Enrico De Nicola
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Enrico De Nicola (Nápoles, 9 de novembro de 1877 – Torre del Greco, 1 de outubro de 1959), foi un destacado político e avogado italiano, coñecido por ser o primeiro Presidente da República Italiana. Ocupou o cargo provisional de presidente de Italia entre 1946 e 1948, e de primeiro presidente constitucional dende o 1 de xaneiro de 1948 ata o 11 de maio dese mesmo ano.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de novembro de 1877 Nápoles, Italia |
Morte | 1 de outubro de 1959 (81 anos) Torre del Greco, Italia |
Lugar de sepultura | Cemetery of Poggioreale, Naples (en) |
Presidente da Corte Constitucional de Italia | |
23 de xaneiro de 1956 – 26 de marzo de 1957 ← sen valor – Gaetano Azzariti → | |
Senador de Italia | |
25 de xuño de 1953 – 11 de xuño de 1958 Lexislatura: 2nd Legislature of Italy (en) | |
Presidente do Senado da República Italiana | |
28 de abril de 1951 – 24 de xuño de 1952 ← Ivanoe Bonomi – Giuseppe Paratore → | |
Senador vitalicio | |
12 de maio de 1948 – 1 de outubro de 1959 (finado no cargo) | |
1º Presidente de Italia | |
1 de xaneiro de 1948 – 12 de maio de 1948 ← sen valor – Luigi Einaudi → | |
Xefe de Estado provisional de Italia | |
1 de xullo de 1946 – 31 de decembro de 1947 ← sen valor – Alcide de Gasperi → | |
Member of the National Council of the Kingdom of Italy (en) | |
25 de setembro de 1945 – 24 de xuño de 1946 | |
Deputado do Reino de Italia | |
24 de maio de 1924 – 21 de xaneiro de 1929 Lexislatura: 27th Legislature of the Kingdom of Italy (en) | |
Deputado do Reino de Italia | |
11 de xuño de 1921 – 25 de xaneiro de 1924 Lexislatura: 26th Legislature of the Kingdom of Italy (en) | |
Presidente da Cámara de Deputados do Reino de Italia | |
26 de xuño de 1920 – 25 de xaneiro de 1924 ← Vittorio Emanuele Orlando – Alfredo Rocco → | |
Deputado do Reino de Italia | |
1 de decembro de 1919 – 7 de abril de 1921 Lexislatura: 25th Legislature of the Kingdom of Italy (en) | |
Deputado do Reino de Italia | |
27 de novembro de 1913 – 29 de setembro de 1919 Lexislatura: 24th Legislature of the Kingdom of Italy (en) | |
Deputado do Reino de Italia | |
24 de marzo de 1909 – 29 de setembro de 1913 Lexislatura: 23rd Legislature of the Kingdom of Italy (en) | |
Senador do Reino de Italia | |
Xuíz do Tribunal Constitucional de Italia | |
26 de marzo de 1957 | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Universidade de Nápoles Frederico II (valor descoñecido–1896) Liceo Statale Antonio Genovesi (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | político, xuíz, avogado, xornalista |
Partido político | Partido Liberal Italiano (pt) |
Membro de | |
Premios | |
Traxectoria
editarXuventude e formación
editarDe Nicola naceu en Nápoles, fillo de Angelo e Concetta Capranica. Despois de completar a súa educación secundaria no liceo clásico Antonio Genovesi, graduouse en xurisprudencia na Universidade de Nápoles Federico II, converténdose axiña nun avogado penalista de renome nacional.
Carreira política
editarO 28 de xuño de 1946, foi designado provisionalmente coma Xefe de Estado pola Asemblea constituínte de Italia, cargo que ocupou dende o 1 de xullo dese mesmo ano ata o 31 de decembro de 1947. De acordo coa primeira disposición transitoria e final da Constitución, o 1 de xaneiro de 1948, asume o título de Presidente da República Italiana, manténdoo ata o sucesivo 12 de maio.
Coma Presidente da República Italiana, Enrico De Nicola só lle conferiu o cargo de Presidente do Consello a Alcide De Gasperi. Durante o seu breve mandato, non nomeou ningún Senador Vitalicio.