Einés de Roma
Einés de Roma[1], máis coñecida como Santa Einés, coa variante Inés[1], foi unha virxe romana, que sufriu o martirio, durante a persecución de Diocleciano, no ano 304. Xunto con Santa Icía, é unha das mártires máis populares.[2]
Nome orixinal | (la) Agnes Romana |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século III Roma, Italia |
Morte | século IV Roma, Italia |
Causa da morte | decapitación |
Lugar de sepultura | basílica de Santa Einés Extramuros |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Campo de traballo | Cristianismo |
Período de tempo | Imperio Romano |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 21 de xaneiro |
Símbolo iconográfico | Año, palma do martirio e espada |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Agnes, St. Obálky knih, |
Traxectoria
editarSegundo as Actas dos mártires, Einés era unha bela moza proveniente dunha nobre familia romana. Tivo varios pretendentes, aos que rexeitou por declararse fiel amante de Cristo. Entre eles contábase o fillo do prefecto de Roma, quen a denunciou ao seu pai por ser cristiá. Naqueles tempos, os cristiáns atopábanse baixo a persecución de Diocleciano e condenábaselles coa morte se se negaban a santificar aos deuses romanos.
Foi xulgada e sentenciada a vivir nun prostíbulo onde, milagrosamente, permaneceu virxe. Segundo as Actas do seu martirio, aínda que foi exposta espida, os cabelos crecíanlle de maneira que tapaban o seu corpo. O único home que tentou abusar dela quedou cego, pero Inés curouno a través das súas pregarias. Máis tarde foi condenada á morte, e, cando ía ser degolada, o verdugo tentou que abxurase, pero non o conseguiu.
Foi sepultada na Vía Nomentana. Poucos días despois da súa morte atopouse coa súa mellor amiga e irmá de leite, unha moza da súa idade chamada Santa Emerenciana, rezando xunto á tumba; cando Santa Emerenciana increpou aos romanos por matar á súa amiga, foi morta a pedradas.
Véxase tamén
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-18.
- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-18.