Envisat
Envisat (acrónimo de Environmental Satellite) é un satélite artificial da ESA lanzado o 1 de marzo de 2002 desde o centro Espacial de Kourou mediante un foguete Ariane 5.
Envisat | |
---|---|
Modelo do Envisat a escala 1:1. | |
Tipo | Observación terrestre. |
Organización | ESA |
Satélite de | Terra |
Data de lanzamento | 1 de marzo de 2002, 1:07 UTC[1][2][3] |
Foguete portador | Ariane 5[2][4] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Kourou[2][5] |
Obxectivo da misión | Investigación do medio ambiente terrestre.[2][5] |
NSSDC ID | 2002-009A |
Masa | 8211 kg[4] |
Dimensións | 2,5 m x 2,5 m x 10 m[2] |
Potencia | 6,5 kW[2] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7144,9 km[1] |
Inclinación | 98,5 graos[1] |
Apoapse | 774,6 km[1] |
Periapse | 773,2 km[1] |
Características
editarEnvisat está adicado a estudar a superficie terrestre, a atmosfera, o xeo e os océanos e as interaccións entre eles, o quentamento global, o burato de ozono e a desertización usando dez instrumentos que fan medicións e toman imaxes nunha ampla banda do espectro electromagnético, desde radiofrecuencia ata o ultravioleta.[2][3]
A alimentación eléctrica é proporcinada por un panel solar de 4 x 12 metros e que produce unha potencia de ata 6,5 kW. O satélite leva a bordo tres grabadoras de cinta para almacenar datos, de 30 Gbits de capacidade cada unha, e unha grabadora de estado sólido de 60 Gbits de capacidade. As comunicacións teñen lugar nas bandas X e Ka a taxas de ata 100 Mbits/s.[2]
Instrumentos
editarEnvisar leva dez instrumentos a bordo:[2]
- ASAR (Advanced Synthetic Aperture Radar): radar de apertura sintética que funciona con feixes a 5,33 GHz e proporciona imaxes cunha resolución menor a 30 metros en franxas cun ancho de máis de 100 km.[2]
- GOOS (Global Ozone Monitoring by Occultation of Stars): mide o ozono atmosférico e outros gases traza en alturas de entre 20 e 100 km mediante a observación a través da atmosfera dunha entre 25 estrelas posibles e medindo o seu espectro en diferentes bandas para cuantificar a absorción que os gases atmosféricos producen no mesmo.[2]
- MERIS (Medium Resolution Imaging Spectrometer): espectrómetro adicado a observar a pigmentación e vexetación oceánicas e a nubosidade sobre os mares na banda entre 390 e 1040 nanómetros. Usa cinco cámaras e o ancho da franxa que observa é de 1150 km.[2]
- MIPAS (Michelson Interferometer for Passive Atmospheric Sounding): interferómetro de transformada de Fourier para medir vinte gases traza, entre eles CFC e óxidos de nitróxeno, mediante a súa emisión na franxa entre 4,15 e 14,6 micrómetros.[2]
- RA-2 (Radar Altimeter 2): radar e altímetro que funciona cunha potencia de 160 vatios e a unhas frecuencias de 13,57 GHz e 3,2 GHz. Mide as alturas de terras e océanos cunha precisión de 4 cm.[2]
- MWR (MicroWave Radiometer): radiómetro para medi-la humidade atmosférica. Traballa a unhas frecuencias de 28,8 e 36,5 GHz.[2]
- LRR (Laser Retro-Reflector): reflicte pulsos láser emitidos desde estacións terrestres para proporcionar información sobre a altura do satélite.[2]
- AATSR (Advanced Along Track Scanning Radiometer): radiómetro usado para medi-las temperaturas superficiais dos océanos cunha precisión de 0,5 K.[2]
- DORIS (Doppler Orbitography and Radio-positioning, Integrated by Satellite): receptor usado para a determinación precisa da órbita mediante a medición do efecto Doppler en transmisións desde bases terrestres de microondas a lonxitudes de onda de 2,036 GHz e 401,25 MHz. Con este método a posición do satélite pódese establecer cunha precisión de 1 metro e a súa velocidade cunha precisión de 2,5 mm/s.[2]
- SCIAMACHY (SCanning Image Absorption spectroMeter for Atmospheric CartograpHY): usado para analizar radiación emitida e dispersada pola estratosfera e a troposfera na banda entre 240 e 2400 nm a través de oito canais.[2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ENVISAT" (en inglés). Consultado o 16 de xaneiro de 2012.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 2,16 2,17 2,18 NASA (4 de novembro de 2011). "Envisat 1" (en inglés). Consultado o 16 de xaneiro de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 "Letter dated 11 August 2003 from the Head of the Legal Department of the European Space Agency to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (03-87784): 3. 9 de setembro de 2003. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de xuño de 2018. Consultado o 16 de xaneiro de 2012.
- ↑ 4,0 4,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Envisat 1" (en inglés). Consultado o 16 de xaneiro de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 Mark Wade (2011). "Envisat" (en inglés). Consultado o 16 de xaneiro de 2012.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina de Envisat na ESAArquivado 17 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.