Os Edmonton Oilers son un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Edmonton, Alberta (Canadá). Dende 1979 os Oilers compiten na máxima competición de hóckey sobre xeo de América do Norte, a National Hockey League (NHL), estando encadrado na Pacific Division da Conferencia Oeste. Xogan os seus partidos como locais no Rexal Place dende 1974. O equipo gañou a Stanley Cup en cinco ocasións, ademais de gañar sete títulos de conferencia e nove de división (un deles competindo na World Hockey Association). Foron fundados en 1972 baixo o nome de Alberta Oilers para competir na World Hockey Association (WHA), trocando o seu nome na súa segunda tempada na competición polo seu nome actual.

Edmonton Oilers
Fundación1972
CidadeEdmonton,
Alberta
Canadá
EstadioRogers Place
(18.641 espectadores)
LigaNational Hockey League
ConferenciaOeste
DivisiónPacific
Campionatos5
Propietario(s) Oilers Entertainment Group
Director Peter Chiarelli
Adestrador Todd McLellan
Afiliado(s)Bakersfield Condors (AHL)
Wichita Thunder (ECHL)
CoresLaranxa, azul escuro e branco
                 
Na rede
https://www.nhl.com/oilers
Twitter: edmontonoilers Editar o valor en Wikidata

Dende a súa fundación, os Oilers xogaron sete veces as finais da Stanley Cup (1983, 1984, 1985, 1987, 1988, 1990 e 2006), gañando o título en 1984, 1985, 1987, 1988 e 1990. Manteñen unha forte rivalidade cos seus veciños de Alberta, os Calgary Flames, coñecida como the Battle of Alberta (en galego a batalla de Alberta). A franquía de Edmonton conseguiu o Presidents' Trophy en dúas ocasións consecutivas, sendo o primeiro equipo en conseguir este galardón.

De entre todos os xogadores que vestiron a camisola dos Oilers compre destacar a Wayne Gretzky, coñecido como The Great One, considerado por moitos o mellor xogador da historia do hóckey sobre xeo.[1] Nove xogadores do equipo forman parte do Hockey Hall of Fame.[2] O equipo actual está adestrado por Todd McLellan e está liderado polo capitán Andrew Ference.

Historia

editar

Rivalidades

editar

Os Edmonton Oilers son un dos dous equipos que representan á provincia de Alberta na NHL. O equipo mantén unha forte rivalidade cos seus veciños, os Calgary Flames. Esta rivalidade foi especialmente tensa na segunda metade da década de 1980, cando os dous equipos eran os dous mellores equipos da Campbell Conference e mesmo algúns anos, de toda a liga.

Os Oilers derrotaron aos Flames nos play-offs en 1983, 1984, 1988, e 1991, no seu camiño cara ás súas cinco Stanley Cups. Con todo, os Flames vingáronse e eliminaron os seus veciños cun gol decisivo autogol do defensa dos Oilers Steve Smith, que elevou a rivalidade a un novo nivel.[3] Os flames tiñan unha posición privilexiada nos play-offs de 1988 logo de ter gañado o Presidents' Trophy,[4] mais os Oilers os barreron nas series (4-0) para acabar gañando a Stanley Cup.[5][6]

En toda a historia ambos equipos se enfrontaron nos play-offs en cinco ocasión, nas que os Flames tan só foron capaces de eliminar os Oilers nunha ocasión na tempada 1985-86. Na liga regular, os Flames dominan cun resultado de 120 vitorias, por 110 vitorias dos Oilers e 19 empates.[7]

A continuación móstranse os resultados entre os enfrontamentos nos play-offs dos Oilers e os Flames, en letra grosa os partidos gañados polos Oilers:

Enfrontamentos entre os Oilers e os Flames nas series eliminatorias
Tempada Rolda Puntuacións Resultados Balance Referencia
1982-83 Final de División 6-3
5-1
2-10
6-5
9-1
  4-1 1-0 [8]
1983-84 Final de División 5-2
5-6
2-3
3-5
4-5
5-4
7-4
  4-3 2-0 [9]
1985-86 Final de División 1-4
6-5
3-2
4-7
1-4
2-5
2-3
  3-4 2-1 [10]
1987-88 Final de Conferencia 1-3
4-5
4-2
6-4
  4-0 3-1 [11]
1990-91 Semifinal de División 1-3
3-1
4-3
5-2
5-3
1-2
4-5
  4-3 4-1 [12]

Identidade do equipo

editar

Logo e equipación

editar

Mascota

editar

Os Oilers non posúen mascota, sendo un dos únicos tres equipos da NHL que non contan cunha, os outros dous son os New York Rangers e os Philadelphia Flyers, xa que os Dallas Stars contan dende setembro de 2014 con Victor E. Green.[13][14]

Oilers Octane

editar
Artigo principal: Oilers Octane.

Na tempada 2010–11, os Oilers introduciron ás Oilers Octane, o primeiro grupo de cheerleading dun equipo canadense da NHL. As Oilers Octane están formadas por 19 mulleres entre os 18 e os 29 anos, a maioría delas procedentes da área metropolitana de Edmonton ou a provincia de Alberta.[15]

O grupo de animación ao principio non foi recibido con entusiasmo polos seareiros. Máis de 1.500 persoas asinaron unha petición online en contra, suxerindo que as mulleres non melloraban a experiencia do partido e podían mesmo obstaculizalo. Moitos consideraron que o grupo era un truco barato de relacións públicas e o consideraron irrespectuoso coas mulleres e nada relacionado co hóckey.[16]

Amais de actuar nos partidos como local dos Oilers, axudan coas promocións e a interección cos seareiros, as integrantes de Octane participan na recadación de fondo para caridade e eventos especiais.[17]

Medios de comunicación

editar

Pavillóns

editar
Artigo principal: Rexall Place.

Dende 1974, os Edmonton Oilers xogan os seus partidos como local no Rexall Place, se ben as súas dúas primeiras tempadas empregou os Edmonton Gardens. Dende 2016 o equipo xogará os seus partidos como local no Rogers Place, que terá capacidade para 18.641 espectadores.[18] Ao longo da súa historia os Oilers xogaron nos seguintes pavillóns:[19]

Pavillóns empregados polos Edmonton Oilers
Imaxe Nome Primeira tempada Derradeira tempada Capacidade[nota 1]
Edmonton Gardens 1972-73 1973-74 5.200
  Rexall Place 1974-1975 2016 16.839
  Rogers Place 2016 Actualmente en uso 18.641

Edmonton Gardens

editar

O primeiro pavillón empregado polos Edmonton Oilers para os seus partidos como local foi o Edmonton Gardens, onde xogou dende a súa creación ata 1974, cando se trasladou ao Northlands Coliseum, que se inaugurou en novembro dese mesmo ano. Este, inaugurado en decembro de 1913, foi o primeiro pavillón que acolleu partidos de hóckey sobre xeo na cidade e tiña capacidade para 5.200 espectadores. Finalmente, o edificio foi demolido en 1982.[20]

Rexall Place

editar

Datos de asistencia no Rexall Place dende a chegada dos Oilers á NHL:[21]

Asistencia media ao Rexall Place
Tempada Asistencia media
1979-80 15.417
1980-81 17.423
1981-82 17.490
1982-83 17.498
1983-84 17.498
1984-85 17.498
1985-86 17.319
1986-87 17.297
1987-88 16.957
1988-89 16.845
1989-90 17.008
1990-91 16.843
1991-92 16.179
1992-93 14.797
1993-94 13.413
1994-95 13.123
1995-96 12.335
1996-97 16.052
Asistencia media ao Rexall Place
Tempada Asistencia media
1997-98 16.244
1998-99 16.244
1999-00 15.800
2000-01 15.611
2001-02 16.592
2002-03 16.657
2003-04 17.677
2005-06 16.832
2006-07 16.839
2007-08 16.839
2008-09 16.839
2009-10 16.839
2010-11 16.839
2011-12 16.839
2012-13 16.839
2013-14 16.828
2014-15 16.839
2015-16 16.841

Rogers Place

editar
 
Interior do Rogers Place.
Asistencia media ao Rogers Place
Tempada Asistencia media
2016-17 18.347

Equipos afiliados

editar

Afiliacións na WHA

editar
Equipos afiliados dos Edmonton Oilers (WHA)
Período Equipo Liga
1973-1974 Winston-Salem Polar Twins SHL
1975-1977 Spokane Flyers WIHL
1976-1977 Baltimore Clippers SHL
1976-1977 Beauce Jaros NAHL
1977-1978 Hampton Gulls AHL
1978-1979 Dallas Black Hawks CHL

Afiliacións na NHL

editar

As franquías da NHL teñen un equipo limitado por convenio, polo que contan cun ou máis equipos «afiliados» que cada ano compiten en ligas menos importantes. Isto permítelles recrutar xogadores xoves na repesca anual, permitíndolles continuar o seu desenvolvemento sen comezar demasiado cedo. Ademais, estes equipos afiliados (tamén chamados clubs escola ou farm teams en inglés) constitúen unha reserva de talentos para as franquías da NHL, que os atraen a merced das lesións e/ou a pobre formación do equipo. A excepción dos equipos propietarios do seu propio club escola, as afiliacións finalizan cun acordo contractual e non se conxean no tempo. Dende os seus inicios, os Oilers tiveron as seguintes afiliacións secundarias:[22]

Equipos afiliados dos Edmonton Oilers (NHL)
Período Equipo Liga
1979-1980 Houston Apollos CHL
1980-1982 Wichita Wind CHL
1982-1984 Moncton Alpines AHL
1984-1988 Nova Scotia Oilers AHL
1988-1996 Cape Breton Oilers AHL
1990-1991 Kansas City Blades IHL
1996-2003 Hamilton Bulldogs AHL
2003-2004 Toronto Roadrunners AHL
2004-2005 Edmonton Roadrunners AHL
2005-2006 Hamilton Bulldogs AHL
2005-2006 Iowa Stars AHL
2007-2010 Springfield Falcons AHL
2010-2015 Oklahoma City Barons AHL
2015-2017 Bakersfield Condors AHL
  • (†) afiliacións parciais.

Afiliacións secundarias

editar

Ademais destes equipos, as franquías da NHL posúen unha ou dúas afiliacións denominadas «secundarias» con equipos que compiten en ligas menores. Estes equipos son empregados xeralmente como depósito de xogadores para os equipos anteriores en caso de ausencias por lesión de xogadores ou partidos cun equipo da NHL. Ao longo da súa historia, os Oilers tiveron as seguintes afiliacións secundarias:[22]

Outras afiliacións dos Edmonton Oilers
Período Equipo Liga
1979-1980 Dayton Gems IHL
1980-1984 Milwaukee Admirals IHL
1984-1987 Muskegon Lumberjacks IHL
1987-1988 Milwaukee Admirals IHL
1989-1990 Phoenix Roadrunners IHL
1992-1996 Wheeling Thunderbirds ECHL
1996-1997 Wheeling Nailers ECHL
1997-1999 New Orleans Brass ECHL
2000-2001 Tallahassee Tiger Sharks ECHL
2001-2002 Columbus Cottonmouths ECHL
2003-2004 Columbus Cottonmouths ECHL
2004-2006 Greenville Grrrowl ECHL
2006-2013 Stockton Thunder ECHL
2015-2017 Norfolk Admirals ECHL

Personalidades

editar

Xogadores

editar

Equipo actual

editar

Esta sección presenta o equipo de xogadores dos Edmonton Oilers. Este efectivo pode variar ao longo da tempada en función das lesións e os reforzos procedentes dos equipos afiliados a Edmonton: os Bakersfield Condors da American Hockey League e os Norfolk Admirals da ECHL.

Actualizado o 17 de setembro de 2015.[23]

# Nac Xogador/a Posición[nota 2] S/G[nota 3] Idade Adquirido/a Lugar de nacemento
14   Eberle, JordanJordan Eberle (A) RW R (34 anos) 2008 Regina, Saskatchewan
5   Fayne, MarkMark Fayne D R (37 anos) 2014 Nashua, Nova Hampshire
21   Ference, AndrewAndrew Ference (C) D L (45 anos) 2013 Edmonton, Alberta
20   Gazdic, LukeLuke Gazdic LW L (35 anos) 2013 Toronto, Ontario
62   Gryba, EricEric Gryba D R (36 anos) 2015 Saskatoon, Saskatchewan
4   Hall, TaylorTaylor Hall (A) LW L (33 anos) 2010 Calgary, Alberta
23   Hendricks, MattMatt Hendricks LW L (43 anos) 2014 Blaine, Minnesota
77   Klefbom, OscarOscar Klefbom D L (31 anos) 2011 Karlstad, Seucia
12   Klinkhammer, RobRob Klinkhammer LW L (38 anos) 2015 Lethbridge, Alberta
28   Korpikoski, LauriLauri Korpikoski LW L (38 anos) 2015 Turku, Finlandia
51   Lander, AntonAnton Lander C L (33 anos) 2009 Sundsvall, Suecia
55   Letestu, MarkMark Letestu C R (39 anos) 2015 Elk Point, Alberta
97   McDavid, ConnorConnor McDavid C L (27 anos) 2015 Richmond Hill, Ontario
86   Nikitin, NikitaNikita Nikitin D L (38 anos) 2014 Omsk, Unión Soviética
39   Nilsson, AndersAnders Nilsson G L (34 anos) 2015 Luleå, Suecia
93   Nugent-Hopkins, RyanRyan Nugent-Hopkins C L (31 anos) 2011 Burnaby, Columbia Británica
15   Pitlick, TylerTyler Pitlick RW R (33 anos) 2010 Minneapolis, Minnesota
67   Pouliot, BenoitBenoit Pouliot LW L (38 anos) 2014 Alfred, Ontario
16   Purcell, TeddyTeddy Purcell RW R (39 anos) 2014 St. John's, Terranova
8   Reinhart, GriffinGriffin Reinhart D L (30 anos) 2015 North Vancouver, Columbia Británica
19   Schultz, JustinJustin Schultz D R (34 anos) 2012 Kelowna, Columbia Británica
30   Scrivens, BenBen Scrivens G L (38 anos) 2014 Spruce Grove, Alberta
2   Sekera, AndrejAndrej Sekera D L (38 anos) 2015 Bojnice, Checoslovaquia
33   Talbot, CamCam Talbot G L (37 anos) 2015 Caledonia, Ontario
10   Yakupov, NailNail Yakupov RW L (31 anos) 2012 Nizhnekamsk, Rusia

Capitáns

editar

Dende a súa primeira tempada na NHL, o equipo dos Oilers tivo dezaxete capitáns. O primeiro capitán da historia da franquía foi nomeado na tempada 1972-73, cando o equipo comezou a competir na WHA, e foi Al Hamilton, que ocupou o posto durante catro tempadas.[19] O actual capitán do equipo é o defensa de Edmonton Andrew Ference, que foi nomeado o 29 de setembro de 2013 tras chegar ao equipo procedente dos Boston Bruins.[24] Agás os estadounidenses Lee Fogolin e Doug Weight, todos os capitáns da historia dos Oilers naceron no Canadá. Os diferentes xogadores que teñen sido capitáns do equipo ao longo da súa historia foron:[25][26]

Capitáns dos Edmonton Oilers
Nome(s) Período
Al Hamilton 1972–76
Glen Sather 1976–77
Paul Shmyr 1977–79
Ron Chipperfield 1979–80
Blair MacDonald 1980–81
Lee Fogolin 1980–83
Wayne Gretzky 1983–88
Mark Messier 1988–91
Kevin Lowe 1991–92
Craig MacTavish 1992–94
Shayne Corson 1994-95
Kelly Buchberger 1995–99
Doug Weight 1999–2001
Jason Smith 2001–07
Ethan Moreau 2007–10
Shawn Horcoff 2010–13
Andrew Ference 2013–15
Connor McDavid 2016-presente

Eleccións na primeira rolda do draft

editar

Cada ano dende 1963, os xogadores das ligas menores teñen a posibilidade de asinar contratos coas franquías da NHL. Esta sección presenta os xogadores que foron elixidos polos Oilers na primeira rolda do draft. Estas eleccións poden ser intercambiadas, polo que un ano, os Oilers ben poden non ter escollido na primeira rolda ou, pola contra, poden ter escollido a máis dun xogador. Os Oilers escolleron en primeira posición en catro ocasións (2010, 2011, 2012 e 2015). A continuación móstranse as eleccións na primeira rolda do draft da NHL dos Edmonton Oilers:[27]

Eleccións na primeira rolda
Ano Nome do xogador Posto Equipo (liga)
1979 Kevin Lowe 21º Québec Remparts (LHJMQ)
1980 Paul Coffey Kitchener Rangers (AHL)
1981 Grant Fuhr Victoria Cougars (WHL)
1982 Jim Playfair 20º Portland Winterhawks (WHL)
1983 Jeff Beukeboom 19º Sault-Sainte-Marie Greyhounds (OHL)
1984 Selmar Odelein 21º Regina Pats (WHL)
1985 Scott Metcalfe 20º Kingston Canadians (OHL)
1986 Kim Issel 21º Prince Albert Raiders (WHO)
1987 Peter Soberlak 21º Swift Current Broncos (LHOu)
1988 François Leroux 19º Saint-Jean Castors (LHJMQ)
1989 Jason Soules 15º Niagara Falls Thunder (OHL)
1990 Scott Allison 17º Prince Albert Raiders (WHL)
1991 Tyler Wright
Martin Rucinsky
12º
20º
Swift Current Broncos (WHL)
HC Chemopetrol Litvínov (Extraliga)
1992 Joe Hulbig 13º St. Sebastian's (USHS)
1993 Jason Arnott
Nick Stajduhar

16º
Oshawa Generals (OHL)
London Knights (OHL)
1994 Jason Bonsignore
Ryan Smyth

Niagara Falls Thunder (OHL)
Moose Jaw Warriors (WHL)
1995 Steve Kelly Raiders de Prince Albert (WHL)
1996 Boyd Devereaux
Matthieu Descoteaux

19º
Kitchener Rangers (LHO)
Shawinigan Cataractes (LHJMQ)
1997 Michel Riesen 14º HC Bienne (LNB)
1998 Michael Henrich 13º Barrie Colts (OHL)
1999 Jani Rita 13º Jokerit (SM-liiga)
2000 Alekseï Mikhnov 17º Torpedo Yaroslavl (Superliga)
2001 Ales Hemsky 13º Olympiques de Hull (LHJMQ)
2002 Jesse Niinimaki 15º Ilves (SM-liiga)
2003 Marc-Antoine Pouliot 22º Rimouski Océanic (LHJMQ)
2004 Devan Dubnyk
Rob Schremp
14º
25º
Kamloops Blazers (WHL)
London Knights (OHL)
2005 Andrew Cogliano 25º St. Michael's Buzzers (OJHL)
2006 Ningunha elección na primeira rolda
2007 Sam Gagner
Alex Plante
Riley Nash

15º
21º
London Knights (OHL)
Calgary Hitmen (WHL)
Salmon Arm Silverbacks (BCHL)
2008 Jordan Eberle 22º Regina Pats (WHL)
2009 Magnus Paajarvi-Svensson 10º Timrå IK (Elitserien)
2010 Taylor Hall Windsor Spitfires (OHL)
2011 Ryan Nugent-Hopkins
Oscar Klefbom

19º
Red Deer Rebels (WHL)
Färjestad BK (Elitserien)
2012 Naïl Iakoupov Sarnia Sting (OHL)
2013 Darnell Nurse Sault Ste. Marie Greyhounds (OHL)
2014 Leon Draisaitl Prince Albert Raiders (WHL)
2015 Connor McDavid Erie Otters (OHL)

Líderes históricos

editar

A seguinte táboa mostra os dez xogadores que máis puntos, goles e asistencias conseguiron cos Edmonton Oilers. Wayne Gretzky lidera os tres apartados logo de xogar 10 tempadas no equipo. A táboa inclúe os rexistros na liga regular tanto na NHL como na WHA:[28]

Nota: Pos = Posición; PX = Partidos xogados; G = Goles; A = Asistencias; Pts = Puntos; PPP = Puntos por partido; GPP = Goles por partido; APP = Asistencias por partido

Números retirados

editar
 
O número 99 de Wayne Gretzky foi retirado de toda a liga. Na imaxe sección adicada a Gretzky no Hockey Hall of Fame.

Os Edmonton Oilers teñen retirado sete dorsais. Un destes números, o 99 de Wayne Gretzky, foi retirado de todos os equipos da liga. O número 3 de Al Hamilton foi o primeiro en ser retirado. Coa excepción do dorsal de Hamilton, todos os números retirados pertenceron a xogadores da época dourada dos Oilers, que entre 1984 e 1990 gañaron cinco Stanley Cups. Os números retirados pola franquía de Edmonton son os seguintes:[19]

Números retirados dos Edmonton Oilers
Xogador Posición Carreira Data da retirada
3 Al Hamilton D 1972–80 10 de outubro de 1980 1
7 Paul Coffey D 1980–87 18 de outubro de 2005
9 Glenn Anderson RW 1980–91, 1995–96 18 de xaneiro de 2009
11 Mark Messier LW 1979–91 27 de febreiro de 2007
17 Jari Kurri RW 1980–90 6 de outubro de 2001
31 Grant Fuhr G 1981–91 9 de outubro de 2003
99 2 Wayne Gretzky C 1978–88 1 de outubro de 1999
NotAs:
  • 1 A cerimonia tivo lugar o 4 de abril de 2001.
  • 2 O número 99 de Gretzky foi retirado de toda a NHL o 6 de febreiro de 2000.[29]

Adestradores

editar
 
Glen Sather dirixiu aos Oilers en tres períodos un total de 842 partidos, gañando catro das cinco Stanley Cups do equipo.

Ao longo da historia dos Oilers, vinte adestradores distintos dirixiron ao equipo. Algúns como Bill Hunter e Glen Sather dirixiron ao equipo en diferentes períodos. O seu primeiro adestrador dos daquela chamados Alberta Oilers foi Ray Kinasewich, que dirixiu o equipo na súa primeira tempada na World Hockey Association (WHA). Posteriormente, xa na NHL, o primeiro adestrador do equipo foi Glen Sather, quen dirixiría ao equipo en tres períodos distintos cun total de 842 partidos adestrados coa franquía de Edmonton. Foi precisamente baixo a dirección de Sather con quen o equipo conseguiu os seus maiores logros, conseguindo gañar catro das cinco Stanley Cups que posúen. O outro adestrador co que os Oilers conseguiron gañar a liga foi John Muckler, na súa primeira tempada no banco.[30][31]

Adestradores dos Edmonton Oilers na WHA
Nome Tempadas Liga regular Play-offs
PA v D E % V PA V D % V
1 Ray Kinasewich 1972–73 45 20 23 2 0.467
2 Bill Hunter 1972–73 26 14 11 1 0.558 1 0 1 0.000
3 Brian Shaw 1973–74 a 1974–75 137 68 63 6 0.518 5 1 4 0.200
Bill Hunter 1974–75 19 6 12 1 0.342
4 Clare Drake 1975–76 48 18 28 2 0.396
Bill Hunter 1975–76 33 9 21 3 0.318 4 0 4 0.000
5 Bep Guidolin 1976–77 63 25 36 2 0.413
6 Glen Sather 1976–77 a 1978–79 178 95 76 7 0.553 23 8 15 0.348
Adestradores dos Edmonton Oilers na NHL
Nome Tempadas Liga regular Play-offs
PA V D E OT Pts % PA V D % V
1 Glen Sather 1979–80 80 28 39 13 0.431 3 0 3 0.000
2 Bryan Watson 1980–81 18 4 9 5 0.361
Glen Sather 1980–81 a 1988–89 702 414 202 86 0.651 123 89 34 0.724
3 John Muckler 1989–90 a 1990–91 160 75 65 20 0.531 40 25 15 0.625
4 Ted Green 1991–92 a 1993–94 188 65 102 21 0.402 16 8 8 0.500
Glen Sather 1993–94 60 22 27 11 0.458
5 George Burnett 1994–95 35 12 20 3 0.386
6 Ron Low 1994–95 a 1998–99 341 139 162 40 0.466 28 10 18 0.357
7 Kevin Lowe 1999–2000 82 32 26 16 8 0.537 5 1 4 0.200
8 Craig MacTavish 2000–01 a 2008–09 656 301 252 47 56 0.537 36 19 17 0.528
9 Pat Quinn 2009–10 82 27 47 8 0.378
10 Tom Renney 2010–11 a 2011–12 164 57 85 22 0.415
11 Ralph Krueger 2012–13 48 19 22 7 0.469
12 Dallas Eakins 2013–14 a 2014–15 113 36 63 14 0.381
13 Todd Nelson 2014–15 51 17 25 9 0.422
14 Todd McLellan 2015–16 a 2016–17 Adestrador actual

Directores xerais

editar
 
Peter Chiarelli é general manager dos Oilers dende abril de 2015.

Dende a creación da franquía en 1971, os Edmonton Oilers tiveron nove general managers. O primeiro en ocupar o posto foi Bill Hunter, coa franquía aínda na World Hockey Association (WHA), ocupando o posto durante cinco anos, mentres que Larry Gordon foi o primeiro general manager da franquía na National Hockey League (NHL). De todos os general managers da franquía, Glen Sather foi o único introducido no Hóckey Hall of Fame na categoría de "Construtores", e co que a franquía conseguiu os seus maiores logros.[32] Dende abril de 2015 Peter Chiarelli ocupa o cargo logo de suceder a Craig MacTavish, quen estivera á fronte da franquía os dous anos anteriores.

Directores xerais dos Edmonton Oilers
Director Xeral Inicio Fin Referencias
Bill Hunter 1 de novembro de 1971 1976 [33][34]
Bep Guidolin Agosto 1976 1977 [34][35]
Brian Conacher 1977 1978 [34]
Larry Gordon 26 de abril de 1978 Xuño de 1980 [34][36]
Glen Sather Xuño de 1980 9 de xuño de 2000 [34][37]
Kevin Lowe 9 de xuño de 2000 31 de xullo de 2008 [38][39]
Steve Tambellini 31 de xullo de 2008 15 de abril de 2013 [39][40]
Craig MacTavish 15 de abril de 2013 24 de abril de 2015 [40][41]
Peter Chiarelli 24 de abril de 2015 [41]

Membros do Hall of Fame

editar

Dende 1945, o Hockey Hall of Fame recoñece ás personalidades do hóchey sobre xeo que marcaron este deporte.

Xogadores

editar

9 xogadores dos Oilers forman parte do Hall of Fame:[42][43]

Xogadores incluídos no Hockey Hall of Fame
Nome Nacionalidade Posición Período(s) nos Oilers Ano de
entrada
Glenn Anderson   RW 1980–91, 1995–96 2008
Paul Coffey   D 1980–87 2004
Grant Fuhr   G 1981–91 2003
Wayne Gretzky   C 1978–88 1999
Jari Kurri   RW 1980–90 2001
Mark Messier   LW 1979–91 2007
Adam Oates   C 2003–04 2012
Jacques Plante   G 1974–75 1978
Norm Ullman   C 1975–77 1982

Outras personalidades no Hall of Fame

editar

Trofeos da NHL e internos

editar

Trofeos colectivos

editar
 
Os Edmonton Oilers gañaron cinco Stanley Cups.
Stanley Cup

A Stanley Cup é o premio final da National Hockey League, e coroa ao mellor equipo das series eliminatorias. Os Edmonton Oilers gañaron o trofeo en cinco ocasións ao longo da súa historia, tendo chegado en 18 ocasións á final da Stanley Cup:[44]

Presidents' Trophy

A primeira vez que se entregou o Presidents' Trophy ao mellor equipo da liga regular foi na tempada 1985-86. Dende aquela os Oilers gañaron dúas veces o Presidents' Trophy, sendo o primeiro equipo en conseguir o trofeo:[45][nota 4]

Clarence S. Campbell Bowl

O Clarence S. Campbell Bowl é actualmente o trofeo outorgado ao campión da Conferencia Oeste. Os Oilers gañaron este galardón en sete ocasións ao longo da súa historia:[46]

Trofeos individuais

editar
Art Ross Trophy

O trofeo Art Ross é outorgado ao xogador que máis puntos conseguiu na liga regular. Wayne Gretzky gañou o trofeo en sete ocasións consecutivas durante a súa etapa nos Oilers:[47]

Conn Smythe Trophy

O trofeo Conn Smythe é entregado cada ano dende a tempada1964-1965 ao mellor xogador[nota 5] das series eliminatorias. Na historia da franquía tres xogadores gañaron o trofeo:[48]

Hart Memorial Trophy

O trofeo Hart (en inglés Hart Memorial Trophy) é entregado ao mellor xogador da liga regular por votación da Asociación Profesional da Prensa Escrita. Esta distinción é entregada dende 1923 e dous xogadores dos Oilers a teñen conseguido dende aquela:[49]

Jack Adams Award

O trofeo Jack Adams é outorgado dende a tempada 1973-74 ao mellor adestrador da tempada. Glen Sather é o único adestrador de Edmonton que ten conseguido esta distinción:[50]

James Norris Memorial Trophy

Ao final da tempada, o mellor defensor da NHL recibe o trofeo James Norris. Un único defensa dos Oilers conseguiu o trofeo:[51] Os defensores dos Bruins que teñen conseguido o trofeo son:

King Clancy Memorial Trophy

O trofeo King Clancy premia cada ano ao xogador que demostrou o mellor exemplo de liderado dentro e fóra da pista e teña contribuído á sociedade. Dous xogadores dos Bruins teñen conseguido este galardón:[52]

Lady Byng Memorial Trophy

O trofeo Lady Byng é outorgado ao xogador que se considera que ten o mellor espírito deportivo, mantendo un rendemento excepcional no xeo; a Asociación de Xornalistas de hóckey profesional outorga os votos para atribuír o trofeo tendo en conta tanto o rendemento no xeo como o número de minutos de penalización acumulados. Os xogadores dos Bruins que teñen recibido o trofeo Lady Byng son:[53]

Lester B. Pearson Award

O Lester B. Pearson Award é outorgado anualmente ao "xogador máis destacado" da NHL por votación da Asociación de Xogadores da NHL.[nota 6] Dous xogadores dos Oilers recibiron o galardón:[54]

NHL Plus/Minus Award

O premio Plus/Minus da NHL foi concedido entre 1983 e 2007 ao xogador con mellor rexistro de plus/minus. Os seguintes xogadores dos Flames teñen conseguido o galardón na historia da franquía:[55]

Vezina Trophy

O trofeo Vézina é un trofeo concedido aos porteiros da NHL. De 1927 a 1982, o trofeo premiaba ao mellor porteiro da liga regular. Tiny Thompson, que foi o primeiro xogador dos Bruins en gañar o trofeo, ostenta tamén o récord para un xogador da franquía de Boston con catro trofeos Vézina gañados:[56]

Trofeos internos

editar
  1. A capacidade dos pavillóns que se indica corresponde ao número de espectadores en competicións de hóckey sobre xeo.
  2. As posicións aparecen coas súas abreviaturas en inglés:
    *G: Goalie (porteiro)
    *C: Center (central)
    *W: Winger (Aleiro -dereito sinalado con "R" e esquerdo sinalado con "L"-)
    *D: Defenceman (defensa).
  3. As abreviaturas "S" e "G" fan referencia á man que o xogador emprega para golpear o puck (en galego, disco) co stick (S) (en galego, pau de hockey) ou a que empregan os porteiros para collelo coa garda (G).
  4. Antes da creación do Presidents' Trophy os Oilers finalizaron co mellor rexistro de puntos a liga regular na tempada 1983-84.
  5. Denominado en inglés Most Valuable Player ou MVP.
  6. O Lester B. Pearson Award é denominado dende tempada 2009-10 Ted Lindsay Award.
Referencias
  1. "Wayne Gretzky" (en inglés). Encyclopædia Britannica. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2021. Consultado o 25 de febreiro de 2021. 
  2. "Players. Team. Edmonton Oilers". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 26 de setembro de 2015. 
  3. Strachan, Al (May 1, 1986). "Flukey Flame goal halts Oilers' reign". The Globe and Mail. p. D9. 
  4. Sports Publishing LLC (ed.). "1987-88 NHL Season Standings". Hockey-Reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2015. Consultado o 9 de abril de 2015. 
  5. Strachan, Al (April 26, 1988). "Flames go out as Oilers sweep series". The Globe and Mail. p. A23. 
  6. Loewen, Gary (May 27, 1988). "Oilers sweep Bruins to win Stanley Cup". The Globe and Mail. p. A1. 
  7. mcubed.net (ed.). "Series records : Calgary Flames(H) against Edmonton Oilers(A)" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2015. 
  8. "1983 NHL Smythe Division Finals: CGY vs. EDM". Hockey-Reference.com (en inglés). Consultado o 2022-11-16. 
  9. hockey-reference.com (ed.). "1984 NHL Stanley Cup Smythe Division Finals. Edmonton Oilers defeat Calgary Flames 4-3" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 9 de abril de 2015. 
  10. hockey-reference.com (ed.). "1986 NHL Stanley Cup Smythe Division Finals. Calgary Flames defeat Edmonton Oilers 4-3" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2015. Consultado o 9 de abril de 2015. 
  11. hockey-reference.com (ed.). "1988 NHL Stanley Cup Smythe Division Finals. Edmonton Oilers defeat Calgary Flames 4-0" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2015. Consultado o 9 de abril de 2015. 
  12. hockey-reference.com (ed.). "1991 NHL Stanley Cup Smythe Division Semi-Finals. Edmonton Oilers defeat Calgary Flames 4-3" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 9 de abril de 2015. 
  13. "10 Interesting Facts About the Edmonton Oilers" (en inglés). Hockey Site in Canada. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2010. Consultado o 26 de setembro de 2015. 
  14. "Dallas Stars get a weird new mascot". sportingnews.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2015. Consultado o 25 de setembro de 2015. 
  15. "Oilers Octane Roster" (en inglés). Edmonton Oilers. Consultado o 25 de setembro de 2015. 
  16. "Oilers debut new cheer team". CBC News (en inglés). 14 de decembro de 2010. Consultado o 25 de setembro de 2015. 
  17. "Oilers Octane Debut at Rexall Place". Edmonton Oilers (en en]). 14 de decembro de 2010. Consultado o 25 de setembro de 2015. 
  18. "Edmonton media get sneak peek at downtown arena construction site". Edmonton Sun (en inglés). 2 de xuño de 2014. Consultado o 26 de xullo de 2015. 
  19. 19,0 19,1 19,2 "Edmonton Oilers WHA" (en inglés). sportsecyclopedia.com. Consultado o 7 de xullo de 2015. 
  20. "Edmonton Gardens" (en inglés). hockey.ballparks.com. Consultado o 15 de outubro de 2017. 
  21. "Edmonton Oilers Yearly Attendance Graph" (en inglés). www.hockeydb.com. Consultado o 7 de xullo de 2015. 
  22. 22,0 22,1 "Edmonton Oilers [NHL] Farm Teams" (en inglés). www.hockeydb.com. Consultado o 6 de xullo de 2015. 
  23. "Oilers Roster". Edmonton Oilers. Consultado o 17 de setembro de 2015. 
  24. Edmonton Oilers Press Release (29 de setembro de 2013). "Ference named captain" (en inglés). Edmonton Oilers. Consultado o 7 de xullo de 2015. 
  25. "An Oilers History Lesson: Edmonton’s Captains Through the Years" (en inglés). The Hockey Writers. 6 de setembro de 2013. Consultado o 7 de xullo de 2015. 
  26. "Edmonton Oilers Captains" (en inglés). Hockey-Reference.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2015. Consultado o 7 de xullo de 2015. 
  27. "Edmonton Oilers Draft History" (en inglés). www.hockeydb.com. Consultado o 7 de xullo de 2015. 
  28. "All-Time Regular Season Leaders" (en inglés). oilfans.com. Consultado o 26 de setembro de 2015. 
  29. "Gretzky's number retired before All-Star Game". Sports Illustrated (en inglés). 7 de febreiro de 2000. Archived from the original on 18 de marzo de 2013. Consultado o 26 de setembro de 2015. 
  30. "Edmonton Oilers Statistics and History [WHA]" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 15 de outubro de 2017. 
  31. "Edmonton Oilers Statistics and History [NHL]" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 15 de outubro de 2017. 
  32. "Builders. Glen Sather. Biography". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 26 de setembro de 2015. 
  33. Greig, Murray (9 de outubro de 2012). "WHA Oilers were Wild Bill Hunter's baby". Toronto Sun (en inglés). Consultado o 26 de setembro de 2015. 
  34. 34,0 34,1 34,2 34,3 34,4 "A visualized history of the Edmonton Oilers". Edmonton Journal (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 26 de setembro de 2015. 
  35. "Edmonton Oilers, EEA Reach Coliseum Accord". The Daily Times (en inglés) (Newspapers.com). 22 de agosto de 1976. p. 19. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2015. Consultado o 26 de setembro de 2015. 
  36. "Sports Transactions". The News-Palladium (en inglés) (Newspapers.com). 27 de abril de 1978. p. 28. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2015. Consultado o 26 de setembro de 2015. 
  37. Diamos, Jason (20 de maio de 2000). "HOCKEY; Sather One Step Closer to the Rangers". The New York Times (en inglés). Consultado o 26 de setembro de 2015. 
  38. Diamos, Jason (June 10 de xuño de 2000). "HOCKEY; Lowe to Stay With Oilers As the General Manager". The New York Times (en inglés). Consultado o 26 de setembro de 2015. 
  39. 39,0 39,1 "Oilers announce new Hockey Ops structure" (en inglés). Edmonton Oilers. 31 de xullo de 2008. Consultado o 26 de setembro de 2015. 
  40. 40,0 40,1 Dittrick, Ryan (15 de abril de 2013). "Oilers appoint Craig MacTavish as general manager" (en inglés). Edmonton Oilers. Consultado o 26 de setembro de 2015. 
  41. 41,0 41,1 "Oilers Entertainment Group Announces Changes to Senior Management" (en inglés). Edmonton Oilers. 24 de abril de 2015. Consultado o 26 de setembro de 2015. 
  42. "Legends of Hockey -- Honoured Members -- Players -- Edmonton Oilers". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 30 de setembro de 2015. 
  43. "Legends of Hockey -- Honoured Members -- Players -- Induction Year". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 30 de setembro de 2015. 
  44. "«Legends of Hockey -- Silverware -- NHL Trophies -- Stanley Cup»". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 8 de xullo de 2015. 
  45. "«Legends of Hockey -- Silverware -- NHL Trophies -- Presidents' Trophy Winners»". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 8 de xullo de 2015. 
  46. "«Legends of Hockey -- Silverware -- NHL Trophies -- Clarence S. Campbell Bowl»". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 8 de xullo de 2015. 
  47. National Hockey League (ed.). "Vezina Trophy" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2015. 
  48. National Hockey League (ed.). "Conn Smythe Trophy" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2015. 
  49. National Hockey League (ed.). "Hart Memorial Trophy" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2015. 
  50. "Jack Adams Award" (en inglés). National Hockey Leagu. Consultado o 8 de xullo de 2015. 
  51. "James Norris Memorial Trophy" (en inglés). National Hockey League. Consultado o 8 de xullo de 2015. 
  52. "King Clancy Trophy" (en inglés). National Hockey League. Consultado o 8 de xullo de 2015. 
  53. "Lady Byng Memorial Trophy" (en inglés). National Hockey League. Consultado o 8 de xullo de 2015. 
  54. "Ted Lindsay Award" (en inglés). National Hockey League. Consultado o 8 de xullo de 2015. 
  55. NHL.cz (ed.). "Bud Light Plus-Minus Award" (en checo). Archived from the original on 06 de outubro de 2007. Consultado o 8 de xullo de 2015. 
  56. "Vezina Trophy" (en inglés). National Hockey League. Consultado o 8 de xullo de 2015. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Association 4
Interesting 1
Intern 4
iOS 4
mac 8
multimedia 1
OOP 1
os 349
swift 2
todo 7
visual 1
web 3