Equidna de fociño curto
O equidna de fociño curto (Tachyglossus aculeatus) é unha das catro especies existentes de equidna e o único membro do xénero Tachyglossus. O equidna de fociño curto está cuberto de peluxe e espiñas e ten un característico fociño e unha lingua especializada que emprega para capturar ás súas presas a gran velocidade. Como os outros monotremas que existen, o equidna de fociño curto pon ovos. Os monotremas son o único grupo de mamíferos que poden facelo.
Equidna de fociño curto | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Tachyglossus aculeatus' (Shaw, 1792) | |||||||||||||||||
Distribución do equidna de fociño curto
|
Esta especie vive en Australia, onde é o mamífero nativo máis espallado, e nas rexións costeiras e terras altas do suroeste de Nova Guinea, onde é coñecido como mungwe nas linguas dadibi e chimbu.[2] Non se atopa en perigo de extinción, pero actividades humanas coma a caza, a destrución do hábitat e a introdución de especies depredadores e parasitos estranxeiros, diminuíron a distribución do equidna de fociño curto en Australia.
Taxonomia e nome
editarO equidna de fociño curto foi descrito orixinalment por George Shaw en 1792. Describiuse a especie como Myrmecophaga aculeata, xa que se pensaba que podería estar relacionada co oso formigueiro de Suramérica. Dende que Shaw describise a especie por vez primeira, o seu nome sufriu catro revisións: de M. aculeata a Ornithorhynchus hystrix, Echidna hystrix, Echidna aculeata e, finalmente Tachyglossus aculeatus.[3] O nome Tachyglossus significa «lingua rápida», en referencia á velocidade coa que emprega a lingua para atrapar formigas e térmites, mentres que aculeatus significa «espiñoso».
O equidna de fociño curto é o único membro do seu xénero, e comparte a familia Tachyglossidae coas especies existentes do xénero Zaglossus, que viven en Nova Guinea. As especies de Zaglossus, que inclúen ó equidna de fociño longo occidental, o equidna de fociño longo de Attenborough e o equidna de fociño longo oriental, son todas significativamente máis grandes que o T. aculeatus, e a súa dieta consiste principalmente en vermes e larvas no canto de formigas e térmites. As especies de equidna son mamíferos que poñen ovos; xunto á familia dos Ornithorhynchidae, son os únicos monotremas viventes do mundo.
Hai cinco subespecies de equidna de fociño curto, e cadansúa pertence a unha zona xeográfica diferente. As subespecies tamén difiren en termos de pilosidade, lonxitude e grosor das espiñas, e o tamaño das gadoupas das patas posteriores, que empregan para enfeitarse.
- T. a. multiaculeatus é orixinario da Illa Kangaroo;
- T. a. setosus é orixinario de Tasmania e dalgunhas illas do estreito de Bass;
- T. a. acanthion é orixinario do Territorio do Norte e Australia Occidental;
- T. a. aculeatus é orixinario de Queensland, Nova Gales do Sur, Australia Meridional e Victoria;
- T. a. lawesii é orixinario das zonas costeiras e das terras altas de Nova Guinea, e posiblemente das xunglas do nordeste de Queensland.[4]
O equidna de fociño curto era chamado habitualmente formigueiro espiñoso nos libros antigos, aínda que este termo xa non ten un uso porque o animal non ten ningunha relación cos formigueiros auténticos. Ten unha variedade de nomes nas diferentes linguas das rexións onde vive. Os noongar do suroeste de Australia Occidental chámano Nyingarn. En Australia Central, ó suroeste de Alice Springs, o nome dos pitjantjatjara é tjilkamata ou tjirili, da verba tjiri, que se refire ás espiñas da planta Triodia irritans. Esta palabra tamén pode significar «lento».[5] Chámaselle tamén (minha) kekoywa, que é un cualificador que significa «carne» ou «animal», en Pakanh, (inh -) ekorak en Uw Oykangand, e (inh -) egorag en Uw Olkola, onde inh- é un cualificador que tamén significa «carne» ou «animal». Estas son tres linguas aborixes do centre da península do Cabo York.[6] Nas terres altas do suroeste de Nova Guinea, coñéceselle como Mungwe nas linguas dadibi e chimbu.[2]
Notas
editar- ↑ Aplin, K., Dickman, C., Salas, L. & Helgen, K. (2008). "Tachyglossus aculeatus". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 10 de outubro de 2008. Database entry includes justification for why this species is of least concern
- ↑ 2,0 2,1 Flannery, T. 1990. Mammals of New Guinea Robert Brown & Associates ISBN 1-86273-029-6
- ↑ Iredale, T.; Troughton, E. (1934). "A checklist of mammals recorded from Australia". Memoirs of the Australian Museum 6: i–xii, 1–122
- ↑ Griffiths, M. E. (1978). The Biology of Monotremes. Academic Press: Nova York ISBN 0-12-303850-2
- ↑ Cliff Goddard (1992). Pitjantjatjara/Yankunytjatjara To English Dictionary (2 ed.). Alice Springs, Northern Territory: Institute for Aboriginal Development. p. 152. ISBN 0-949659-64-9.
- ↑ Philip Hamilton (1997). Australian Institute of Aboriginal and Torres Strait Islander Studies, ed. "short-beaked echidna, Tachyglossus aculeatus". Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2009. Consultado o 8 de xuño de 2007.