Os elápidos, son unha familia de serpes da infraorde Alethinophidia. Dos catro grandes grupos de serpes que hai, son a familia que pode considerarse perigosa, xa que tódolos seus membros son velenosos. Se ben non todos son de especial perigo para a vida humana, hai unha serie deles que poden ser ata letais de necesidade. Habitan en rexións tropicais e subtropicais de todo o mundo. Caracterízanse por posuír colmillos fixos e ocos polos que inxectan o veleno. O tamaño é moi variable: entre 18 centímetros (Drysdalia) e 6 metros de lonxitude (Ophiophagus).

Mamba negra (Dendroaspis polylepsis), a serpe máis velenosa de África.

Algúns dos seus membros máis coñecidos son as cobras, as serpes de coral, as mambas e as serpes mariñas.

Etimoloxía

editar

O termo "Elapidae" provén do grego ἔλοψ, "elops", que significa "tipo de serpe".[1]

Descrición

editar

Trátase da familia considerada "máis evolucionada" de cantas serpes hai. Hai quen considera esta familia unha evolución directa da familia Colubridae, posto que se trata de individuos non excesivamente grandes, de corpos finos, cabeza arredondada e pupila redonda.

Poden chegar a ser criaturas moi temibles, tanto pola súa capacidade de envelenar, coma pola territorialidade absoluta que demostran algunhas especies, como a mamba negra ou a cobra real.

Os elápicdos usan o seu veleno tanto para atacar as súas presas como en defensa propia. A maioría tienen velenos neurotóxicos, considerados máis perigosos que a maior parte dos velenos proteolíticas das víboras (Viperidae). Atópanse nesta familia as serpes máis velenosas do mundo: a Oxyuranus microlepidotus (terrestre, vive en Australia ) e a Enhydrina schistosa (mariña).[2]

Un debate aínda presente é sobre a pertenza ou non dos Hydrophiidae (as serpes mariñas) a esta familia, xa que, aínda que morfoloxicamente son distintos, a maioría de autores defenden a súa inclusión dentro dos Elapidae.

  1. Bailly, Anatole (1935). "Dictionnaire Grec - Français". archive.org (en francés). París: Hachette. p. 647. Consultado o 28-11-2019. 
  2. O'Shea (2005)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar


  NODES
todo 3