Elena Donaldson-Akhmilovskaia
Elena Donaldson-Akhmilovskaia, nada como Elena Bronislavovna Akhmilovskaia (ruso: Елена Брониславовна Ахмыловская) en Leningrado o 11 de marzo de 1957 e finada en Kirkland (Estados Unidos de América) o 18 de novembro de 2012, foi unha xadrecista estadounidense nada na Unión Soviética. En 1977 a FIDE outorgoulle o título de Gran Mestra Feminina.[1] Ao gañar o Torneo Feminino de Candidatas en 1986, ese ano xogou contra Maia Chiburdanidze en Sofía polo título de Campioa Mundial Feminina, mais perdeu por 8½–5½.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de marzo de 1957 San Petersburgo, Rusia |
Morte | 18 de novembro de 2012 (55 anos) Seattle, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cancro de cerebro |
Actividade | |
Ocupación | xadrecista |
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América Unión Soviética |
Deporte | xadrez |
Título de xadrecista | Woman Master of Sport of USSR in Chess (en) (1975) Mestra Internacional Femenina (1977) Gran Mestra Feminina (1977) |
Puntos ELO (màx.) | 2.435 (1987)< |
Participou en | |
2002 | Women's Chess Olympiad 2002 (en) |
1998 | Women's Chess Olympiad 1998 (en) |
1994 | Women's Chess Olympiad 1994 (en) |
1992 | Women's Chess Olympiad 1992 (en) |
1990 | Women's Chess Olympiad 1990 (en) |
1988 | Women's Chess Olympiad 1988 (en) |
1986 | Women's Chess Olympiad 1986 (en) |
1978 | Women's Chess Olympiad 1978 (en) |
Familia | |
Cónxuxe | John Donaldson (1988–1989) |
Premios | |
Traxectoria
editarDonaldson-Akhmilovskaia naceu en Leningrado nunha familia dedicada ao xadrez. En 1969 a familia mudouse a Krasnoiarsk, onde se iniciou no círculo de xadrez do Pazo de Pioneiros local. Viviu en Sochi e posteriormente en Tbilisi de 1979 até 1988. Ese ano fuxiu aos Estados Unidos tras casar con John Donaldson, o capitán do equipo estadounidense, nas Olimpíadas de xadrez de Tesalónica (Grecia), de quen se divorciou posteriormente. Dende 1990 viviu na área de Seattle co seu novo marido, Georgi Orlov, Mestre Internacional, o seu fillo e a súa filla, froito dun matrimonio anterior. Gañou o Campionato Feminino de Xadrez dos Estados Unidos en 1990 e 1994. En 1993 compartiu o premio con Irina Levitina.[2] En 2010 recibiu o título de Instrutora FIDE.[3]
O 18 de novembro de 2012 finou en Kirkland (Washington, Estados Unidos) por causa dun tumor cerebral que lle diagnosticaran nove meses antes.[2]
Notas
editar- ↑ Di Felice, Gino (21 de novembro de 2017). Chess International Titleholders, 1950-2016 (en inglés). McFarland. ISBN 9781476671321.
- ↑ 2,0 2,1 Weber, Bruce (20 de novembro de 2012). "Elena Donaldson, Chess Champion in U.S.S.R. and Then U.S., Dies at 55". The New York Times (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2023.
- ↑ "The Chess Games of Elena Donaldson-Akhmilovskaya". chessgames.com (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2023.