Economía de Letonia

A economía de Letonia creceu máis do 10% ao ano entre 2006 e 2007, pero entrou nunha recesión o 2008 como resultado dun déficit orzamentario insustentable e unha gran débeda externa[1]. Coa creba do segundo maior banco do país, a economía contraeu nun 18% o 2009[1]. O país foi un dos máis afectados pola crise, pero por formar parte da Eurozona nese momento, non atraeu a atención dos medios de información.

Economía de Letonia
Moeda Euro
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Unión Europea
Datos estatísticos[1]
PIB 37,88 mil millóns (2012)
Posición do PIB 106ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 5,5% (2012)
PIB per cápita 18 600 (2012)
PIB por sector agricultura 5%, industria 25,7%, servizos 69,3%
Inflación 2,3% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 1.031.000 (2012)
Forza de traballo por sector agricultura 8,8%, industria 24%, servizos 67,2% (2010)
Desemprego 11,4% (2012)
Industrias procesamento de alimentos, procesamento de madeira, téxtiles, procesamento de metais, fármacos, material ferroviário, fibras sintéticas, electrónicos
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 12,23 mil millóns (2012)
Produtos de exportación alimentos, madeira e derivados, metais, máquinas e equipamentos, téxtiles
Principais mercados Rusia 18,2%, Lituania 14,9%, Estonia 12,1%, Alemaña 7,5%, Polonia 5,6%, Suecia 4,8% (2012)
Importacións 15,15 mil millóns (2012)
Principais produtos importados máquinas e equipamentos, bens de consumo, produtos químicos, combustibles, vehículos
Principais mercados Lituania 19,1%, Alemaña 11,6%, Rusia 9,2%, Polonia 8,2%, Estonia 7,6%, Italia 4,6%, Finlandia 4,4% (2012)
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 39,43 mil millóns (2012)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible
Subestación eléctrica en Čerepova, Daugavpils.

A partir de 2010, a situación mellorou e en 2012 a economía letoa creceu o 5,6%, aínda que non se recuperaron os valores previos á crise. O Fondo Monetario Internacional destacou a Letonia como exemplo do éxito das políticas económicas anticrise baseadas no recorte de gastos.[3]

A economía letoa baséase principalmente na agricultura e na industria téxtil e sidometalúrxica. Actualmente, o turismo perfílase como unha importante fonte de ingresos grazas ao patrimonio histórico do país. A súa transición a unha economía de mercado está provocando certas perturbacións (10% de paro e déficit orzamentario) e sacrificios nas políticas sociais. As exportacións contribúen con case 1/3 do PIB[1].

A moeda nacional foi até o 31 de decembro de 2013 o lats letón (100 santami), substituído polo Euro no 2014, cando Letonia se uniu á Eurozona.[4]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "The World Factbook.". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2020. Consultado o 7 de xaneiro de 2014. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés). 
  3. "Letonia, pese a sus reticencias, entra en 2014 con el euro como moneda" (en (en castelán)). EFE. 31/12/2013. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2014. Consultado o 1 de xaneiro de 2014. 
  4. La Vanguardia. ""Letonia se convierte en el decimoctavo país de la eurozona"" (en (en castelán)). Consultado o 1 de xaneiro de 2014. .
  NODES
INTERN 1
todo 1