Eligio Estévez Meleiro
Eligio Estévez Meleiro, nado en Crespos (Padrenda) cara a 1899, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1899 Crespos, España |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Alcalde de Rairiz de Veiga | |
marzo de 1936 – xullo de 1936 | |
Actividade | |
Ocupación | político, comerciante |
Traxectoria
editarCriouse co seu tío, párroco de Ordes. En 1922 trasladouse a Vigo, empregado da Compañía de ferrocarril de Vigo-Baiona, como auxiliar de Xefe de Estación de Coruxo. Volveu a Ordes e montou un ultramarinos. Afiliado á Sociedad Agrícola Republicana Independiente de Ordes, foi nomeado presidente en 1934.[1] Foi nomeado alcalde de Rairiz de Veiga en marzo de 1936, por designación do Gobernador civil. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e despois de entregar o concello, cruzou a fronteira e permaneceu en Castro Laboreiro e Alcobaça ata que en xullo de 1939 se presentou ás autoridades franquistas.[2] Encarcerado, foi posto en liberdade ao pouco tempo sen que se lle abrira procedemento xudicial. Fóronlle incautados os bens.[3] En abril de 1940 o Tribunal de Responsabilidades Políticas sancionouno cunha multa de 500 pesetas.
Predecesor: ' |
Alcalde de Rairiz de Veiga 1936 |
Sucesor: - |
Notas
editar- ↑ Heraldo de Galicia, 15-6-1935, p. 6.
- ↑ Prada Rodríguez, Julio (2006). Universidade de Vigo, ed. "Fuxidos, entobados, desertores e contrabandistas. Aproximación á problemática das orixes da resistencia antifranquista en Ourense" (PDF). Minius XIV: 221–238. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de abril de 2017. Consultado o 20 de marzo de 2017.
- ↑ La Región, 9-2-1937.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Martínez Cerredelo, Edelmiro (2008). Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso", ed. A Limia: 1931-1953. Historia e memoria. Sarreaus. p. 101. ISBN 978-84-612-6855-9.