nishio |
Señor Satán | Fermín Encinar | Daisuke Gōri |
Mestre Kaioh | Xosé Ramón Lojo | Jōji Yanami |
Mestre Kaioh | Miguel López Varela (cap. 2) | Jōji Yanami |
Gil-Gil | Xoán Carballido | Shinobu Satōchi |
Don Kir | Xosé María López Baño (Tanas) | Kōji Totani |
Sheila | Isabel Vallejo | Megumi Urawa |
Gale | Xoán Diéguez | Yasuhiko Kawazu |
Lezick | Matías Brea | Kazuyuki Sogabe |
Zunama | Ramiro Taboada | Fûrin Cha |
Doma | Antón Rubal | Nobuhiko Kazama |
Leena | Isabel Vallejo | Miki Itô |
Son Para | Matías Brea | Bin Shimada |
Bon Para | Xoán Diéguez | Yukitoshi Hori |
Don Para | Alfonso Agra | Kazunari Tanaka |
Mute Mote/Varon Mute | Ramiro Taboada | Takeshi Watabe |
Doltaki | Xosé María López Baño (Tanas) | Hirotaka Suzuoki |
Doutor Myu | Miguel Pernas | Kazuyuki Sogabe |
Xeneral Lilde | Fermín Encinar | Kiyoyuki Yanada |
Bebé | César Cambeiro | Yūsuke Numata |
Neno posuído por Bebé | Xulia Diz | ? |
Pares | Carolina Vázquez | Natsumi Yanase |
Vello Kaioh | Miguel López Varela | Reizō Nomoto |
Kibitokaioh | Chema Gagino | Shinichiro Yoda |
Sugoro | Matías Brea | Bin Shimada |
Presentador do torneo | Antón Olmos | Yukimasa Kishino |
Doutor Guero | Ramiro Taboada | Kōji Yada |
Freezer | Julio Lorenzo | Ryūsei Nakao |
Célula | Alfonso Agra | Norio Wakamoto |
Lord Enma | Xoán Diéguez | Daisuke Gōri |
Nappa | Xoán Diéguez | Kiyoyuki Yanada |
Dragón Shenron escuro | ? | Daisuke Gôri |
Dragón 2 estrelas | Xoán Carballido | Fûrin Cha |
Dragón 5 estrelas | Xosé María López Baño (Tanas) | Hirotaka Suzuoki |
Princesa Otto | Nora Abad | Masako Katsuki |
Dragón 6 estrelas | Ramiro Taboada | Ryûzaburô Ôtomo |
Dragón 7 estrelas | Xoán Diéguez | Shin Aomori |
Dragón 4 estrelas | Gonzalo Faílde | Ken Yamaguchi |
Dragón 4 estrelas | Alfonso Agra (substitución) | Ken Yamaguchi |
Dragón 3 estrelas | Ramiro Taboada | Kaneto Shiozawa |
Dragón 1 estrela | Xoán Carballido | Hidekatsu Shibata |
Dragón Shenron | Manuel Botana | Kenji Utsumi |
Tartaruga | Xoán Carballido | Daisuke Gōri |
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Dragon Ball : O manga
- As bóla máxicas : A primeira parte do anime
- Dragon Ball Z : A segunda parte do anime
- Dragon Ball Z Kai : Adaptación remasterizada de Dragon Ball Z
- Xabarín Club
- Dragon Fall
- Neko Majin Z