Electorado de Saxonia

O electorado de Saxonia (en alemán: Kurfürstentum Sachsen) foi un antigo Estado alemán formado a partir do ducado de Saxonia-Wittenberg tras a dieta de Núremberg, na que o emperador alemán Carlos IV estableceu a organización do Sacro Imperio Romano Xermánico por medio da Bula de Ouro de 1356.

Modelo:Xeografía políticaElectorado de Saxonia

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 51°02′00″N 13°44′00″L / 51.033333, 13.733333
CapitalLutherstadt Wittenberg (1356–1547)
Dresden (1547–1806) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.100.000 (1800) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua latina Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación1356 Editar o valor en Wikidata
Disolución1806 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porReino de Saxonia Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía Editar o valor en Wikidata
• Xefe de estadoFederico III el Prudente (1486 (Gregoriano)–1525) Editar o valor en Wikidata
Membro de

O electorado de Saxonia (en cor laranxa) dentro do Sacro Imperio Romano Xermánico, en 1648.

Este documento concedeu aos duques Ascanios de Saxonia-Wittenberg o privilexio electoral, é dicir, que tiñan voto na Dieta Imperial para elixir aos novos emperadores.

Historia

editar

Os Ascanios conservaron o ducado até a morte sen descendencia de Alberte IV en 1423, polo que o emperador Sexismundo III llo concedeu a Frederico IV de Meissen, da casa Wettin, en agradecemento á súa axuda nas guerras contra os Husitas, e este agregouno aos seus ampios dominios facendo do Electorado de Saxonia un importante Estado.

Na división dos territorios dos Wettin en 1485 (División de Leipzig), o Electorado estaba encadrado na herdanza de Ernesto (liña Ernestina). Porén, o territorio pasou á liña Albertina cando Xoán Frederico I o Magnánimo se uniu á liga de Esmalcalda en contra do emperador Carlos V, que derrotou á liga na batalla de Mühlberg (1547), arrebatou o Electorado a Xoán Frederico e entregouno ao seu aliado o duque Mauricio de Saxonia-Meissen pola Capitulación de Wittenberg.

O elector Augusto foi un luterano intransixente que desenvolveu a economía local e promulgou as Constitucións de 1572, primeira lexislación constitucional de Alemaña. Porén, os seus sucesores fóronse acercando no século XVII ao partido católico e, polo tanto, a Austria. Aínda que nun principio o elector Xoán Xurxo I se aliou con Gustavo Adolfo de Suecia, pronto cambiou de bando e chegou a un acordo co emperador Fernando II que, no tratado de Praga de 1635, lle cedeu Lusacia.

O Electorado converteuse en escenario da Guerra dos Trinta Anos, acabando devastado e despoboado.

A principios do século XVIII o Electorado recuperara a prosperidade, e o Elector Frederico Augusto I rivalizou con Brandeburgo no dominio de Alemaña. Convertido ao catolicismo, enfrontouse a Carlos XII de Suecia na Guerra do Norte polo trono de Polonia, o que levou á conquista de Saxonia polos suecos en 1706. Frederico Augusto converteu a capital, Dresde, nunha das cidades máis belas de Europa e introduciu en Meissen a industria da porcelana.

Frederico Augusto II aliñouse con Austria en contra de Prusia, o que orixinou os desastres da Guerra dos Sete Anos e a capitulación de Pirna, 1756, coa perda do trono polaco.

Saxonia volveu a recuperarse con Frederico Augusto III; o exército pasou de 18.000 a 30.000 soldados e, en xeral, participoi na política prusiana. Viuse así obrigado a entrar na Cuarta Coalición antifrancesa durante a Revolución francesa pero, tras a derrota na batalla de Jena (1806) contra Napoleón, concertou a paz con Francia, e o empreador francés outorgoulle o título real, nacendo así o reino de Saxonia, que foi recoñecido no Congreso de Viena en 1815.

Lista de electores de Saxonia

editar
 
Rodolfo II,
o primeiro elector de Saxonia
 
Mauricio de Saxonia
Duque de Saxonia (1541-1553)
Elector de Saxonia (1547-1553)
 
Augusto II.
Rei de Polonia
Gran Duque de Lituania
Elector de Saxonia
(Frederico Augusto I)

Dinastía Ascania

Dinastía Wettin

Á morte de Frederico II, os seus fillos repartíronse os territorios: o maior, Ernesto, herdou o Electorado de Saxonia centrado en Wittenberg, así como o norte de Meissen e o sur de Turinxia; en canto o fillo máis novo, Alberte, recibiu o norte de Turinxia e o sur de Meissen como Duque de Saxonia, formándose así as dúas liñas, Eernestina e Albertina.

Rama Albertina: Duques de Saxonia (Saxonia-Meissen)

Rama Ernestina: Electores de Saxonia

Rama Albertina: Electores de Saxonia

En 1547, despois de que as tropas de emperador Carlos V venceran na batalla de Mühlberg, o elector da rama ernestina, Xoán Frederico I, traspasou Wittenberg e a dignidade electoral á rama albertina pola Capitulación de Wittenberg.

A rama ernestina continuou gobernando no sur de Turinxia, pero os seus territorios fóronse disgregando progresivamente en pequenos ducados, denominados Ducados Ernestinos, dos que en 1918 quedaban: o gran ducado de Saxonia-Weimar-Eisenach, o ducado de Saxonia-Coburgo-Gotha, o ducado de Saxonia-Altenburg e o ducado de Saxonia-Meiningen.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar
  NODES
iOS 8
os 49
todo 1