Dunga
Carlos Caetano Bledorn Verri, coñecido como Dunga, nado en Ijuí, Río Grande do Sur, o 31 de outubro de 1963, é un adestrador e exfutbolista brasileiro que xogaba como centrocampista defensivo. Comezou a súa carreira no Inter de Porto Alegre, vestindo máis tarde as camisetas doutros oito clubs, sendo a Fiorentina o equipo no que máis tempo permaneceu, e do que chegou a ser o capitán.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (pt-br) Carlos Caetano Bledorn Verri 31 de outubro de 1963 (61 anos) Ijuí, Brasil (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 177 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 77 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, xornalista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Brasil | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Fußball-Bundesliga | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1998 | Mundial de Fútbol Francia 1998 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1994 | Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1990 | Mundial de Fútbol Italia 1990 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1984 | Xogos Olímpicos de 1984 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sitio web | capitaodunga.com.br | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Con todo, é máis lembrado polo seu paso pola selección brasileira, coa que participou en tres Copas do Mundo. Capitaneou a canarinha no Mundial de 1994, formando parella de mediocentros con Mauro Silva, e proclamouse campión tras derrotar na final a Italia. Foi o capitán do Brasil tamén na final do Mundial de 1998, perdida ante Francia, e conquistou ademais dúas Copas América, unha Copa Confederacións e a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 1984.
É, xunto con Xavi, un dos dous únicos homes que disputou unha final dun Mundial, unha final olímpica, unha final da Copa Confederacións e unha final dun campionato continental. Como adestrador dirixiu en dúas etapas á selección brasileira, guiándoa á vitoria na Copa América de 2007 e na Copa Confederacións de 2009, e participou no Mundial de 2010, caendo nos cuartos de final.[1][2] Tamén foi adestrador do Internacional entre 2012 e 2013.
Traxectoria
editarComo futbolista
editarComezos no Inter
editarFillo do futbolista Edelceu Verri e sobriño do tamén futbolista Marimba, comezou a xogar ao fútbol en equipos modestos antes de ingresar na canteira do Inter de Porto Alegre. O 6 de setembro de 1981 debutou co primeiro equipo, nun partido do Campionato Gaúcho diante do São Borja, entrando ao campo como substituto de Jaiminho.[3] O equipo proclamouse ese ano campión gaúcho. En 1982 disputou o seu primeiro encontro no Campionato Brasileiro, substituíndo a Cléo Hickman nun partido ante o Grêmio Maringá.[4] En 1983 subiu definitivamente ao primeiro equipo e xogou como titular tres partidos na parte final do Campionato Gaúcho, torneo que axudou a conquistar. Ao ano seguinte disputou 13 partidos oficiais e varios amigables, a maioría deles como titular, antes de deixar o club pouco despois do inicio do Gaúcho 1984.
Corinthians
editarEn 1984 os seus dereitos foron adquiridos pola Fiorentina, que, con todo, deixouno xogar varios anos máis no Brasil co fin de velo madurar.[5][6] Así, do Inter pasou ao Corinthians, co que debutou o 14 de outubro de 1984, nunha derrota por 1-0 ante o São Paulo en partido do Campionato Paulista, e fíxose rapidamente coa titularidade.[7] Saíu de inicio na última xornada contra o Santos, á que ambos equipos chegaron empatados a puntos, formando no medio do campo xunto a Biro-Biro, Arturzinho e Zenon. Serginho Chulapa marcou para o Santos o único gol do partido, dándolle o título ao Peixe.
Xogou un total de 61 partidos co equipo paulista, 57 deles como titular, e marcou 5 goles. Militou no Corinthians ata comezos de 1986, cando foi traspasado ao Santos xunto a Serginho e Hugo De León.[7]
Santos
editarNo equipo alvinegro xogou 40 partidos oficiais, nos que marcou catro goles. En ocasións formou unha dupla no medio do campo xunto a César Sampaio, dupla que sería a titular anos despois na selección brasileira. Acadou a fase final do Campionato Paulista de 1986, caendo nas semifinais contra o Inter de Limeira que adestraba Pepe e que sería o campión final.
Vasco da Gama
editarEn febreiro de 1987 fichou polo Vasco da Gama, co que debutou o 26 dese mes nun partido do Campionato Carioca diante do Goytacaz.[8] Asinou un contrato por seis meses que non chegou a cumprir, pois unha cláusula obrigábao a deixar o club no momento que fose reclamado pola Fiorentina.[9][10] Nos cinco meses que xogou no Río de Xaneiro coincidiu por primeira vez con Romário, co que se asociou tamén pouco despois na selección brasileira. Disputou 19 partidos do Campionato Carioca, título que o Vasco acabou gañando, aínda que Dunga non chegou a disputar a fase final, pois deixou o equipo rumbo a Europa uns días antes.
Pisa
editarEn 1987 a Fiorentina cedeuno ao Pisa, que militaba por aquel entón na máxima categoría italiana. Debutou no fútbol italiano na primeira xornada da tempada 1987/88 da Serie A, na derrota por 1-3 diante do Milan de Arrigo Sacchi. Xogou un total de 28 partidos no equipo adestrado por Giuseppe Materazzi, co que marcou tres goles.
Fiorentina
editarPara a tempada 1988/89 entrou finalmente nos plans da Fiorentina, dirixida por Sven-Göran Eriksson, catro anos despois de que o club adquirise os seus dereitos. Xogou no equipo toscano durante catro tempadas, compartindo equipo entre outros con Luboš Kubík, Roberto Baggio, Gabriel Batistuta ou o seu compatriota Mazinho. Na súa segunda tempada en Florencia proclamouse subcampión da Copa da UEFA, despois de perder a final contra a Juventus.[11] Nas súas últimas dúas campañas no club, actuou como capitán, sucedendo a Sergio Battistini. Disputou un total de 154 partidos oficiais coa camiseta violeta, nos que marcou 12 goles.
En 1992 o vicepresidente Cecchi Gori decidiu desfacerse dos seus servizos. Dunga acusou ao directivo de telo tentado convencer para espiar aos seus compañeiros, e de querer vendelo despois de que o centrocampista se negase.[12] Finalmente, saíu cedido ao Pescara, tamén da Serie A.
Pescara
editarInmediatamente trala súa chegada a Pescara, en novembro de 1993, converteuse en titular indiscutible no equipo de Giovanni Galeone. Compartiu centro do campo con Massimiliano Allegri e disputou un total de 23 partidos, nos que marcou 3 goles. O cambio de adestrador coa chegada de Vincenzo Zucchini non serviu para manter a categoría, e o conxunto abrucés acabou descendendo á Serie B.
VfB Stuttgart
editarEn 1993, tralo descenso do Pescara, saíu de novo cedido, desta vez ao VfB Stuttgart, equipo da Bundesliga. Militou durante dúas campañas no club alemán, xogando un total de 56 partidos nos que marcou 8 goles.
Júbilo Iwata
editarEn 1995 deixou Europa para iniciar unha experiencia no fútbol asiático, asinando co Júbilo Iwata, da liga xaponesa. Disputou catro tempadas do campionato nipón e xogou un total de 128 oficiais co club entre tódalas competicións, marcando 12 goles. Na tempada 1997 proclamouse campión de liga e foi elixido mellor xogador do campionato.[13][14] Na seguinte tempada acabou subcampión de liga, sendo elixido no once ideal do torneo,[14] e gañou a Copa J.League, tras derrotar na final ao JEF United.[15]
Retirada no Internacional
editarEn 1999 regresou ao seu primeiro equipo, o Internacional, onde xogou ata a súa retirada ao ano seguinte. Capitaneou o equipo de Porto Alegre na final do Campionato Gaúcho, perdéndoa diante do seu máximo rival, o Grêmio. No Campionato Brasileiro dese ano marcou un só gol, pero foi un dos máis importantes da súa carreira, pois foi o gol da vitoria na derradeira xornada fronte ao Palmeiras e supuxo evitar o descenso do equipo á Serie B.[16]
Selección brasileira
editarSeleccións xuvenil e olímpica
editarEn 1983 disputou coa selección xuvenil a Copa do Mundo da categoría, exercendo como capitán e levantando o trofeo tras vencer na final á Arxentina. Un ano despois participou nos Xogos Olímpicos dos Ánxeles, obtendo a medalla de prata tras caer na final con Francia.
Mundial de 1990
editarEn 1987 debutou coa selección brasileira absoluta, coa que xogou 91 partidos durante os seguintes 11 anos, marcando seis goles.[17] En 1989 gañou o seu primeiro título con esta, a Copa América, ao derrotar ao Uruguai no estadio do Maracanã do Río de Xaneiro.
No Mundial de 1990 foi titular en tódolos encontros do Brasil, que completou a súa peor actuación nunha Copa do Mundo dende 1966, caendo eliminado nos oitavos de final ante a Arxentina. Culpado da eliminación do seu equipo, durante os seguintes anos foi constantemente sinalado pola prensa brasileira, debido ao seu estilo de xogo presuntamente "matón". Este período da historia do fútbol brasileiro foi coñecido como "Era Dunga", pois segundo os afeccionados e xornalistas, o centrocampista simbolizaba o estilo pouco emocionante, lento, duro, directo e defensivo que o equipo adoptara.[18] Con todo, Dunga cumpría o seu papel no medio campo de forma eficaz, debido á súa capacidade para romper o xogo e, posteriormente, iniciar ataques cos seus pases. A pesar da súa infame reputación, o novo seleccionador, Carlos Alberto Parreira, mantivo a Dunga como un dos once titulares nos partidos de clasificación para o Mundial de 1994 e logo no propio torneo, celebrado nos Estados Unidos.
Mundial de 1994
editarRaí comezou inicialmente o Mundial de 1994 como capitán da selección brasileira, pero despois de ser responsabilizado das malas actuacións do equipo no inicio do torneo, foi relegado ao banco e substituído por Mazinho. Dunga colocou o brazalete de capitán dende o inicio da fase eliminatoria e liderou o equipo ata a fin do torneo, incluída a final contra Italia. Anotoulle a Pagliuca o terceiro lanzamento na quenda de penaltis da final, despois de que o partido acabase sen goles, e foi o encargado de levantar o trofeo tras proclamarse campión.
Segundo a FIFA, a falta de xogo ofensivo na final do torneo debeuse en boa parte ao bo traballo de contención no medio do campo de Dino Baggio por parte italiana, e de Dunga e Mauro Silva polos brasileiros.[19][20][21] Dunga foi elixido no once ideal do torneo.[22]
Mundial de 1998
editarDunga continuou como capitán nos seguintes catro anos e portou o brazalete no Mundial de 1998, para o que foi convocado por Zagallo a pesar de militar naquel momento na J. League xaponesa, considerada de nivel menor. No partido da primeira fase contra Marrocos, Dunga pelexou co seu compañeiro Bebeto, tendo que ser separados polos seus compañeiros. A pesar das dificultades do equipo, o Brasil chegou de novo á final do torneo, onde perdeu 3-0 ante a anfitrioa, Francia. De camiño á final, Dunga anotou o cuarto lanzamento do seu equipo na quenda de penaltis das semifinais ante os Países Baixos.[19][20] Foi de novo elixido no once ideal do torneo.[23]
Como adestrador
editarPrimeira etapa na selección
editarO 24 de xullo de 2006, seis anos despois da súa retirada e a pesar de non ter experiencia previa como adestrador, foi nomeado novo seleccionador do Brasil, en substitución de Carlos Alberto Parreira. Comezou o seu paso pola dirección da selección con catro vitorias nos seus cinco primeiros partidos, incluída unha goleada por 3-0 sobre o seu rival histórico, a Arxentina.
En 2007 dirixiu á canarinha na conquista do seu segundo título consecutivo da Copa América, ao vencer na final á Arxentina por 3-0. Ademais dirixiu a selección sub-23 nos Xogos Olímpicos de Pequín, onde chegou ata as semifinais, sendo derrotados pola Arxentina, e conseguindo finalmente a medalla de bronce. En 2009 gañou a Copa Confederacións en Suráfrica, batendo na final aos Estados Unidos, despois de remontar un 2-0 adverso.
No Mundial de 2010 o Brasil de Dunga chegou aos cuartos de final, onde sufriu unha derrota por 2-1 ante os Países Baixos. Trala eliminación, foi destituído pola CBF o 24 de xullo de 2010.[24]
Internacional
editarO 12 de decembro de 2012 foi anunciado como novo adestrador do Internacional de Porto Alegre, equipo no que colgara as botas 12 anos antes.[25] Proclamouse campión do Campionato Gaúcho, pero o 3 de outubro de 2013 foi despedido tras unha serie de malos resultados no Campionato Brasileiro.[26]
Regreso á selección
editarO 22 de xullo de 2014 anunciouse o seu regreso ao banco da selección brasileira, en substitución de Luiz Felipe Scolari.[27]
Copa América 2015
editarIniciou a súa segunda etapa como seleccionador con 11 vitorias consecutivas, unha xeira que se cortou no segundo partido da Copa América 2015, perdendo ante Colombia na fase de grupos.[28] O equipo brasileiro chegou ata os cuartos de final, onde foi eliminado por Paraguai, tras empatar a un gol e perder na quenda de penaltis.[29] Deste xeito, a selección brasileira non puido clasificarse para a Copa Confederacións por primeira vez en case 20 anos.[30]
Copa América Centenario
editarUn ano despois o equipo de Dunga participou na Copa América Centenario, quedando eliminado inesperadamente na fase de grupos, despois dunha polémica derrota ante o Perú.[31] Esta derrota, a primeira do Brasil ante os peruanos desde 1985, supuxo a primeira eliminación da canarinha na fase de grupos desde 1987.[32][33][34] O 14 de xuño de 2016 a CBF destituíuno por segunda vez.[2]
Palmarés
editarXogador
editar- Internacional
- Campionato Gaúcho (4): 1981, 1983, 1984.
- Vasco da Gama
- Campionato Carioca (1): 1987.
- Júbilo Iwata
- J1 League (1): 1997.
- Selección sub-20 do Brasil
- Copa do Mundo Xuvenil (1): 1983.
- Campionato Suramericano Xuvenil (1): 1983.
- Selección do Brasil
- Copa do Mundo (1): 1994
- Copa Confederacións (1): 1997.
- Copa América (2): 1989, 1997.
- Medalla de prata nos Xogos Olímpicos (1): 1984.
Individual
- Equipo das Estrelas da Copa do Mundo (2): 1994, 1998.
- Mellor Xogador da J1 League (1): 1997.
- Once Ideal da J1 League (2): 1997, 1998.
- Golden Foot Legend (1): 2010.
Adestrador
editar- Internacional
- Campionato Gaúcho (1): 2013.
- Selección do Brasil
- Copa América (1): 2007.
- Medalla de bronce nos Xogos Olímpicos (1): 2008.
- Copa Confederacións (1): 2009.
Individual
- Mellor seleccionador do mundo segundo a IFFHS (1): 2007.[35]
Notas
editar- ↑ "World Cup 2010: Brazil dismiss coach Dunga". The Daily Telegraph (en inglés). 4 de xullo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 6 de xullo de 2010. Consultado o 2 de novembro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 "Nota Oficial". Confederación Brasileira de Fútbol (en portugués). 14 de xuño de 2016. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2017. Consultado o 2 de novembro de 2022.
- ↑ "Gauchão - 1981" (en portugués). Consultado o 3 de novembro de 2022.
- ↑ "Partidos do Inter de Porto Alegre". futebol80.com.br (en portugués). Consultado o 3 de novembro de 2022.
- ↑ "Fiorentina, Carlos Dunga: il ”Cucciolo” in viola" (en italiano). 22 de abril de 2022. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2022. Consultado o 3 de novembro de 2022.
- ↑ ""AUGURI A..." Dunga, un cucciolo di 50 anni" (en italiano). 31 de outubro de 2013. Consultado o 3 de novembro de 2022.
- ↑ 7,0 7,1 "Dunga, ex-jogador do Corinthians". meutimao.com.br (en portugués). Consultado o 3 de novembro de 2022.
- ↑ "Há 32 anos, Dunga estreava no Vasco" (en portugués). 26 de febreiro de 2019. Consultado o 3 de novembro de 2022.
- ↑ "Canal do Garone relembra passagem de Dunga pelo Vasco; vídeo" (en portugués). 4 de agosto de 2021. Consultado o 3 de novembro de 2022.
- ↑ Acervodvd10 C R Vasco da Gama (3 de xuño de 2020). Vasco Campeão Carioca 1987 "Dunga deixa o Vasco" (YouTube) (en portugués).
- ↑ "European Competitions 1989-90". rsssf.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2011. Consultado o 3 de novembro de 2022.
- ↑ Ferrara, Benedetto (18 de xullo de 1992). "' DUNGA, ECCO 4500 MILIONI'". la Repubblica (en italiano). Consultado o 3 de novembro de 2022.
- ↑ "Japan 1997". rsssf.org (en inglés). Consultado o 3 de novembro de 2022.
- ↑ 14,0 14,1 "Japan - J-League Awards". rsssf.org (en inglés). Consultado o 3 de novembro de 2022.
- ↑ "Japan 1998". rsssf.org (en inglés). Consultado o 3 de novembro de 2022.
- ↑ "Dunga relembra gol 'salvador' pelo Inter em 1999 no programa 'Velhas Súmulas'" (en portugués). 19 de agosto de 2020. Consultado o 3 de novembro de 2022.
- ↑ "Carlos Caetano Bledorn Verri "Dunga" - International Appearances". rsssf.org (en inglés). Consultado o 2 de novembro de 2022.
- ↑ "FACTBOX-Brazil manager Dunga" (en inglés). 22 de xullo de 2014. Consultado o 2 de novembro de 2022.
- ↑ 19,0 19,1 Corkhill, Barney (6 de agosto de 2009). "Greatest Ever: Football's Top 10 Defensive Midfielders of All Time" (en inglés). Consultado o 2 de novembro de 2022.
- ↑ 20,0 20,1 Cummings, Michael (21 de novembro de 2011). "50 Best Defensive Midfielders in World Football History" (en inglés). Consultado o 2 de novembro de 2022.
- ↑ "1994 FIFA World Cup USA". FIFA (en inglés). Consultado o 2 de novembro de 2022.
- ↑ "WORLD CUP '94; Romario and Baggio Among First All-Star Cast". The New York Times (en inglés). 16 de xullo de 1994. Consultado o 3 de novembro de 2022.
- ↑ "FIFA Technical Study Group designates MasterCard All-Star Team". FIFA (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 3 de novembro de 2022.
- ↑ "Dunga es destituido como seleccionador de Brasil". Marca (en castelán). 4 de xullo de 2010. Consultado o 2 de novembro de 2022.
- ↑ "Fútbol.- El ex seleccionador brasileño Dunga, nuevo técnico del Internacional de Porto Alegre" (en castelán). 12 de decembro de 2012. Consultado o 2 de novembro de 2022.
- ↑ "South American Football - Dunga sacked by Internacional" (en inglés). 4 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2013. Consultado o 2 de novembro de 2022.
- ↑ Gomes, Julio; Mendonça, Renata (23 de xullo de 2014). "¿Qué significa el regreso de Dunga a la selección brasileña?". BBC (en castelán). Consultado o 2 de novembro de 2022.
- ↑ Morales, Italo (18 de xuño de 2015). "Colombia borra la racha perfecta de Dunga en Brasil" (en castelán). Consultado o 2 de novembro de 2022.
- ↑ "Brasil - Paraguai 2015". goal.com (en inglés). Consultado o 2 de novembro de 2022.
- ↑ "Brasil fica fora da Copa das Confederações após 20 anos" (en portugués). 27 de xuño de 2015. Consultado o 2 de novembro de 2022.
- ↑ Weiner, David (14 de xuño de 2016). "Brazil v Peru: Raul Ruidiaz scores controversial goal that eliminates Dunga’s side from Copa America" (en inglés). Consultado o 2 de novembro de 2022.
- ↑ "Brazil knocked out of Copa America by Peru thanks to 'handball' goal". The Daily Telegraph (en inglés). 13 de xuño de 2016. Consultado o 2 de novembro de 2022.
- ↑ "Brazil dumped out of Copa America by lowly Peru for earliest exit since 1987" (en inglés). 13 de xuño de 2016. Consultado o 2 de novembro de 2022.
- ↑ "Brazil exits Copa America after blatant handball goal" (en inglés). 13 de xuño de 2016. Consultado o 2 de novembro de 2022.
- ↑ "Former Results". iffhs.de (en inglés). Consultado o 2 de novembro de 2022.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador na J1 League (en xaponés).