Duma Estatal

cámara baixa da Federación Rusa

A Duma Estatal (en ruso: Государственная дума, tr.: Gosudárstvennaya duma, abreviatura habitual: Госдума, tr.: Gosduma) é a cámara baixa da Federación Rusa, onde o parlamento se coñece como Asemblea Federal de Rusia, sendo a cámara alta o Consello da Federación Rusa. A súa sede está en Moscova.

Emblema da Duma Estatal

Poderes da Duma Estatal

editar

A Duma Estatal ostenta os seguintes poderes:

  • aprobar leis federais (por maioría dos deputados) e leis constitucionais, que deben ser aprobadas polo Consello da Federación Rusa e firmadas polo Presidente de Rusia.
  • anular o veto do Consello da Federación Rusa a unha lei federal por maioría de dous terzos.
  • anular o veto do Presidente de Rusia a leis federais por maioría de dous terzos xunto con tres cuartas partes dos votos dos membros do Consello da Federación Rusa.
  • comezar o procedemento de censura contra o Presidente de Rusia por maioría de dous terzos.

Segundo a Constitución da Federación Rusa de 1993, a Duma Estatal está composta por 450 deputados (artigo 95), elixidos para un período de catro anos (artigo 96). Os cidadáns rusos a partir de 21 anos poden ser elixidos para a Duma (artigo 97).

Composición

editar
  Duma Estatal de
Rusia en 2007
 
     Rusia Unida     Partido Comunista      Partido Liberal Democrático     Rusia Xusta

Véxase tamén

editar

Artigos relacionados

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 1