Enrico Pieranunzi

músico italiano

Enrico Pieranunzi, nado en Roma o 5 de decembro de 1949, é un pianista profesional italiano de Jazz. No referendo anual da revista italiana Musica Jazz foi elixido mellor músico italiano de 1989, mentres que en 1993 a francesa "Academie du jazz" nomeouno entre os tres primeiros músicos de jazz europeos.[1]

Modelo:BiografíaEnrico Pieranunzi

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de decembro de 1949 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoJazz Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncompositor, artista discográfico, escritor de non ficción, Pianista de jazz, arranxador musical Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1975 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoJazz Editar o valor en Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoEnja Records (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webenricopieranunzi.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0682260 Facebook: enricopieranunzi MySpace: enricopieranunzi BNE: XX5377562 Spotify: 5vACdMa2kY7jHnlJwqYRKP Musicbrainz: 6cc85fde-63df-4576-8bb7-7db27fdcc311 Songkick: 165018 Discogs: 298100 Allmusic: mn0000184086 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Estudou música clásica no Conservatorio de Roma licenciándose con 14 anos no 1973. Traballou como docente ata finais dos anos 70. Debido á influencia do seu pai (guitarrista de jazz) e a súa paixón por Bill Evans comezou a introducirse no mundo do jazz.

Ao longo da súa dilatada traxectoria, que inclúe máis de 60 discos editados e participacións anuais constantes en festivais e sesións, compartiu escenarios e gravacións con músicos destacados da época como Chet Baker, Art Farmer, Lee Konitz, Marc Johnson, Joey Baron, Paul Motian ou Charlie Haden. Con Marc Johnson ao contrabaixo e Joey Baron á batería, forman un trío co que acadaron unha maior estabilidade e publicaron a maioría de discos de Pieranunzi.

No ano 2024 publicou con Bonsai Music Fauréver - A Tribute to Gabriel Fauré, tras un acordo con Pierre Darmon, presidente da discográfica, que lle permitiuu adicar un disco, liderando un trío, na honra do centenario da desaparición de Gabriel Fauré. No libreto Pieranunzi declárase influenciado polos compositores franceses no estilo romántico, en particular Claude Debussy. Pero as obras de música de cámara compostas por Gabriel Fauré "conmocionaron de verdade" para o cal traballou en novos arranxos como os de “Funkarolle (D'après Barcarolle opus 44, n° 4)”, o ritmo herdado do funk impulsa o trío cara a paisaxes orixinais. Simona Severini, colaboradora, ofrece voces en harmonía coas arias clásicas da música francesa, a súa intervención en “J'aime tes yeux (D'après Chanson d'Amour opus 27 n°1)” traballa en simultáneo cos acordes do piano. Outro convidado, Gabriele Mirabassi, actúa como dobre pianista na canción “Play Gershwin“.[2]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 1