Economía de Noruega
Noruega ten unha economía propia dos países máis desenvolvidos do mundo, onde máis do 60% da man de obra dedícase ao sector de servizos. O país é un dos principais produtores de petróleo e gas natural da Europa, que garanten 22% da riqueza nacional. O país é dotado con ricos recursos naturais - petróleo, enerxía hidroeléctrica, peixes, bosques e minerais - e é altamente dependente da súa produción de óleo e prezos de óleo internacionais; en 1999, o óleo e o gas explicaron 35% das exportacións. Soamente Arabia Saudita e Rusia exportan máis óleo do que Noruega. O fondo petrolífero da Noruega foi estabelecido polo goberno noruegués para garantir que os beneficios da explotación do petróleo sexan preservados para xeracións futuras de noruegueses.
Economía de Noruega | |
---|---|
Moeda | Coroa norueguesa |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, OCDE, AELC e outros |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 278,1 mil millóns (2012) |
Posición do PIB | 47ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 3,1% (2012) |
PIB per cápita | 55 200 (2008) |
PIB por sector | agricultura 2,4%, industria 40,7%, comercio e servizos 56,8% |
Inflación | 3,6%% (2008) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 2.645.000 (2012) |
Forza de traballo por sector | agricultura 2,9%, industria 21,1%, comercio e servizos 76% (2008) |
Desemprego | 3,1%% (2012) |
Industrias | {{{Industrias}}} |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 162,7 mil millóns (2012) |
Produtos de exportación | petróleo e derivados, máquinas e equipamentos, metais, produtos químicos, barcos, peixe |
Principais mercados | Reino Unido 27,2%, Países Baixos 11,5%, Alemaña 11,1%, Francia 7,1%, Suecia 6,5%, Estados Unidos 5,6% (2011) |
Importacións | 86,78 mil millóns (2012) |
Principais produtos importados | máquinas e equipamentos, produtos químicos, metais, alimentos |
Principais mercados | Suecia 13,3%, Alemaña 12%, China 9%, Dinamarca 6,3%, Reino Unido 5,6%, Estados Unidos 5,4%, Países Baixos 4,1% (2011) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 644,5 mil millóns (2011) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
A Noruega optou por permanecer fóra da Unión Europea durante unha conferencia en 1972, e outra vez en novembro de 1994. Non obstante, a Noruega, xunto con Islandia e Liechtenstein, participa da Unión Europea a través do acordo europeo da área económica.
Notas
editar- ↑ CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2014. Consultado o 21 de marzo de 2013.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).