Elbasan é unha cidade do centro de Albania, xunto ó río Shkumbin a 33 quilómetros ó sueste de Tirana, é a capital do distrito e do condado homónimos, cunha poboación de arredor de 100.000 habitantes é a terceira cidade do país[1], despois da capital e de Durrës. O concello esténdese por unha superficie de 1290 km².

Modelo:Xeografía políticaElbasan
Imaxe

Localización
Mapa
 41°06′55″N 20°04′04″L / 41.1154089, 20.067762
EstadoAlbania
Condadocondado de Elbasan
DistritosDistrito de Elbasan
ConcellosElbasan municipality (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación78.703 (2011) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Altitude140 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal3001–3006 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Sitio webelbasani.gov.al Editar o valor en Wikidata

Historia

editar
 
Restos do Castelo de Elbasan

No lugar onde se alza Elbasan os romanos construíron unha fortaleza que se acabou por converter nun importante centro comercial ata que as invasións eslavas do século VI deixaron a cidade abandonada.

No século XV os otománs construíron unha fortificación militar no mesmo lugar, converténdose nun importante centro otomán en Albania. A fins do século XVII habitaban na cidade unhas dúas mil persoas.

  1. "Mapa - Elbasani (Bashkia Elbasan) - MAP[N]ALL.COM". 174.127.109.64 (en portugués). Consultado o 2022-09-03. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
Done 1