Echinacea
xénero Echinacea | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Echinacea purpurea | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
Véxase no texto |
Echinacea, as equináceas, é un xénero de plantas herbáceas e perennes da familia das asteráceas. A especie Echinacea angustifolia posúe propiedades tónicas e afrodisíacas[1]. Todas as especies son nativas do leste de América do Norte. Comprende 42 especies descritas e destas, só 11 aceptadas[2].
Descrición
editarSon plantas herbáceas, perennes e tolerantes á seca que miden 1 ou 2 m en altura. As follas son de lanceoladas a elípticas, de 10 a 20 centímetros de longo e 1,5–10 cm de largo. Como é característico de toda a familia das Asteráceas, as flores forman unha inflorescencia composta por flores púrpuras (raramente amarelas ou brancas) dispostas en forma de cabeciñas cónicas; xa que o limbo das lígulas exteriores tenden a apuntar cara a abaixo unha vez que a cabeciña da flor abre, formando, deste xeito, un cono.
Propiedades
editarO extracto de equinácea úsase en tratamentos complementarios de infeccións respiratorias, gripes, arrefriado, farinxite, rinite e sinusite.
Os seus constituíntes químicos son o ácido cafeico, ácido chicórico, polialcanos, polisacáridos, tuselaxina, acetato de bornil, alcamídeos, borneol, cariofileno, cinarina, equinacosídeo, isotusilaxina.
As súas propiedades medicinais son antibacterianas, antibióticas, antivirais, antisépticas, antiinflamatorias, antimicrobianas, inmunoestimulantes e fortificantes.
Taxonomía
editarO xénero foi descrito por Conrad Moench e publicado en Methodus Plantas Horti Botanici et Agri Marburgensis : a staminum situ describendi 591. 1794.[3]
O nome do xénero procede do grego echino, que significa "espiñento", por mor ao disco central espiñento da cabeciña floral.
Especies e variedades aceptadas
editarNotas
editar- ↑ Diccionario galego de termos médicos, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2002
- ↑ 2,0 2,1 "Echinacea". PlantList (en inglés). Consultado o 2 de novembro de 2018.
- ↑ "Echinacea". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 24 de agosto de 2012.
Bibliografía
editar- Flora of North America Editorial Committee, e. 2006. Magnoliophyta: Asteridae, part 8: Asteraceae, part 3. 21: i–xxii + 1–616. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, New York.
Ligazóns externas
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Echinacea |
- Echinacea und die Cannabinoid Rezeptoren
- Der Sonnenhut - eine Giftpflanze
- Artikel über die Metastudie von Thomas J. Caruso und Jack M. Gwaltney zur Wirksamkeit von Echinacea
- Ronald B. Turner, Rudolf Bauer, Karin Woelkart, Thomas C. Hulsey, and J. David Gangemi. An Evaluation of "Echinacea angustifolia" in Experimental Rhinovirus Infections. New England Journal of Medicine, 353:341-348, 2005