Dustin Hoffman
Dustin Lee Hoffman, nado o 8 de agosto de 1937 nos Ánxeles, é un actor estadounidense.
Traxectoria
editarNun principio quixo ser médico, polo que estudou esta carreira universitaria. Con todo, durante os estudos decatouse de que quería ser actor, e comezou a actuar na Pasadena Playhouse nos Ánxeles, un teatro e unha escola de interpretación prestixiosa. Alí coincidiu con Gene Hackman, outro alumno que se convertería nun grande actor. Cando adquirira xa unha formación básica como intérprete, decidiu ir a Nova York para probar sorte no teatro.
En Nova York Hoffman tivo que realizar varios traballos pouco convencionais para gañarse a vida. Nunha ocasión conseguiu un papel pequeno nunha película para a televisión, e durante un verán foi de xira cunha compañía teatral de segunda orde. Hoffman desanimouse e dedicouse a dar clases durante un tempo. Por fin, en 1960 ofrecéronlle un papel nunha obra teatral, e ó ano seguinte actuou noutra. A pesar diso non tiña ingresos suficientes, polo que realizou de novo toda clase de traballos. Durante varios anos deixou o teatro e apuntouse á famosa escola de interpretación Actor's Studio, onde se formou como actor de método.
En 1967 cambiou a sorte para Hoffman. Conseguiu o seu primeiro papel no cine, aínda que foi pequeno. Interveu tamén nunha comedia teatral, onde Mike Nichols o veu e decidiu ofrecerlle o papel principal en O graduado. Aínda que xa tiña 30 anos, Hoffman foi moi convincente no papel dun mozo que acababa de rematar os seus estudos universitarios. Conseguiu un nomeamento ó Oscar e, o que foi máis importante, converteuse da noite para a mañá nun actor extremadamente popular, sobre todo ante as audiencias xuvenís. Só dous anos despois, Hoffman repetiu o éxito, cando interveu xunto con Jon Voight en Cowboy de medianoite, película pola que obtivo a súa segunda nomeamento ó Oscar.
As seguintes películas que fixo Hoffman foron na súa maioría éxitos destacados. As súas interpretacións eran igual de boas en papeis cómicos que en papeis dramáticos. Coas películas Kramer contra Kramer e Rain Man gañou dous Oscar.
En 1974 volveu ó teatro, e cultivou tamén éxitos. Tamén interveu en películas e mini-series para a televisión, aínda que a súa prioridade foi sempre o cine.
Hoffman casou por primeira vez en 1969 e o matrimonio durou once anos. Volveu casar en 1980. Ten catro fillos do seu actual matrimonio, e unha filla da súa primeira esposa.
Filmografía
editar- Kung Fu Panda (2008)
- Mr. Magorium's Wonder Emporium (2007)
- Das Parfum – Die Geschichte eines Mörders (2006)
- Stranger Than Fiction (2006)
- Car Wars (2006) (actualmente en pre-produción)
- The Berkeley Connection (2006)
- Racing Stripes (2005) (voz)
- The Lost City (2005)
- Unha serie de sucesos desafortunados, de Lemony Snicket (2004) (aparición)
- Meet the Fockers (2004)
- Finding Neverland (2004)
- Runaway Jury (2003)
- Confidence (2003)
- Moonlight Mile (2002)
- The Messenger: The Story of Joan of Arc (1999)
- Sphere (1998)
- Wag the Dog (1997)
- Mad City (1997)
- Sleepers (1996)
- American Buffalo (1996)
- Outbreak (1995)
- Hero (1992)
- Hook, o capitán Garfo (1991)
- Billy Bathgate (1991)
- Dick Tracy (1990)
- Family Business (1989)
- Rain Man (1988)
- Ishtar (1987)
- Tootsie (1982)
- Kramer contra Kramer (1979)
- Agatha (1979)
- Straight Time (1978)
- Marathon Man (1976)
- Tódolos homes do presidente (1976)
- Lenny (1974)
- Papillon (1973)
- Alfredo, Alfredo (1972)
- Cans de palla (1971)
- Who Is Harry Kellerman and Why Is He Saying Those Terrible Things About Me? (1971)
- Little Big Man (1970)
- John and Mary (1969)
- Cowboy de medianoite (1969)
- Sunday Father (1969)
- Madigan's Millions (1969)
- O graduado (1967)
- The Tiger Makes Out (1967)
Premios
editarAno | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
1997 | Oscar ó mellor actor | Wag the Dog | Candidato |
1988 | Oscar ó mellor actor | Rain Man | Gañador |
1982 | Oscar ó mellor actor | Tootsie | Candidato |
1979 | Oscar ó mellor actor | Kramer contra Kramer | Gañador |
1974 | Oscar ó mellor actor | Lenny | Candidato |
1969 | Oscar ó mellor actor | Cowboy de medianoite | Candidato |
1967 | Oscar ó mellor actor | O graduado | Candidato |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
1998 | Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical | Wag the Dog | Candidato |
1997 | Premio Cecil B. DeMille | Gañador | |
1992 | Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical | Hook | Candidato |
1989 | Globo de Ouro ó mellor actor - Drama | Rain Man | Gañador |
1986 | Globo de Ouro ó mellor actor en miniserie ou película feita para a televisión | Death of a Salesman | Gañador |
1983 | Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical | Tootsie | Gañador |
1980 | Globo de Ouro ó mellor actor - Drama | Kramer contra Kramer | Gañador |
1977 | Globo de Ouro ó mellor actor - Drama | Marathon Man | Candidato |
1975 | Globo de Ouro ó mellor actor - Drama | Lenny | Candidato |
1970 | Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical | John and Mary | Candidato |
1970 | Globo de Ouro ó mellor actor - Drama | Cowboy de medianoite | Candidato |
1968 | Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical | O graduado | Candidato |
1968 | Globo de Ouro á nova estrela do ano - Actor | O graduado | Gañador |
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Dustin Hoffman |