Eccellenza
Eccellenza (excelencia, en italiano) é o quinto nivel do fútbol italiano. Trátase dunha liga rexional, composta de 28 divisións dividida xeograficamente. As 20 rexións do país está representadas polo menos por unha división, excepto Piemonte e Val de Aosta, que comparten dúas. O Véneto, a Toscana, Sicilia, o Lacio, Emilia-Romaña e Campania teñen tamén dúas divisións cada unha, mentres que a rexión da Lombardía ten tres divisións.
Tipo | competición futbolística |
---|---|
Deporte | fútbol |
Organizador | Lega Nazionale Dilettanti (pt) |
Liga superior | Serie D |
Liga inferior | Promozione |
Localización e Datas | |
País | Italia |
Vixencia | 1991 – |
Outro | |
Páxina web oficial | lnd.it |
É o segundo campionato de afeccionados por importancia e o maior a nivel rexional. Está organizado pola Lega Nazionale Dilettanti.